Skip to Content

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023

Outro ano máis gustaríanos montar a exposición de cabazas tan característica do noso centro. Pero para iso precisamos da vosa colaboración. Animádevos a decorar as cabazas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar: “Galicia somos nós”. A entrega das cabazas farase entre o luns 30 e martes 31 do presente mes. Será entre o xoves 4 e o venres 5 cando cada alumno e alumna levará a súa cabaza de volta para a casa.

Aproveitamos para comunicarvos que o martes 31 celebraremos o Magosto no colexio con xogos populares, baile e merenda con castañas e refrescos e, por suposto, os nenos e nenas poderán vir disfrazados!

Agradecer de antemán a vosa colaboración, 

 

EDLG



page | by Dr. Radut