Skip to Content

blogue deadmin

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023

Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva efectuadas neste centro para o vindeiro curso académico 2022/2023.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, esta listaxe definitiva de alumnado faise pública no taboleiro de anuncios do centro, onde se poderá consultar presencialmente, e mais telemáticamente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ á que poden acceder empregando a Chave365 ou certificado dixital. 

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN E SANIDADE

Tras a comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso da máscara nos patios dos centros educativos, que poden consultar na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36524 acordouse que o uso da máscara deixará de ser obrigatorio nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

Por suposto o alumnado que así o desexe poderá seguir facendo uso da máscara no patio.

Lembramos que no interior do edificio o seu uso segue a ser obrigatorio, polo que haberá que poñela antes de acceder ao mesmo.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024

O prazo de admisión do novo alumnado para o vindeiro curso 23/24 será do 1 ao 20 de marzo.

A presentación de solicitudes poderase realizar no centro, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia admisionalumnado (xunta.gal)

 Documentación a presentar:

  • Modelo de solicitude cuberto. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden cubrilo e entregalo no centro, premendo no seguinte enlace: (Anexo II: Solicitude de Admisión). En caso de presentarse a solicitude por Sede Electrónica está dispoñible na aplicación admisionalumnado (xunta.gal) Para iso e necesario dispor de Chave365 ou certificado dixital. 

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou do libro de familia).

  • Copia do DNI da persoa solicitante e os membros computables da unidade familiar (no caso de denegar a súa consulta na solicitude).

  • Volante histórico de convivencia.

  • Certificado de matrícula do curso actual (agás 4º E. Infantil).

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Documento acreditativo do alumno/a con necesidades educativas, se é o caso.
Débese ter en conta o seguinte:
  • É necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. En consecuencia, todas a solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe adxuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelo anexo II-bis).
  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro educativo, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • O centro adscrito ao CEIP As Bizocas é o IES As Bizocas.

  • Os servizos complementarios cos que conta o centro son: Comedor Escolar e Transporte Escolar.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do centro 886 151 972, ou a través do correo electrónico ceip.asbizocas@edu.xunta.gal.

Consulta:

O centro publicará as listaxes de admitidos e non admitidos:

  • Listaxes provisionais: antes do 25 de abril (reclamacións: 5 días hábiles contados a partir da data de publicación).
  • Listaxes definitivas: antes do 15 de maio.

Formalización da matrícula: entre o 20 e o 30 de xuño de 2022.

Normativa reguladora:

Decreto 13/2022, de 3 de febrero

Orde do 21 de outrubro de 2022

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

E. INFANTIL 3 ANOS

12 + 3 NEAE*

E. INFANTIL 4 ANOS

15

E. INFANTIL 5 ANOS

10

1º E. PRIMARIA

15+3 NEAE *

2º E. PRIMARIA

15

3º E. PRIMARIA

14

4º E. PRIMARIA

12

5º E. PRIMARIA

14

6º E. PRIMARIA

12

 *Postos reservados para alumando con necesidade específica de apoio educativo. En caso de non cubrirse pasarán a formar parte das vacantes ordinarias.

AREA DE INFLUENCIA DO CENTRO DO CEIP AS BIZOCAS

Bizocas

Moreiras

Gandariña

A Costa

Reboredo

Balea

San Vicente do Mar

Outeiro

Pedras Negras

Arrouxelo

Area

Os Campos

Carrascal

As Baladas

O Altiño

Atlántida

 

DATOS DE INTERESE

PÓDESNOS ATOPAR EN...

RÚA BALEA S/N, 36989 O GROVE, PONTEVEDRA.

TELÉFONO: 886 151 972

EMAIL: ceip.asbizocas@edu.xunta.gal

HORARÍO TITORÍAS

O horario de titorías é os MARTES de 16:00 a 17:00. Débese concertar con anterioridade co mestre/a.

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA EN CENTRO ADSCRITO

Dende o día 11 de xaneiro de 2022 e ata o 8 de febreiro  iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/2021.

Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* (I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar a solicitude de reserva de praza, ben de xeito manual -envíase a través do alumnado e está a vosa disposición nos PDF adxunto- (ANEXO I)  ou ben facelo de xeito electrónico a través da aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.

 

Coa entrega do ANEXO I no centro e, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:

-         Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).

-         Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).


*A circunstancia de que o centro estea adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.

 

No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (1 – 20 marzo) para entregar a solicitude no centro correspondente (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017).

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Luns 09 de Novembro de 2021

Estimadas familias,

 

No arquivo adxunto poderedes atopar información relativa á renovación do consello escolar, no tocante á presentación de candidaturas dos membros que desexen formar parte deste órgano de goberno.

Así mesmo, dispoñedes dun modelo de presentación de candidatura. Tamén o poderedes recoller no centro, en horario de atención ás familias.

 

Un saúdo.

 

MEMBROS XUNTA ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

 

Podedes consultar no arquivo adxunto os membros que resultaron elexidos no sorteo público celebrado hoxe, xoves 28 de outubro, no centro, para constituir a Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar.

 

Un saúdo.

INFORMACIÓN RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

 

Podedes consultar no arquivo adxunto a información relativa ás vindeiras eleccións que se realizarán para a renovación do Consello Escolar.

 

Un saúdo.

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

 

O horario de atención do equipo directivo ás familias para o curso 2021-2022 será o seguinte:

 

LUNS: 8:40 - 9:25/ 12:50 - 13:40

MÉRCORES: 12:50 - 13:40

XOVES: 12:50 - 13:40

VENRES: 12:50 - 13:40

Distribuir contido


by Dr. Radut