CURSO 2ºA 2ºB

NOVEMBRO - MES DA CIENCIA EN GALEGO

Nestas datas, estamos a celebrar na escola o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Con tal motivo, visitamos o LABORATORIO para facer unha experiencia sobre OS SENTIDOS, un tema que ademais formaba parte no noso proxecto de ciencias "COIDÁMONOS E COIDAMOS". 

 

Nas seguintes fotos podedes observar o ben que o pasaron experiementando!

 

Por outra banda, recibimos a visita de Cris, exalumna do centro e alumna de prácticas 1º curso de primaria. Cris, antes de estudar para mestra realizou estudos de  hixiene bucodental, e veunos contar cómo debemos coidar os nosos dentes, falounos das enfermidades ocasionadas por unha mala hixiene e lembrounos da importancia de acudir ao DENTISTA, cando menos, unha vez ao ano.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe, 25 de novembro, é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Celebrámolo nas aulas de 2º con lecturas de contos relacionados, visionado de historias como PEPUCA e decoración de axendas. Pero a actividade coa que mellor o pasamos foi creando un lazo xigante no que plasmamos as nosas mans como símbolo para que pare a violencia de xénero e que despois colgamos na entrada da escola para que non o esquezamos!

Deixámosvos algunha imaxe.

CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Hoxe día 22 de novembro o alumnado de 2º A tivo unha hora de ler moi especial xa que  Paula, Martín, Martina, Violeta e Blanca, todos alumnos e alumnas de 6ºA e membros do equipo da biblioteca do centro, contaronlle o conto das FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS de Victoria García no patio da escola. Os contacontos fixéronno moi ben, mesmo viñan vestidos para a ocasión e, os nenos e nenas de 2º estiveron moi atentos. Se premedes na imaxe podedes ver o contacontos.

 

OBRADOIRO COAS TANXUGUEIRAS

Hoxe, 22 de novembro celebramos o día da música. Aproveitando esta data, o venres tivemos o inmenso placer de recibir na nosa escola ás TANXUGUEIRAS para levar a cabo un obradoiro de música tradicional no que aprendemos moitas cousas.

Comezaron explicándonos que é unha pandeireta, a diferenza con outros instrumentos semellantes como a pandeira e o pandeiro... Explicáronnos a forma de tocala e incluso practicamos ritmos sinxelos con frases como ANA COME PAN, PLÁTANO, EU SON DE MARÍN... E así recoñecer os distintos tipos de cancións galegas: RUMBA, XOTA, MUIÑEIRA... Tamén debuxamos unha pandeireta para elas! Finalmente cantáronnos unhas cantigas nas que tiñamos que adiviñar o ritmo que tocaban. Quedamos abraiados coas súas voces!!!

Resultou unha experiencia moi bonita e agradecémoslle ao pai de Alba que nos facilitara esta visita.

Moita sorte nos vosos proxectos, Tanxugueiras, e grazas por compartir con nós a vosa cultura musical!

Se queredes escoitalas un chisco, premede nesta imaxe que enlaza cun VÍDEO.

20 DE NOVEMBRO - DÍA DOS DEREITOS DXS NENXS

O 20 de novembro celébrase o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA.

Con tal motivo, e aproveitando a temática do noso proxecto de

ciencias "COIDÁMONOS E COIDAMOS", o alumnado elaborou

cadanseu libro de dereitos.

 

Primeiro tiveron que seleccionar e recortar os dereitos correctos, xa

que había algúns "trampa", e despois pegáronos en folios

de distintas cores. Finalmente compilamos todo e engadimos unha

bonita portada.

 

Agardamos que vos guste o resultado!

 

 

Por último, dende VALORES, construimos entre tdoxs o TREN DOS DEREITOS DA INFANCIA.

ALIMENTÁMONOS BEN POLO MAGOSTO!

Durante esta semana o alumnado de 2º realizou múltiples actividades relacionadas coa alimentación, a principal delas foi o MAGOSTO que puido celebrarse con xogos tradicionais no patio da escola acompañados de moi bo tempo. Ademais participaron en dous obradoiros:

- Fai clic ao teu bocata.

- Ti si que es un bo peixe!

Neles aprenderon moito sobre peixes, as propiedades que nos aportan e incluso sobre artes de pesca.

Se premedes na imaxe, poderedes ver un vídeo con todas estas actividades. Aliméntate ben!

24 DE OUTUBRO - ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

O pasado 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares, que ao mesmo tempo é o día do aniversario da nosa mascota de biblio: O POLBIÑO PAPIRUS! Por este motivo, elaboramos uns marcapáxinas personalizados, onde incluimos agasallos e felicitacións para el.

PARABÉNS PAPIRUS!!!

 

 

SAMAÍN

Esta semana estivemos celebrando o SAMAÍN no noso centro. O alumnado foi traendo as cabazas que personalizaron coa axuda das familias. A temática deste curso é o aniversario da escola "50 ANOS MEDRANDO XUNTOS". Non era nada fácil, pero fixérono xenial! Podedes ver o resultado nestas terroríficas fotografías.

 

  

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado 18 de outubro celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS, e fixémolo a través dunhas actividades dende a biblioteca xurdidas a partir dunha exposición de libros escritos por diversas autoras. O obxectivo é ser consciente da cantidade de libros que coñecemos e foron escritos por mulleres.

Botade un ollo a algunhas destas tarefas realizadas polo alumnado de 2º!

Aos nenos e nenas de 2º A gustoulles moito o traballo das escritoras que fixeron na biblioteca, realizaron uns debuxos moi bonitos que colocamos na cortiza da entrada a clase. podedes ver aquí unha foto.

ERUPCIÓN VOLCÁNICA!

Despois da erupción do volcán CUMBRE VIEJA da illa da Palma, o alumnado de 2ºC estivemos traballando sobre o tema na aula. Unha vez coñecimos as partes dun volcán, construimos a nosa propia MAQUETA, e finalmente fixemos unha ERUPCIÓN VOLCÁNICA mesturando bicarbonato, colorante e vinagre.

Agardamos que vos guste!

 

Na clase de 2º A tamén creamos a maqueta do volcán de Cumbre Vieja e intentamos reproducir a Paisaxe da illa de La Palma para logo experimentar a explosión do volcán cos ingredientes mencionados. Se premedes na seguinte imaxe podedes observar a emoción do alumnado.

O alumnado de 2ºB tamén construiu un volcán e para iso empregou un molde e escaiola. Despois decorárono con témperas e plastilina ata que conseguiron facer unha illa. Finalmente fixérono estoupar cos mesmos ingredientes que os outros cursos. Aínda que a erupción non foi moi grande, valeunos para aprender máis sobre os volcáns. Premede na imaxe para ver todo o proceso!

 

 

Distribuir contido