Skip to Content

Celebracións

Entroido

O 21 de febreiro, os nenos e nenas do CEIP de Curtis levamos o ENTROIDO polas rúas do pobo. Mirade que ben o pasamos!

  

Festival Nadal 2019

Aquí vos deixamos o vídeo do Festival de Nadal 2019 do CEIP de Curtis. Esperamos que vos guste.

Dende o CEIP de Curtis desexámosvos unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo.

 

 

Festival de Nadal

O vindeiro venres, 20 de decembro, celebraremos o festival de nadal. Estades todos convidados!

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este ano quixemos conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade proxectando na Biblioteca para todo o noso alumnado o corto titulado "Cuerdas", unha conmovedora historias na que María e Nicolás cruzan as súas vidas falándonos de inclusión, respeto, amor e vocación.

 

DÁLLE PASAPORTE Á VIOLENCIA

"DÁLLE PASAPORTE Á VIOLENCIA"

O pasado 25 de novembro conmemoramos o día da erradicación da violencia contra a muller. O noso lema de traballo para ese día foi "Dálle pasaporte á violencia". Para iso, cada grupo de clase buscou unha palabra ou frase sobre o tema. Algunhas desas palabras ou frases foron: "Pensa, contrólate, detente. A vida non é un xogo", "Para vivir en paz e harmonía, respectémonos", "Non fales de malas formas. Non insultes xamais. Non queremos a violencia", "A violencia non é un xogo: non xogues con ela! ou "Ser mais tolerantes. Ter respeto polas persoas e as súas opinións".

Ese día rematamos a xornada cantando todos a canción de Amaral: "Salir corriendo".

 

No CEIP de Curtis celebramos o magosto!

Durante os días pasados, alumnos e familias afanáronse por adornar as súas cabazas con detalles relacionados co tema do proxecto de centro deste curso: Un conto, unha maleta. Así, cada grupo de alumnos de nivel mostrou representacións dos respectivos países a coñecer. Velaquí as mostras do seu traballo. 

Así mesmo, o mércores 30 de outubro, festexamos o magosto con dous acontecementos moi proveitosos.

Por un lado, degustamos o asado de castañas, todos xuntos, grandes e pequenos, grazas ao castañeiro que nos acompañou neste día.  

 Por outro ladodesfixémonos dos pesares e das teimas que días antes botáramos á gran caixa dos medos. E, como se dun ritual se tratase, queimámolo todo. 

 

Inauguramos a biblioteca!

No noso cole coincidindo co día da biblioteca, o 24 de outubro, inauguramos o proxecto "Un conto, unha maleta". Aproveitemos para expoñer, por cursos, representacións de contos relacionados con cada país do proxecto de centro.

Empezamos escoitando "viaxando a Kenia", logo chegamos ata Estados Unidos a través do conto "Pequeno xigante" e camiñamos cara o norte prestando atención ao poema “Groenlandia”. A nosa viaxe continuou mediante “Hércules e o Xigante”, “O nacemento do dragón” e “Matrioska”. Dirixímonos de novo ao continente americano para saber cal foi “el primer baile del hombre”, a continuación unha momia asustounos a través do “conto da momia”. Tamén descubrimos “o noso principiño” e rematamos a viaxe con “Cirilo e a grulla”.

Podedes adiviñar a que países viaxamos a través do título dos nosos contos?

 

Festival fin de curso 2018-2019

O 21 de xuño tivemos o noso festival de fin de curso. Esperamos que vos guste.

Dende o CEIP de Curtis desexámosvos unhas boas vacacións e vémonos en setembro.

 

 

  

PROGRAMA FESTIVAL FIN DE CURSO

Semana Letras Galegas: “O Conxuro das Letras”

No Ceip de Curtis continuamos co festexo. Hoxe a celebración correu a cargo do grupo teatral “Os Caxigos”, composto por moitos dos nosos compañeiros e compañeiras do cole, os cales interpretaron unha fermosísima e interesante obra titulada “O Conxuro das Letras”; unha obra montada POR ELES. NORABOA AMIGXS! Quedamos con ganas de máis!

(para visualizar as fotos da actuación, clicade nesta imaxe)

Distribuir contido


by Dr. Radut