Skip to Content

Plan Proxecta: Xogade

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

Xoves 18 de novembro de 2021

Os alumnos/as de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participaron na clasificación comarcal da carreira de campo a través que tivo lugar en Baltar (Portonovo). Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto Xogade que este ano debido á pandemia se realizou a contrarreloxo para cumprir en todo momento coas medidas de seguridade derivadas da situación sanitaria.

 

 

 

 

 

 

Sen dúbida, foi unha xornada lúdico-deportiva moi interesante na que o noso alumnado acadou boas clasificacións.

Parabéns a todos/as os/as participantes!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut