Skip to Content

Outras actividades

SAÍDA AO AUDITORIO DO GROVE

Venres 4 de novembro de 2022

Ao longo da mañá, todo o alumnado e profesorado do cole visitamos o novo auditorio do Grove. Participamos nunha proposta didáctica na que coñecemos, escoitamos e tocamos algúns instrumentos como o clarinete, o saxofón, a trompa... 

Se vos gusta a MÚSICA, non o dubidedes e anótadevos! Hai unha oferta moi variada!

 

OBRADOIROS "CON MUCHO GUSTO"

Xoves 16 e luns 20 de xuño de 2022

 

Os nenos/as de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participaron nas actividades sobre Educación Sexual dirixidas aos colexios de O Grove. Sabela Maceira (educadora social e sexóloga) e Lucía Álvarez (psicóloga e sexóloga) foron as encargadas de impartir os coñecementos nos diferentes centro de ensino.

 

VISITA Á "CASA CARACOLA"

Venres 17 de xuño de 2022

Sabedes que en Balea, moi preto do colexio hai unha casa construída en forma de caracola?

Si? Non?

Pois tal como o escoitades, José Luis Torres creou unha casa orgánica a base de palla, arxila e cal con forma de caracola. Realmente está baseada en dúas caracolas, unha de mar e outra de terra.

Os nenos de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria tiveron a gran sorte de facer unha visita, na que viron a casa e a adega, coñeceron os materias cos que están construídas, aprenderon a preparar un bancal no que plantaron coliflores e viñeron cargados de plantas e patacas para plantar na casa.

Foi toda unha experiencia!

(premede nesta imaxe para acceder ao vídeo)

 

CHARLAS MATRONA "A MENSTRUACIÓN"

Martes 7 de xuño de 2022

Os alumnos/as de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria, divididos en dous grupos, participaron nas charlas impartidas pola matrona do Centro de Saúde de O Grove.

O tema tratado foi a menstruación. A través destas 2 charlas, os nenos e nenas recibiron información sobre que é a menstruación, en que consiste, os mitos e lendas que sempre houbo sobre este tema, os diferentes produtos que existen no mercado e outra información de interese.

Sen dúbida, foi unha actividade moi interesante e necesaria!

 

CHARLAS ACTIVIDADE FÍSICA

Xoves 26 de maio de 2022

Os nenos/as de 3.º a 6.º de Primaria continuaron coas charlas enmarcadas no fomento dunha vida saudable. Nesta ocasión fixeron actividades arredor da ACTIVIDADE FÍSICA.

En breve, subiremos as fotos.

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO SANTIAGO

Martes 24 de maio de 2022

Este ano, a situación derivada da pandemia permitiunos realizar a excursión de fin de curso que tanto botabamos en falta.

O lugar elixido foi SANTIAGO DE COMPOSTELA, xa que O Camiño de Santiago é o tema arredor do que estamos a traballar todas as clases ao longo do curso.

Así que, tal como di o título do noso proxecto "Bi...zocas ao camiño" puxemos rumbo á capital galega.

Polo mañá, organizados por grupos, puidemos:

  • Facer unha visita guiada ao museo da Catedral.
  • Subir ás cubertas.
  • Facer unha ruta no tren turístico.
  • Visitar o interior da Catedral.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pola tarde, agardounos outra divertida visita ao Museo de Historia Natural.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 A PESAR DA CHOIVA, FOI UN DÍA XENIAL!

 

VISITA AO IES AS BIZOCAS

Mércores 11 de maio de 2022

O alumnado de 6.º de Primaria visitou o noso instituto adscrito, o IES As Bizocas, para coñecer as instalacións e o seu funcionamento de cara ao próximo curso.

CHARLAS ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Martes 10 e xoves 12 de maio de 2022

Deixámosvos unha pequena mostra das charlas sobre ALIMENTACIÓN SAUDABLE que tiveron lugar no colexio os días 10 e 12 de maio e que ían dirixidas ao alumnado de 3.º a 6.º de Primaria.

Para ver o vídeo, premede na seguinte imaxe.

 

SAÍDAS POLA CONTORNA

Xoves 5 e venres 6 de maio de 2022

Os alumnos/as de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria emprederon o camiño a mañá do xoves 5 de maio e dirixíronse ao Centro Vacacional A Lanzada, onde degustaron un completísimo almorzo.

Os cativos/as de Infantil, tamén realizaron esa mesma mañá unha saída pola contorna. O seu destino foi o porto de San Vicente. Aquí tedes unha pequena mostra do seu percorrido.

O venres 6 de maio, os nenos/as de 1.º e 2.º de Primaria visitaron o monumento adicado aos voluntarios do Prestige, situado en San Vicente, facendo varias paradas ao longo do paseo marítimo e das praias da zona.

SEN DÚBIDA, TRES XORNADAS FANTÁSTICAS!!!

 

CONCERTO: CÉ ORQUESTRA PANTASMA "A VOAR!"

Mércores 16 de marzo de 2022

A VOAR!

Hoxe tivemos a visita de Cé Orquestra Pantasma. O seu concerto "A Voar!" conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que fará cambiar a súa vida, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos capaces de mellorar.

A Voar! pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre. Así pois, nenos e nenas… a voar!

Premede na seguinte imaxe para acceder aos vídeos!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut