Skip to Content

Plan Proxecta: Donas de si

CONTACONTOS MARUJA MALLO

Venres 27 de maio de 2022

Os cativos/as de 5.º de Infantil, 1.º e 2.º de Primaria participaron nun contacontos sobre Maruja Mallo, unha destacada pintora surrealista galega que abriu camiño ás mulleres de xeracións posteriores.

Esta actividade está enmarcada no programa "Donas de si" do Plan Proxecta.

A través do relato da súa historia por parte de Enrique Mauricio e da ilustración que Tania Solla ía creando á vez, achegámonos un pouquiño máis á súa vida e obra.

Ao rematar, cada un/unha de nós foi creando a caricatura de Maruja seguindo as indicacións que nos ían dando. Non o fixemos nada mal!

Non vos perdades o vídeo! Para velo, premede na seguinte imaxe.

 

PLAN PROXECTA: "DONAS DE SI"

Xoves 10 e venres 11 de marzo de 2022

"DONAS DE SI"

Ao longo de dúas xornadas, os alumnos/as de todos os cursos do colexio participaron nos obradoiros do programa "Donas de si", que teñen como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural.

Podedes ver un pouquiño máis no vídeo que elaboramos. Premede na seguinte imaxe para acceder.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut