Skip to Content

Celebracións

MAGOSTO

O venres 28 de outubro conmemoraremos no noso centro O Magosto. Para a súa celebración desenvolveranse diversos xogos populares nos que a castaña será a principal protagonista e, ademais, disfrutaremos dunha merenda conxunta contando coa colaboración da ANPA.

Ao coincidir coa conmemoración do Samaín, as nenas e nenos que o desexen poderán acodir ao centro disfrazados.

Semana das Letras Galegas

I CORRELINGUA do Ceip de Curtis, dentro da programación da semana das Letras Galegas.

 

Semana das Letras Galegas

Dentro da programación da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS visitounos a toupiña e o seu axudante Protonio que andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos  empregando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que teñen as preguntas para que o coñecemento avance.
Encantounos TOUPICIENCIA SHOW!!!

Semana das Letras Galegas

Co gallo da celebración das Letras Galegas e en relación ao noso proxecto namor-ARTE, tivo lugar no noso centro un concerto dos mestres da escola de música que abrirá as súas portas no vindeiro curso no concello de Curtis. 

O ENTROIDO NO CEIP DE CURTIS

No colexio de Curtis puidemos celebrar de novo o Entroido, aínda que foi un pouco diferente a como nos gustaría que fose, pasámolo fenomenal.

No vídeo podedes comprobar o ben que o pasamos!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. No noso centro traballámolo esa semana e a seguinte. Ademais, traballamos a prol da convivencia pacífica cada día!

Desta volta o alumnado construíu paz coas mans. Para iso elaborouse un mural no que quedou a pegada de todos e de todas!

Ademais, traballamos sobre o significado de diferentes palabras relacionadas coa paz e a non violencia:

Fomos traballando con calma, porque tamén é necesaria para poder convivir en paz.

Así, paseniño imos contribuíndo ao sentimento de confraternidade.

A CANDELORIA

O pasado 2 de febreiro conmemoramos no noso colexio A Candeloria e, como non ía ser doutra maneira, fixémolo facendo arte.

Aquí vos deixamos o noso poema adicado á festa do amor.

VIVA A CANDELORIA!!!

O SAMAÍN NO CEIP DE CURTIS

Entrado o mes de novembro, deixamos atrás o Samaín e a súa celebración. Este ano propuxémoslle ao alumnado que decorase cabazas unindo a temática do Samaín co proxecto do centro "Namor-ARTE". 

O noso alumnado e as súas familias traballaron duro e conseguiron facer verdadeiras obras de arte, tal e como se pode comprobar no seguinte vídeo. 

Despois de velas expostas, mesmo lle poderiamos chamar "Cabaz-ARTE" para ir en consonancia co noso proxecto. Verdade que é un nome ben artístico? Ocórreseche algún outro máis acaído?

Agardamos que vos gusten as creacións do noso alumnado!

Para os e as que queirades saber máis sobre a celebración do Samaín en Galicia podedes picar aquí ou aquí

 

Días das bibliotecas

Hecho con Padlet

Chegou o Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut