Skip to Content

Outras actividades

CHARLAS PLAN DIRECTOR 2022/2023

Martes 7 de febreiro de 2023

Un ano máis , o alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou na charlas do

Plan Director, un plan que persegue prever calquera tipo de risco que afecte á seguridade e benestar de menores e xóvenes, na escola e no seu entorno.

Nesta primeira xornada tratáronse as temáticas "Violencia de xénero" e "Acoso escolar".

O dia 24 de febreiro terá lugar a segunda xornada centrada en "Seguridade no uso da Internet".

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a máis información relacionada co programa.

VISITA DE BAIA FERNÁNDEZ

Luns 30 de xaneiro de 2023

Hoxe recibimos unha visita moi especial no colexio. A escritora e educadora emocional Baia Fernández De La Torre achegou aos nenos e nenas de 1.º e 2.º de Primaria a historia de "Laia". Trátase dun conto que ten como protagonista a Laia, unha nena pensativa, soñadora, amante da natureza e da "música paxaril".

A través da historia desta nena tan especial, adentrámonos no mundo das emocións e dos superpoderes das persoas, que nos converten en seres diferentes e únicos.

(Premede na seguinte imaxe para acceder ao vídeo.)

Pasámolo en grande!

Grazas Baia por facernos descubrir o noso superpoder!

 

O CENTRO RECIBE O RECOÑECEMENTO DISTINTIVO VIOLETA

Luns 30 de xaneiro de 2023

A Asociación Forgender Seal e a Plataforma Unitaria Contra As Violencias de Xénero certificou que o noso centro educativo superou os criterios de igualdade social, xénero e diversidade que aseguran o seu compromiso cunha educación igualitaria para todos e todas.

 

 

DETECTIVES DA NATUREZA 1.º E 2.º EP

Venres 27 de xaneiro de 2023

Aproveitando a chegada do bo tempo, os alumnos/as de 1.º e 2.º de Primaria realizaron unha saída pola contorna para elaborar un caderno de campo. Previamente explicouse na clase que é un caderno de campo e como se elabora, que normas debían cumprirse para non danar a natureza, etc.

Organizados en grupo de 3 - 4 compoñentes, recolleron mostras de diferentes seres vivos (plumas, cunchas, follas...) e fotografiaron aspectos que chamaron a atención (lixo na natureza, regatos, carteis informativos...).

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a un vídeo resumo da actividade!

A vindeira semana poñerán en común os resultados dos cadernos de campo elaborados por cada equipo.

 

CHARLAS CON MUCHO GUSTO

Venres 27 de xaneiro de 2023

Os alumnos/as de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participaron un curso máis nas charlas/obradoiros sobre educación afectivo-sexual denominadas "Con mucho gusto".

En breve, deixámosvos algunhas fotos da xornada.

SAÍDA: OBRADOIRO DE HOSTALERÍA DA LANZADA

Martes 24 de xaneiro de 2023
 
Os alumnos/as de 3.º e 4.º de Primaria asistiron ao Obradoiro de Hostalería da Lanzada, no que aprenderon a preparar almorzos saudables, realizaron un taller de coctelería e degustaran os diferentes pratos elaborados. 
 
Esta actividade está relacionada co obxectivo 3 "Saúde e benestar" do noso proxecto de centro ODS.
 
Aquí podedes ver a nova completa publicada na prensa: 
 
Moitas grazas por contar con nós e noraboa ao persoal polo gran labor!
                             
Pinchade na imaxe para ver máis.
 

 

RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA

Xoves 15 de decembro de 2022

Como todos os anos, nos días previos ás vacacións de Nadal, no colexio facemos unha recollida de alimentos solidaria que destinamos a diferentes organizacións da zona para que os repartan ás familias máis necesitadas. Este ano serán destinados ao Banco de Alimentos Rías Baixas.

Ademais, como vedes na foto, esta acción relaciónase con varios dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) que estamos a traballar a través do novo proxecto do cole, en concreto, o 1 e o 2. 

O Nadal é unha época máxica para pensar especialmente nos demais e axudarnos entre tod@s e, no CEIP As Bizocas, cooperamos deste xeito. 

Moitas grazas a todas as familias que colaboraron e fixeron isto posible!

 

 

SAÍDA AO TEATRO "LA AVENTURA DE ABURRIRSE"

Luns 21 de novembro de 2022

O alumnado de 1.º e 2.º de Primaria asistiu á sede Afundación de Pontevedra para ver "La aventura de aburrirse", unha obra de teatro de monicreques protagonizada por unha nena chamada Rita que, a pesar de ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Pero... todo cambia grazas a un parruliño de goma que lle dá a súa avoa.

Queredes ver como foi a xornada? Premede na seguinte imaxe para acceder ao vídeo!!!

Facendo clic na imaxe inferior saberedes un pouquiño máis da obra e da compañía L´Estaquirot Teatre.

A NÓS ENCANTOUNOS!!!

 

20 ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Luns 21 de novembro de 2022

O 13 de novembro de 2002, as costas de Galicia viron como o petroleiro Prestige afundía cargado con 77.0000 toneladas de petróleo que acabaron no mar, nas nosas rías. 

Hoxe na biblioteca tivemos a sorte de contar con Francisco Iglesias, patrón maior da Cofradía de Mariñeiros de San Martiño do Grove cando sucedeu esta catástrofe. 

Francisco amosounos un vídeo onde resumía todo o que sucedeu naqueles terribles días e as consecuencias que se ven aínda a día de hoxe. Posteriormente o alumnado preguntoulle todas as súas inquedanzas sobre o tema. 

Moitas grazas Francisco pola túa visita!! Nunca máis!

 

 

 

SAÍDA Á BIBLIOTECA DE SAN VICENTE

Xoves 10 de novembro de 2022

O alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria visitou a biblioteca de San Vicente para participar nunha actividade sobre formación de usuarios. Nela recibiron información sobre a organización, catalogación, funcionamento... dunha biblioteca. Despois dunha primeira explicación, fixeron varios xogos para descubrir onde se atopaban algúns libros.

Aquí podedes ver algunhas fotos: 

 

Todo o aprendido comezará a aplicarse na biblioteca do noso centro.
Grazas pola formación!
  
Distribuir contido


by Dr. Radut