Skip to Content

Outras actividades

ACTIVIDADE "LA MAR DE LIMPIO"

Luns 7 de marzo de 2022

O alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou na actividade "La Mar de Limpio", unha campaña de Educación Ambiental que ten como obxectivo sensibilizar ás persoas sobre a importancia de coidar e protexer o noso litoral e o noso mar, fronte ás diferentes ameazas e problemáticas que sofre:

  • Residuos que flotan no mar e que se depositan nas praias.
  • Vertidos ilegais.
  • A sobrepesca.
  • Especies invasoras...

A través de actividades lúdico-educativas, os nenos/as coñeceron “in situ” as diferentes situacións que xera a actividade humana e que son prexudicias para o medio ambiente.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.

 

LIMPEZA DA PRAIA DA LANZADA

Venres 19 de novembro de 2021

Uns dos nosos maiores tesouros son as paisaxes que nos rodean. Para gozar delas é preciso coidalas e mantelas limpas, feitos que non sempre suceden. Os alumnos/as de 6.º de Primaria participaron na limpeza da praia da Lanzada e puideron comprobar de primeira man a cantidade de residuos que se acumulan nos nosos areais.

Segue o seu exemplo e RECOLLE!

 

VÍDEO DOS PROFES

Xa case chega o verán, e xa ides un pouco cansos de traballar a distancia. Para animar un pouco estes días, aquí temos un vídeo con fotos dos mestres e mestras cando eran pequeniños. Cantos conseguides adiviñar de quen son estas fotos?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut