Skip to Content

Outras actividades

VIDEOCONFERENCIA BUQUE HESPÉRIDES

Mércores 22 de marzo de 2023

Hoxe tiñamos a posibilidade de conectar coa tripulación do Buque de Investigación Oceanográfica (BIO) Hespérides, un buque de investigación con base en Cartagena (Murcia) que actualmente se encontra na ANTÁRTIDA.

Por poblemas loxísticos non foi posible facer a videoconferencia. Agardamos poder levala a cabo noutra ocasión!

Premendo nas seguintes fotografías podedes coñecer un pouco máis da súa historia.

ODS relacionados:

n.º 13: "Acción polo clima"

n.º 14: "Vida submarina"

n.º 15: "Vida de ecosistemas terrestres"

n.º 4: "Educación de calidade"

 

CHARLA EMOCIÓNS

Venres 17 de marzo de 2023

Os nenos e nenas de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria participaron nunha charla sobre as emocións.

Expresaron con que adxectivo se identifican, as súas fortalezas e debilidades, que cousas fan que estean felices, tristes, sorprendidos..., escribiron con que e con quen están agradecidos e descubriron o bote da calma. Para rematar viron tres curtas relacionadas co esforzo e con buscar axuda ante situacións que o precisen.

ODS relacionados:

n.º 3: "Saúde e benestar"

n.º 4: "Educación de calidade"

Unha actividade moi interesante e proveitosa!!!

 

OBRADOIRO "MULLERES CIENTÍFICAS"

Mércores 15 de marzo de 2023

Un ano máis confiamos na empresa Ciencia en movemento para desenvolver un obradoiro denominado "Mulleres científicas", que achega de forma práctica e divertida a figura de diferentes mulleres que tiveron un papel moi importante no ámbito científico.

Os experimentos encantáronnos! E ao rematar regaláronnos pegatinas!

En breve, máis fotos.

 

CHARLAS PLAN DIRECTOR 2022/2023

 

Xoves 9 de marzo de 2023

En 5.º e 6.º de Primaria continúan as charlas enmarcadas no Plan Director, esta vez coa temática...

SEGURIDADE NA REDE

 

SAÍDA AO TEATRO "NAUTILUS"

Luns 27 de febreiro de 2023

Os nenos/as de 3.º e 4.º de Primaria dirixíronse ao auditorio Afundación de Pontevedra para asistir á obra de teatro "Nautilus", gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor proposta orixinal pola súa ‘sensibilización medioambiental’. Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras “20.000 leguas de viaje submarino” cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos, do noso planeta.

Como vedes está moi relacionado co noso proxecto de centro "SOS-ODS: O PLANETA NAS NOSAS MANS".

 

RECOLLODA DE LIXO NA PRAIA

Xoves 23 de febreiro de 2023

O alumnado de Primaria, dividido en grupos, colaborou nunha recollida de lixo na praia Area da Cruz, fronte ao colexio.

Esta xornada, impulsada pola Obra Social de Abanca no marco de PLANCTON, serviu para recoller un total de 305 kilos de lixo. Nela participaron máis de 100 persoas voluntarias, escolares do noso centro de ensino, socios/as e estudantes da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE).

ODS relacionados:

n.º 13: Acción polo clima

n.º 14: Vida submarina

n.º 15: Vida de ecosistemas terrestres

 

 

 

 

 

 

 

 Premendo nas fotografías, podedes acceder á noticia.

 

CHARLAS PLAN DIRECTOR 2022/2023

Xoves 23 e venres 24 de febreiro de 2023

Continuamos coas charlas do Plan Director dirixidas ao alumnado de 5.º e 6.º de Primaria.

Nesta ocasión tratáronse as seguintes temáticas:

MEDIAMBIENTE

ODS relacionados:

7 Enerxía accesible e non contaminante

13 Acción polo clima

14 Vida submarina

15 Vida de ecosistemas terrestres

SEGURIDADE EN INTERNET

ODS relacionados:

3 Saúde e benestar

4 Educación de calidade

 

CHARLA MENSTRUACIÓN

Xoves 16 de febreiro de 2023

Un curso máis participamos nas charlas sobre a menstruación impartidas pola matrona do Grove e dirixidas aos alumnos/as de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria.

Foi unha proposta moi interesante e aprendemos información moi necesaria!

OBSERVATORIO DE AVES 5.º/6.º EP

Venres 10 de febreiro de 2023

Na mañá do venres, o alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou nunha actividade de avistamento de aves organizada polo Concello de O Grove e a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO).

Tras unha charla informativa sobre a migración das aves, o coidado das mesmas, etc. puxeron rumbo á Toxa onde con cadernos, guías, prismáticos e algúns telescopios, puideron observar as aves da zona (cormoráns, garzas reais...) para logo anotar os nomes científicos e comúns.

Esta actividade está relacionada cos ODS:

  • n.º 4 Educación de calidade
  • n.º 13 Acción polo clima
  • n.º 15 Vida de ecosistemas terrestres

Sen dúbida foi unha proposta moi interesante na que aprendemos moitas cousas!

Premede na fotografía para acceder á galería.

AULA STEAM AFUNDACIÓN

Mércores 8 de febreiro de 2023

Os alumnos/as de 5.º e 6.º de Primaria participaron no programa "Aula STEAM" de Afundación, un proxecto pedagóxico baseado nas artes, a robótica, a programación e a gamificación.

En breve poderedes ver algunhas fotografías das actividades tan chulas que levaron a cabo.

Science

Thecnology

Engineering

Arts

Mathematics

 

Distribuir contido


by Dr. Radut