Skip to Content

Música

ECOPERCUSSIÓN

Venres 26 de maio de 2023

Hoxe tivemos unha actividade moi interesante no colexio, na que participaron por ciclos os nenos/as desde Infantil ata 4.° de Primaria.

Trátase de ECOPERCUSSIÓN, un obradoiro que ten como obxectivos fomentar a creación e a execución de instrumentos de percusión a partir de materiais reciclados, desenvolver actividades grupais e usar a ecopercussión como ferrramenta socioeducativa.

Pinchade aquí para ver os vídeos!

A FAMILIA BIZOCAS

Luns 31 de outubro de 2022

O alumnado de 6.º de Educación Primaria personalizou a letra da BSO da Familia Addams para o Samaín nas clases de Educación Musical. Ademais, o videoclip foi gravado na biblioteca por eles/elas mesm@s, e este foi o resultado!

Premede na seguinte imaxe para acceder!

 

MÚSICA: OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA GLORIA

Venres 17 de xuño de 2022

Como sabedes, este ano estamos a traballar arredor do proxecto "Bi...zocas ao Camiño" relacionado co Camiño de Santiago.

A profe Marina traballou, ao longo de todo o curso coas diferentes clases, os instrumentos presentes no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Fixeron recreacións en cartón, buscaron información, realizaron unha exposición...

Un gran traballo que podedes ver en diferentes vídeos.

Premede na seguinte imaxe!

 

     ARPA        SALTERIO VERTICAL    

 

  FÍDULA OVAL  ORGANISTRUM 

       

 SALTERIO      FÍDULA EN OITO                         

LAÚDE

 

A MÚSICA É...

Setembro 2021

Segundo o dicionario da Real Academia Galega, a música é a arte de combinar os sons harmonicamente seguindo unhas determinadas regras. 

Para os nosos alumnos/as a música é ALEGRÍA, TRANQUILIDADE, UNHA PARTE DA SÚA VIDA, PAZ, FELICIDADE...

Así o deixaron plasmado neste fantástico mural preparado pola profe Marina!

 

RECITAL DE SAXOFÓN EN 6.º EP

Venres 17 de setembro de 2021

Os nenos e nenas de 6.º de Primaria desfrutaron dun pequeno recital de saxofón do seu compañeiro Pau no que deu mostra do gran talento que posúe.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta xornada musical!!

Moitas grazas Pau!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut