Skip to Content

ACTIVIDADE "LA MAR DE LIMPIO"

Luns 7 de marzo de 2022

O alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou na actividade "La Mar de Limpio", unha campaña de Educación Ambiental que ten como obxectivo sensibilizar ás persoas sobre a importancia de coidar e protexer o noso litoral e o noso mar, fronte ás diferentes ameazas e problemáticas que sofre:

  • Residuos que flotan no mar e que se depositan nas praias.
  • Vertidos ilegais.
  • A sobrepesca.
  • Especies invasoras...

A través de actividades lúdico-educativas, os nenos/as coñeceron “in situ” as diferentes situacións que xera a actividade humana e que son prexudicias para o medio ambiente.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.

 



page | by Dr. Radut