Skip to Content

blogue deadmin

PROGRAMACIÓNS 2023/2024

Enlace para consultas as programacións didácticas do curso 23/24:

 https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/tLAcEE4qdbW2me9

 

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA PARA O CENTRO ADSCRITO (IES AS BIZOCAS)

Dende o día 15 de xaneiro de 2024 e ata o 5 de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2024/2025.

Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* (I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar a solicitude de reserva de praza, ben de xeito manual - solicítase ao tutor-  ou ben facelo de xeito electrónico a través da aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.

 

Coa entrega do ANEXO I, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:

-         Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).

-         Documento acreditativo da representación.

- Copia do libro de familia

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).


*A circunstancia de que o centro estea adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.

 

No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán a próximas comunicacións.

DOCUMENTACIÓN DO CENTRO

Inclúese adxunta a documentación do centro.

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS

O pasado 27 de outubro a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou unha aclaración sobre a xustificación das faltas de asistencia do alumnado por motivo de asistir a consulta médica, enfermidades ou indisposicións: "cando unha alumna ou alumno falta a clase por consulta médica, enfermidade ou indisposición será a nai/pai/titor legal quen xustifique documentalmente a falta, non sendo necesaria a presentación dun xustificante médico. O centro soamente solicitará unha xustificación complementaria na caso de que a inasistencia a clase por este motivo se produza de xeito continuado no tempo e para a cal o centro non dispoña de información suficiente que permita a súa xustificación"

 

Poden consultar a publicación completa no documento adxunto.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

- Luns, martes e mércores de 8:40 a 09:25h

-Xoves e venres de 12:50 a 13:40h.

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DA ANPA

Pola presente convócase aos pais, nais, titores/titoras dos alumnos e alumnas do C.E.I.P As Bizocas á Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará na aula do comedor do propio centro, o próximo martes día 12 de setembro de 2023 ás 19.00 hs en primeira convocatoria, 19.15 en segunda, coa seguinte orde do día:

1.- Resumo de actuación levadas a cabo no curso 2022-2023, especialmente no comedor escolar.

2.- Balance de contas da asociación no curso 2022-2023.

3.- Actuacións a levar a cabo de cara ó curso 2023-2024.

            a) Comedor escolar

            b) Propostas de actividades extraescolares.

             c) Outras propostas de interese xeral.

4.- Outros asuntos de interese.

5.- Rogos e preguntas.

 

A Presidenta

María Gómez Meis

658103023 

MATRÍCULA COMEDOR ESCOLAR 23/24

Estimadas familias,

a ANPA do CEIP As Bizocas está preparando o comedor para o vindeiro curso escolar 23/24, e precisan facer unha estimación inicial do número de nenos e nenas que o usarán.

Achégase adxunta a matrícula do comedor escolar.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024

Nos vindeiros días poñerémonos en contacto coas familias que solicitaron plaza neste centro para o vindeiro curso, para formalizar a matrícula.

 

O plazo para a formalización da matrícula é dende o 20 ata o 30 de xuño.

 

Os documnetos que se deben achegar son os seguintes:

- Impreso de formalización de matrícula. Anexo III (entregarásevos no centro).

- Impreso Autorización Imaxe (entregarásevos no centro).

- Impreso Relixión/Valores Sociais e Cívicos (entregarásevos no centro).

- Enquisa Lingua materna (só para 3 anos) (entregarásevos no centro).

- Fotocopia do libro de familia

- Fotocopia DNI dos pai/titores legais.

- Fotocopia tarxeta sanitaria.

- Fotocopia calendario vacinas ou Informe médico.

- Informe de alerxias ou problemas de saúde relevantes (se é o caso).

- Volante de empadroamento (ten que aparecer o alumno/a e as persoas que conviven con el).

- Sentenza de divorcio ou separación na que acredite a custodia do alumno/a (se é o caso).

 

A documentación presentada na reserva de matrícula non é necesario volver a presentala.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2023/2024

PARA O  ALUMNADO DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA RECOMÉNDASE NON MERCAR NINGÚN LIBRO DE TEXTO ATA SETEMBRO.

Curso

Materia

Título libro

Editorial

Idioma

Edixgal

ISBN

1º EP

Globalizado

Vamos con todo 1 1º trim.

Anaya

Cast/Gal

Non

9788414317396

1º EP

Globalizado

Vamos con todo 1 2º trim.

Anaya

Cast/Gal

Non

9788469898475

1º EP

Globalizado

Vamos con todo 1 3º trim.

Anaya

Cast/Gal

Non

9788469898505

1º EP

Lingua Estranxeira: Inglés

Kids Can! 1 Essential Ab ePk

 

Macmillan E.L.T

Castelán

Non

9781380073389

 

2º EP

Globalizado

Vamos con todo 2 1º trim.

Anaya

Cast/Gal

Non

9788414317402

2º EP

Globalizado

Vamos con todo 2 2º trim.

Anaya

Cast/Gal

Non

9788469898574

2º EP

Globalizado

Vamos con todo 2 3º trim.

Anaya

Cast/Gal

Non

9788469898604

2º EP

Lingua Estranxeira: Inglés

Kids Can! 2 Essential Ab ePk

 

Macmillan E.L.T

Castelán

Non

9781380073402

 

3º EP

Lingua Estranxeira: Inglés

Kids Can! 3 Pb ePk

 

Macmillan E.L.T.

Castelán

Non

9781380072863

 

3º EP

Ciencias Sociais

Ciencias Sociais

Vicens Vives

Galego

Non

9788468252087

3º EP

Ciencias da Natureza

Ciencias da Natureza

Vicens Vives

Galego

Non

9788468250717

3º EP

Lingua Galega e Literatura

Lingua Galega e Literatura

Vicens Vives

Galego

Non

9788468271149

3º EP

Lingua Castelá e Literatura

Lengua Castellana y Literatura

Vicens Vives

Castelán

Non

9788468283944

3º EP

Matemáticas

Matemáticas

Vicens Vives

Castelán

Non

9788468282831

4º EP

Ciencias Sociais

Ciencias Sociais

Vicens Vives

Galego

Non

9788468292533

4º EP

Ciencias da Natureza

Ciencias da natureza

Vicens Vives

Galego

Non

9788468292502

4º EP

Lingua Estranxeira: Inglés

Kids Can! 4 Pb ePk

 

Macmillan E.L.T.

Castelán

Non

9781380072870

 

4º EP

Lingua Galega e Literatura

Lingua Galega e Literatura

Santillana

Galego

Non

9788491857051

4º EP

Lingua Castelá e Literatura

Lengua Castellana y Literatura

Santillana

Castelán

Non

9788414407387

4º EP

Matemáticas

Matemáticas

Santillana

Castelán

Non

9788414407691

AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 1 de xuño ata o 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2023-2024.

As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.

As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do solicitante.
  • Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).
  • Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos sociais)
  • Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentementedeclaración da renda do exercicio de 2022).
  • Xustificante de matrícula.
  • Contrato/recibo do aluguer do piso ou do pagamento da hipoteca.

A documentación deberá entregarse (despois de solicitar cita)

no SERVIZO de REXISTRO MUNICIPAL

(EdificioAdministrativodo Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa).

 

*No anexo adxunto pódese consultar a información e descargar a solicitude.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut