Skip to Content

NOVAS

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Normativa de aplicación:

 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

PREMIO CLUBS DE LECTURA

Hoxe é un día especial para o noso centro. Outorgáronnos o 2º premio de clubs de lectura escolares, a nivel nacional. Isto, ademais do recoñecemento do traballo, que xa non é pouco, supón o ingreso de 2500€ para investir no noso centro.

Medidas ante a aparición de casos sospeitosos de gripe ou infección respiratoria

Dende a Consellería de Sanidade achégannos as medidas ante a aparición de casos sospeitosos de gripe ou de infección respiratoria nas escolas infantís.

Para consultalas prema aquí.

Calendario escolar 2022- 2023

No arquivos adxuntos podedes consultar o calendario escolar deste curso, xunto cos días non lectivos que solicitou o noso centro.

SAMAÍN

Outro ano máis gustaríanos montar a exposición de cabazas, para iso precisamos a colaboración de todas as familias. Animámosvos a decorar cabazas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar "Os inventos".

A recollida das cabazas farase os días mércores 26, xoves 27 e venres 28 do presente mes. Será o venres cando cada alumna e alumno leve a súa cabaza de volta para casa.

MAGOSTO

O venres 28 de outubro conmemoraremos no noso centro O Magosto. Para a súa celebración desenvolveranse diversos xogos populares nos que a castaña será a principal protagonista e, ademais, disfrutaremos dunha merenda conxunta contando coa colaboración da ANPA.

Ao coincidir coa conmemoración do Samaín, as nenas e nenos que o desexen poderán acodir ao centro disfrazados.

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Na resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na orde do 29 de abril de 2022, establécese que as persoas que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar recibirán un vale adicional de 25€.

A partir do martes 18-10-2022 ata o 30-11-2022, as persoas solicitantes da primeira axuda ou as autorizadas debidamente, poden pasar polo centro educativo recollelos en horario de 9:00 a 10:30.

PLAN DIXITAL

Este curso 2022-2023 implementarase o plan dixital e as accións que foron redactadas nel. No seguinte adxunto podedes consultar o contido de dito plan.

MATERIAL ESCOLAR POR NIVEIS

Nos arquivos adxuntos pódese consultar o material preciso por niveis para este curso académico, a parte dos libros. Non é necesario traelo o primeiro día, simplemente o colgamos na páxina web por se alguén o quere ir adquirindo xa.

ENTRADAS E SAÍDAS 2022- 2023

Durante este ano as entradas e saídas levaranse a cabo do seguinte xeito:

ENTRADAS:  O alumnado de infantil e primaria comezará a entrar a partir das 09:50 ata as 10:00 en setembro e xuño e das 08:50 ata as 9:00 nos restantes meses. A continuación,  pecharanse as cancelas. En primaria, poden usar a entrada que desexen; de chegaren tarde, deberán pasar por secretaría a cubrir a xustificación.

SAÍDAS:

ALUMNADO NON USUARIO DE COMEDOR: Nos meses de setembro e xuño ás 15:00 h e nos restantes meses ás 14:00 h abriranse as cancelas e as familias recolleran aos seus fillos no patio cuberto.

ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR: Nos meses de setembro e xuño ás 15: 50 h e nos restantes meses ás 14:50 h abriranse as cancelas e as familias recolleran aos seus fillos no patio cuberto.

Distribuir contido


by Dr. Radut