Skip to Content

blogue deadmin

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

O prazo de admisión do novo alumnado para o vindeiro curso 23/24 será do 1 ao 20 de marzo.

A presentación de solicitudes poderase realizar no centro, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia admisionalumnado (xunta.gal)

 Documentación a presentar:

  • Modelo de solicitude cuberto. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden cubrilo e entregalo no centro, premendo no seguinte enlace: (Anexo II: Solicitude de Admisión). En caso de presentarse a solicitude por Sede Electrónica está dispoñible na aplicación admisionalumnado (xunta.gal) Para iso e necesario dispor de Chave365 ou certificado dixital. 

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou do libro de familia).

  • Copia do DNI da persoa solicitante e os membros computables da unidade familiar (no caso de denegar a súa consulta na solicitude).

  • Volante histórico de convivencia.

  • Certificado de matrícula do curso actual (agás 4º E. Infantil).

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Documento acreditativo do alumno/a con necesidades educativas, se é o caso.
Débese ter en conta o seguinte:
  • É necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. En consecuencia, todas a solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe adxuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelo anexo II-bis).
  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro educativo, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • O centro adscrito ao CEIP As Bizocas é o IES As Bizocas.

  • Os servizos complementarios cos que conta o centro son: Comedor Escolar e Transporte Escolar.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do centro 886 151 972, ou a través do correo electrónico ceip.asbizocas@edu.xunta.gal.

Consulta:

O centro publicará as listaxes de admitidos e non admitidos:

  • Listaxes provisionais: antes do 25 de abril (reclamacións: 5 días hábiles contados a partir da data de publicación).
  • Listaxes definitivas: antes do 15 de maio.

Formalización da matrícula: entre o 20 e o 30 de xuño de 2022.

Normativa reguladora:

Decreto 13/2022, de 3 de febrero

Orde do 21 de outrubro de 2022

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

E. INFANTIL 3 ANOS

12 + 3 NEAE*

E. INFANTIL 4 ANOS

15

E. INFANTIL 5 ANOS

10

1º E. PRIMARIA

15+3 NEAE *

2º E. PRIMARIA

15

3º E. PRIMARIA

14

4º E. PRIMARIA

12

5º E. PRIMARIA

14

6º E. PRIMARIA

12

 *Postos reservados para alumando con necesidade específica de apoio educativo. En caso de non cubrirse pasarán a formar parte das vacantes ordinarias.

AREA DE INFLUENCIA DO CENTRO DO CEIP AS BIZOCAS

Bizocas

Moreiras

Gandariña

A Costa

Reboredo

Balea

San Vicente do Mar

Outeiro

Pedras Negras

Arrouxelo

Area

Os Campos

Carrascal

As Baladas

O Altiño

Atlántida

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CONVIDÁMOSVOS A VISITAR O CENTRO O MARTES 28 DE FEBREIRO, EN HORARIO DE:

MAÑA: DE 11:00 A 11:30H.

TARDE: A PARTIR DAS 16:00H.

PREVIA CITA NO TFNO. 886 151 972

 

MATRÍCULA DO 1 AO 20 DE MARZO

AGARDÁMOSVOS!

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA EN CENTRO ADSCRITO

Dende o día 16 de xaneiro de 2022 e ata o 6 de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2023/204.

Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* (I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar a solicitude de reserva de praza, ben de xeito manual -envíase a través do alumnado e está a vosa disposición nos PDF adxunto- (ANEXO I)  ou ben facelo de xeito electrónico a través da aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.

 

Coa entrega do ANEXO I no centro e, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:

-         Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).

-         Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).


*A circunstancia de que o centro estea adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.

 

No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (1 – 20 marzo) para entregar a solicitude no centro correspondente (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017).

LISTADO DE ESTABLECEMENTOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL

Estimadas familias

 

Adxúntase un arquivo cos establecementos nos que se pode gastar o vale de material escolar.

AMPLIACIÓN AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 22-23

Publicada no DOG do 14 de outubro de 2022 a Resolución de concesión directa da ampliación das axudas para a adquisición de material escolar. Nesta resolución establécese coma beneficiarias aquelas familias que recibiron o vale para a adquisición de material por importe de 50€.

Ditas familias recibirán un vale adicional de 25€ que poden recoller no centro a partir do martes 18 de outubro en horario de 8:40 a 13:40.

PLAN DIXITAL

Estimadas familias

 

Achégase adxunto o Plan Dixital do Centro.

 

 

CIRCULAR A.N.P.A

Estimadas familias,

Podedes consultar nos documentos adxuntos información relativa á A.N.P.A. trala reunión mantida o martes 27, así como o documentos de inscrición para ser socio/a.

A.N.P.A.: CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias,

 

No adxunto podedes consultar a información da A.N.P.A. relativa á convocatoria xeral ordinaria, que se levará a cabo o vindeiro martes 27.

 

Un saúdo.

INFORMACIÓN BECAS NEAE

Estimadas familias,

 

Achégase en arquivo adxunto un resumo para solicitar as becas NEAE para o presente curso escolar, para calquera dúbida dirixirse ao Departamento de Orientación, os mércores ou xoves.

 

Un saúdo.

SERVIZO DE COMEDOR NO C.E.I.P. AS BIZOCAS

Distribuir contido


by Dr. Radut