A Asociación Forgender Seal e a Plataforma Unitaria Contra As Violencias de Xénero certificou que o noso centro educativo superou os criterios de igualdade social, xénero e diversidade que aseguran o seu compromiso cunha educación igualitaria para todos e todas.
Podedes consultar nos documentos adxuntos información relativa á A.N.P.A. trala reunión mantida o martes 27, así como o documentos de inscrición para ser socio/a.
Achégase en arquivo adxunto un resumo para solicitar as becas NEAE para o presente curso escolar, para calquera dúbida dirixirse ao Departamento de Orientación, os mércores ou xoves.
O alumnado de 6.º de Primaria visitou o noso instituto adscrito, o IES As Bizocas, para coñecer as instalacións e o seu funcionamento de cara ao próximo curso.
Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva efectuadas neste centro para o vindeiro curso académico 2022/2023.
Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, esta listaxe definitiva de alumnado faise pública no taboleiro de anuncios do centro, onde se poderá consultar presencialmente, e mais telemáticamente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ á que poden acceder empregando a Chave365 ou certificado dixital.