Skip to Content

Marzo 2021

O MAIOR TESOURO ESTÁ PRETO DE TI : BÚSCAO

Dende o CEIP de Curtis  considérase  que os alumnos  deben saír andar , pasear , coñecer o que teñen  no seu entorno .

Con motivo  da chegada da primavera e estando a piques de comezar as vacacións de Pascua , organizouse unha saída polo pobo durante os día 24 e 25 de marzo . Unha saída  por grupos e con sorpresa .

Os alumnos  sairán por cursos  e en horarios distintos  en busca  dos  "tesouros de Pascua " que estarán distribuidos polo pobo de Curtis : na Carballeira , na  feira  e na estación .

Chamamos " tesouros de Pascua  " os ovos  de Pascua  que , dende a Asociación de Comerciantes de Curtis fixeron chegar ao colexio  para participar  coa comunidade educativa  nesta actividade .

As mestras  encargaranse de agochar os " tesouros" nos lugares anteriormente citados .

Os alumnos  de Infantil , 1º  e 2º de Primaria  sairán con rumbo á Carballeira coa súas titoras respectivas , en horarios  diferentes , o mércores 24 de marzo ; os alumnos de 3º e 4º   irán con dirección á feira o xoves  25  e  os de 5º e 6º  tomarán o camiño cara a estación tamén o xoves  25 de marzo .

O obxectivo desta actividade é que o alumnado saiba valorar o que ten ó seu redor , o sitio no que vive e que disfrute co seu , porque o que  ten preto  é o maior tesouro .

Abril

Saída por Curtis

O mércores 24 de marzo o alumnado de 1º de Primaria saíu a camiñar pola vila.

Foi un paseo moi agradable, aproveitando o bo tempo que acompañou ao inicio da primavera.

Ademais atoparon uns ovos sorpresa que lles gustaron moito e polos que lles damos as grazas á Asociación de Comerciantes de Curtis.

Emisión radio 3º EP

O venres 26 de febreiro, o alumnado de terceio de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 24 de febreiro, decidimos que o noso programa estivese adicado a Rosalía de Castro. Dádelle ao play para escoitarnos.
 
 

Emisión 2º EP

O 12 de marzo, as nenas e nenos de Segundo de Educación Primaria fixemos a nosa emisión na radio Radiola. Dádelle ao play para escoitar o noso poema sobre a primavera.

 



by Dr. Radut