Skip to Content

Educación Física

XORNADAS DE VELA

Xoves 6 e venres 7 de outubro de 2022

Tras a volta á normalidade despois da pandemia, seguimos co fomento da actividade física.

Nesta ocasión desenvolvemos 2 xornadas de vela entre o alumnado de 3.° e 4.° de Primaria.

A primeira tivo lugar o xoves no colexio e foi de tipo teórico. 

Para a segunda desprazámonos ata Sanxenxo para poñer en práctica o aprendido no día anterior.

Queredes ver a actividade? Pois premede na seguinte foto para acceder aos vídeos e á galería de imaxes.

Sen dúbida, pasámolo en grande!!!

 

XORNADAS BALONCESTO

Mércores 5 de outubro de 2022

Esta mañá, o alumnado de 1.º, 2.º, 3.º 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participou nunhas xornadas de baloncesto que tiveron lugar no colexio. O clube de baloncesto O Meco foi o encargado de desenvolver a actividade para promocionar o deporte base.

Se queredes coñecer un pouquiño máis sobre o clube, premede na seguinte imaxe.

 

Premendo nesta fotografía, podedes acceder aos vídeos que elaboramos por ciclos para que vexades o desenvolvemento da actividade.

Divertímonos moito!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut