Skip to Content

COVID-19

PLAN DE CONTINXENCIA DO CENTRO

Estimadas familias,

adxuntamos nesta publicación o Plan de continxencia do CEIP As Bizocas. Este plan creouse para a situación especial na que vivimos coa COVID-19.

Un saúdo

PLAN COVID DO CEIP AS BIZOCAS (versión 1)

Estimadas familias,

en documentos adxuntos atoparedes a primeira versión do Plan covid do noso centro.

Un saúdo

RESUMO DO PLAN COVID PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias,

en anexos atoparedes un pequeno resumo do Plan covid do CEIP As Bizocas, no que se tratan as cuestións fundamentais para os usuarios do centro.

Un saúdo

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA 3ª AVALIACIÓN (CURSO 2019-2020)

Estimadas familias,

A continuación atoparedes as adaptacións das programacións didácticas realizadas para este terceiro trimestre.

Tamén as podedes atopar dentro da carpeta que estamos empregando durante esta pandemia polo covid-19, dentro desta mesma páxina web.

·        

Educación Infantil: https://drive.google.com/drive/folders/1-kQVf4kw1eJ4Gbg0KbIv9wJsFHQYhkOB?usp=sharing

 

·        

1º Educación Primaria: https://drive.google.com/drive/folders/1u6vwQpcjnvmS5kuKtEs-ADVueUOZP_kp?usp=sharing

 

·        

2º Educación Primaria: https://drive.google.com/drive/folders/13G_B7hD63pGdJwOVa8PeBYz7rAOGFasY?usp=sharing

 

·        

3º Educación Primaria:  https://drive.google.com/drive/folders/1fkGoTRZS7ELW0gUoWs9fmjjX7_Ldkd7L?usp=sharing

 

·        

4º Educación Primaria: https://drive.google.com/drive/folders/1DGTgpBdmmS7dUi8pFOlCyxgTA4yVV7xM?usp=sharing

 

·        

5º Educación Primaria: https://drive.google.com/drive/folders/1gtZWqdUM0fv68E4tRhExTi0b24KBlop7?usp=sharing

 

·        

6º Educación Primaria: https://drive.google.com/drive/folders/1h9zfw9MjFJKUujNG86rNOJvU9Z8S6Etk?usp=sharing

 

·        

Departamento de Orientación: https://drive.google.com/drive/folders/1u9PVExzlvRN3FDxbAeHYtCUCtTgicj2I?usp=sharing

 

Un saúdo

AVISO CONTINUIDADE ESTADO DE ALARMA

Estimadas familias:

Mañá, martes 14 de abril de 2020, dará comezo o terceiro trimestre. Pero como continuamos co estado de alarma, as clases seguirán de maneira telemática ata que o indique a Consellería de Educación.

Non teremos clase presencial no centro educativo ata nova orde.

Un saúdo.

 

AVISO AVALIACIÒN ALUMNADO DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Estimadas familias,

Dada a situación na que nos atopamos debido á declaración do estado de alarma polo covid-19 (coronavirus); dáse por concluída a actividade avaliable deste segundo trimestre a día 13 de marzo de 2020.

Polo tanto, e baseándonos no traballo realizado ata dito día, as notas serán postas esta semana e publicadas o venres 3 de abril de 2020 por medio da plataforma abalar móbil.

Rogamos que todos aqueles pais ou nais que non dispoñan de abalar móbil, nos fagan chegar ao email do centro (ceip.asbizocas@edu.xunta.es) unha dirección de email para poder facer a entrega das notas dos seus fillos e fillas.

As notas en formato físico (papel) entregaranse en canto retomemos a actividade no centro educativo.

Moitas grazas

Un saúdo

INFORMACIÓN PARA FAMILIAS- PRÒRROGA DO ESTADO DE ALARMA

Infòrmase às familias de que se prorroga o estado de alarma quince dìas màis. Por este motivo (e se non houbese outras instrucciòs ao respecto) as clases presenciais reanudarìase o martes 14 de abril.

**Recomedamos encarecidamente às familias que non teñen abalar que permanezan atentos a esta web por se houbese algunha outra instrucciòn ou novidade. 

 

RECIBIDE UN AGARIMOSO SAÙDO E MOITO ÀNIMO A TODOS E TODAS!!

INFORMACIÓN PARA FAMILIAS- PANDEMIA COVID-19

Estimadas familias:

Seguindo as instruccións dadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación coa pandemia covid-19 (coronavirus), informamos de que non haberá clases dende o próximo luns 16. Esta suspensión da actividade nos centros educativos será, en principio, de dúas semanas, polo que nun principio volveriamos o luns 30 de marzo de 2020.

Os mestres/as enviarán tarefas ao alumnado a través da páxina web do centro ou poñéndose en contacto coas familias por abalar.

Como as novas sucédense rapidamente, se xurdira calquera cambio informaremos mediante a páxina web do centro e Abalar. Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro educativo no horario normal de apertura.Lembramos o contacto do centro:

TELÉFONO: 886 151 972

CORREO ELECTRÓNICO: ceip.asbizocas@edu.xunta.es

Un saúdo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut