Skip to Content

Outras actividades

VIDEOCONFERENCIA BUQUE HESPÉRIDES

Xoves 11 de maio de 2023

Despois de varios intentos, hoxe tivemos a posibilidade de conectar por videochamada coa tripulación do Buque de Investigación Oceanográfica (BIO) Hespérides, un buque de investigación con base en Cartagena (Murcia) que actualmente se encontra rematando A CAMPAÑA ANTÁRTICA(Antártida e Montevideo).

Grazas a esta actividade coñecemos un poco da historia do buque, as campañas, a tripulación, a vida a bordo e nas misións en terra fime, a fauna e flora neses lugares... Ao rematar tivemos a oportunidade de facer preguntas. Sen  dúbida, foi moi intersante!

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da xornada. Clicade na imaxe.

Premendo nas seguintes fotografías podedes coñecer un pouco máis da súa historia.

ODS relacionados:

n.º 13: "Acción polo clima"

n.º 14: "Vida submarina"

n.º 15: "Vida de ecosistemas terrestres"

n.º 4: "Educación de calidade"

 

SAÍDA AO MUSEO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Martes 9 de maio de 2023

Os máis cativos/as do cole puxeron rumbo a Pontevedra para facer unha visita ao Museo, onde traballaron a educación socioemocional a través do conto "A BRUXA DAS CORES".

Premede aquí para acceder á nova completa que está subida no blog da biblioteca.

 

I EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍA DIXITAL: FOTOS

Mércores 3 de maio de 2023

"UN PLANETA MARABILLOSO!"

Este ano, desde o Equipo TIC organizamos a I Exposición de Fotografía Dixital, relacionada cos ODS:

Grazas á colaboración das familias, conseguimos realizar unha exposicicón moi bonita nas que a natureza é a absoluta protagonista.

Aquí vos deixamos as fotos e lemas recibidos.

           Candela 1.º EP:                            Luca 1.º EP:                                      Luca 1.º EP:

   "Respecta o seu hábitat"    "Aportando o meu gran de area"        "Nubes de algodón especiais"

            Mauro 4.º EP:                              Mauro 4.º EP:                          Noel 4.º EI:

    "Coidemos a natureza"             "Disfruta da natureza"        "Cultivando comida riquiña,

                                                                                                      teño farta a miña barriguiña"

             Noel 4.º EI:                                Nora 5.º EI:                             Nora 5.º EI:

    "Vendo os peixes nadar      "¡¡Temos que coidar o planeta!!"   "¡¡Respecta a natureza!!"

prodúceme moita tranquilidad"

 

 

      (foto en breve)                               (foto en breve)                        

 

         Unai 4.º EP:                                   Unai 4.º EP:

"O formigueiro en acción."             "O traballo das abellas"

 

ATA A PRÓXIMA EDICIÓN!

 

OBRADOIRO "CULLER DE PAU" (E.I., 1.º, 2.º e 3.º EP)

Luns 8 de maio de 2023
 
Hoxe o alumnado de Ed. Infantil, 1.º, 2.º e 3.º de Primaria tivo a sorte de recibir no centro a Javier Olleros e ao seu compañeiro Álex, chef e encargado da horta en Culler de Pau, un restaurante que atopamos moi preto do noso colexio e que conta con dúas Estrelas MICHELIN. 
 
Clicade na imaxe para ver máis fotos e un vídeo!

Ao longo da xornada, explicáronnos como cultivan moitos dos produtos cos que cociñan, a importancia da horta e como debemos achegar aos máis pequenos ao mundo da cociña dunha forma sustentable, co cariño e respecto necesario que ambos nos transmitiron.

 
Ademais, puidemos probar a súa receita de algas crocantes con salsa de cabaza e po de repolo. Estaban riquísimas!
 
Tamén contamos coa presenza da TVG, que nos gravou para saír en directo e no telexornal! Todo un luxo! Aquí vos deixamos o enlace da nova para que poidades vela: 
 
Moitas grazas a JAVIER e a ÁLEX por transmitirnos
 
dunha forma tan bonita a amor pola cociña e polo
 
aproveitamento dos recursos que nos rodean!
 
Foi unha experiencia fantástica!
 

SAÍDA Á LAGOA DA BODEIRA

Venres 28 de abril de 2023

Seguimos a aproveitar os recursos que nos ofrece a nosa contorna como ferrramenta de aprendizaxe.

Esta mañá, divididos en dous grupos, os alumnos/as de 1.º a 6.º de Primaria, realizaron unha saída á lagoa da Bodeira, unha lagoa de auga doce situada a poucos metros do mar, xunto á praia da Mellixoeira. Trátase da única lagoa litoral das Rías Baixas.

Nela puidemos ver varias especies de animais e plantas, que podedes ver nun vídeo.

Premede aquí para acceder.

A media mañá, aproveitamos para merendar e, ao rematar, fixemos unha parada na praia da Mexilloeira a xogar un pouco.

Sen dúbida unha xornada fantástica!!! Repetiremos!!!

 

TEATRO "CARTOÓNS"

Mércores 26 de abril de 2023

Na xornada de hoxe, todo o alumnado de Educación Primaria asistiu ao auditorio de O Grove para ver a obra de teatro titulada "CARTOÓNS", un espectáculo familiar creado e protagonizado por Víctor Mosqueira e Josito Porto.

Os protagonistas son dous pallasos que viven entre cartóns e con creatividade conseguen facer do lixo o seu modo de vida, converténdoo nun luxo.

Os temas principais son a reciclaxe, a ecoloxía, a solidariedade e a amizade. Como vedes están moi relacionados co noso proxecto do centro ODS.

Gustounos moito!

 

I EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍA DIXITAL: BASES

Venres 21 de abril de 2023

Desde o Equipo TIC invitamos ás familias do noso alumnado a participar na "I EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DIXITAL", que este ano leva por título

 

"UN PLANETA MARABILLOSO!"

 

Bases:

  • Cada neno/a poderá enviar un máximo de 2 fotografías ao correo electrónico do centro ceip.asbizocas@edu.xunta.gal
  • No asunto do email debe figurar: "Exposición de fotografía + nome do alumno/a + curso"
  • A data límite para enviar as fotografías é o mércores 3 de maio.
  • As fotos deben ser de creación propia, non descargadas de Internet.
  • Teñen que ir acompañadas dun lema, título ou breve texto en galego, que pode ir directamente na fotografía ou escrito no email.
  • Deben estar relacionados cos obxectivos ODS:

O alumnado de 6.º de Primaria foi o encargado de elaborar o cartel e as bases. Moi bo traballo!

**Poden ver, descargar ou imprimir os documentos nos ficheiros adxuntos.

 

SAÍDA AO TEATRO DE EDUCACIÓN INFANTIL: "FEO!"

Martes 18 de abril de 2023

O alumnado de Educación Infantil viviu unha xornada moi especial, xa que saíron de excursión para ver unha obra de teatro no auditorio Afundación de Pontevedra.

A obra que viron, titulada "FEO!", é un espectáculo de pequeno formato inspirado en "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen. Tratou sobre unha pequena fábrica de parrulos de goma de “Il Papero Guiallo” que produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...

Foi moi divertida! 

Pinchade na imaxe para ver máis!

 

REMATE DO 2.º TRIMESTRE

Venres 31 de marzo de 2023

Como despedida do trimestre organizamos unha busca de ovos!! Cada ciclo tivo que atopar os 17 ovos ODS escondidos por todo o cole seguindo as diferentes pistas que o Sabichón foi deixando por distintos recunchos. Así, pouco a pouco encontraron todos os ovos e completaron o mural dos 17 ODS!!

Todo un reto no que o pasamos xenial e lembramos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que estamos a traballar no noso PDI. 

Pinchade na foto para ver máis!

 

2.ª SESIÓN OBRADOIRO AFECTIVO SEXUAL

Venres 24 de marzo de 2023
 
Os nenos/as de 3.º a 6.º de Primaria recibiron novamente a Noelia e Lucía para darlles unhas charlas moi interesantes e necesarias sobre educación afectivo sexual.
Seguimos formándonos e agardamos velas pronto na 3.ª sesión!! 
 
Pinchade na foto para ver máis.
ODS RELACIONADOS:
 
n.º 3 "Saúde e benestar"
n.º 4 "Educación de calidade"
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut