Skip to Content

Educación Física

XOGADE - IFEVI Vigo

O luns 17 de abril desprazámonos ao IFEVI co alumnado de 3º ciclo. Alí realizouse unha xornada de atletismo en pista para 5º curso e de volei para 6º.

A xornada foi moi dinámica e enriquecedora. 

Podedes ver fotos do evento pinchando aquí.

ENCONTROS XOGADE 5º E 6º CURSO

Nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º curso visitou ao CEIP de Viñagrande. Alí realizamos actividades coma o bádminton, baloncesto ou datchball.

 

ENCONTROS XOGADE 5º E 6º CURSO

ENCONTROS XOGADE 3º E 4º CURSO

Seguimos participando nos encontros de xogade que tanto nos gustan! Desta volta,  o alumnado de 3º e 4º curso desprazouse ata o CEIP da Florida (Sanxenxo).

ENCONTROS XOGADE 3º E 4º CURSO

PATIOS ACTIVOS

       Seguimos cos patios activos! Propoñendo actividades para que os patios sexan máis inclusivos e participativos para todos e todas.

PATIOS ACTIVOS

ENCONTROS INTERCENTROS XOGADE

    O pasado martes 28 e o xoves día 2 de marzo participamos nos encontros multideporte no CEIP de Meaño e no Colexio Abrente respectivamente. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º desprazouse a estes centros para realizar unha xornada chea de actividades deportivas e diversión.

    A participación nestes encontros nos permite aprender valores moi importantes para a nosa vida: compañeirismo, solidariedade, esforzo, respecto, etc.

Pasámolo moi ben! Moitas grazas aos centros anfitrións!

ENCONTROS INTERCENTROS XOGADE

MOCHILA VIAXEIRA DEPORTIVA

Os nenos e nenas do CEIP AS BIZOCAS están moi contentos e contentas coa mochila viaxeira! Por iso iremos renovando e cambiando o material das mesmas neste segundo trimestre.

Recordade que podedes enviarnos fotos xogando co material viaxeiro a:

ceip.asbizocas@edu.xunta.gal

Moitas grazas!

MOCHILA VIAXEIRA DEPORTIVA

CAMPO A TRAVÉS - XOGADE 11/01/2023

Por fin despois moitos intentos frustrados debido ao mal tempo, este pasado mércores 11 de xaneiro, o alumnado do CEIP As Bizocas (dende 2.º ata 6.º de Primaria) participou na carreira de campo a través organizado por Deporte Escolar (Xogade). 

O evento tivo lugar no pinar de Montalvo e os participantes tiveron que percorrer distancias dende os 450 metros ata os 900m. 

Por suposto, esta actividade esta vinculada ao noso proxecto actual, os ODS (concretamente co número 3 "Saúde e Benestar")

Todos e todas remataron os seus percorridos satisfactoriamente! Noraboa!

Pinchade no enlace do blog da biblioteca para ver as fotos! aquí

CAMPO A TRAVÉS - XOGADE 11/01/2023

ACTIVIDADE - FUNDACIÓN PHOENIX KIDS

 

TRIATLON.ORG | PHO3NIX KIDS by Javier Gomez Noya | 2021 | Pontevedra

O pasado 16 de novembro levamos a cabo unha xornada de fomento da actividade física e estilos de vida saudables grazas á Fundación Phoenix Kids, con presenza en varios países europeos. Javier Gómez Noya é o deportista de gran palmarés (5 veces campión do mundo e medallista olímpico) que promove a iniciativa en España.

Nesta actividade, o alumnado realizou diferentes probas de condición física, todas elas moi motivantes.

Podedes ver as fotos pinchando aquí.

XORNADAS DE BALONMÁN PARA 4º CURSO

Dende o pasado 8 de novembro, o alumnado de cuarto curso puido levar a cabo 4 sesións dirixidas por Sergio, un dos adestradores do Clube Balonmán Rasoeiro.

Esta iniciativa, desenvolta a través do "Plan Corresponsables" e o Xogade (Plan Proxecta), fixo posible o achegamento dun deporte tan completo como é o balonmán aos rapaces e rapazas de 4º curso do CEIP As Bizocas. Foron unhas sesións moi dinámicas nas que o pasaron en grande aprendendo.

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

- Contextualización legal segundo o Decreto de Educación Primaria en Galicia - 

Dende a área de Educación Física, gustaríanos mostrar un breve resumo das indicacións de promoción de estilos de vida activo e saudable indicados polo Decreto 155/2022 polo que se establece o currículo de Educación Primaria en Galicia.

É a nosa labor como centro educativo fomentar os hábitos saudables no alumnado.

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE
Distribuir contido


by Dr. Radut