CURSO 2ºA 2ºB

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA... AO FIC!

Hoxe tivemos a primeira saída da nosa etapa en Primaria, e foi a un lugar moi especial para nós... Ao FIC Bueu!

Esta actividade encantounos, pois proxectaron unhas curtametraxes moi ben feitas que nos fixeron sentir emocións como alegría, lástima, morriña, amor, amizade... e unha boa dose de risas!!!

Portámonos súper ben, e ao chegar ao cole votamos cal foi a nosa curta favorita.

- En 1ºA saiu elixida URSA - A CANCIÓN DAS LUCES DO NORTE, que trataba dun osiño polar que buscaba a súa nai.

- En 1ºB elixiron BIG BOX, unha curta onde un carteiro transportaba unha caixa xigante.

Ademais, fixémonos unhas fotos no photocall. Mirade que guapos saímos!

BENVIDA A 1º DE PRIMARIA

Estimadas familias!

Deixamos aquí a presentación coa información que demos na 1º reunión deste curso. Se desexades aclarar calquera cousa non dubidedes en preguntar. Benvidos a todos e todas!

Premede na imaxe para ver a presentación.

 

CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA AO AIRE LIBRE

Neste mes de xuño todo o alumnado de 2º acompañado dos seus mestres/as realizamos diferentes actividades na natureza, para coñecer e gozar da nosa contorna.

- O venres 17 de xuño fomos de roteiro pola senda do río Bispo, chegando ata o lavadoiro da Portela onde tomamos folgos para continuar a nosa andaina pola beira do río. Era un día soleado e fresco,  onde poidemos desfrutar da paisaxe, coñecendo o nome dalgunhas árbores, plantas e flores; ademais no lavadoiro da Portela descubrimos o uso que antigamente se lle daba.

 

- O derradeiro día deste curso tivemos unha xornada moi especial, FOMOS Á PRAIA DA BANDA DO RÍO!!!

Alí desfrutamos na area realizando numerosos xogos e facendo diversas construcións con area, pedras e cunchas.Premede na imaxe.

 

FIN DE CURSO!

Despois de tantas actividades... por fin chega o fin de curso. Para celebralo, a ANPA da escola organizou unha FESTA DE DESPEDIDA para todo o alumnado.

Comezamos con algúns xogos de animación: bailamos, cantamos, berramos... E cando xa estabamos animados, repartímonos por grupos para xogar nos inchables, no toro mecánico, nos xogos cooperativos... e ata puidemos maquillarnos. 

Rematamos a mañá cunha HOLY PARTY, onde nos divertimos manchándonos con pintura de tódalas cores posibles! Aquí podedes ver o ben que o pasamos. PREMEDE NA IMAXE.

 

Ademais, o día anterior, algunhas nenas amosáronnos un BAILE que levaban moito tempo preparando. Aquí podedes ver o ben que o fixeron. PREMEDE NA IMAXE.

Con isto, o alumnado de 2º deséxavos a todos e todas un FELIZ VERÁN!

 

 

ANTIGAS ALUMNAS CIENTÍFICAS

Como sabedes, este ano celebramos o noso 50 aniversario. Con tal motivo, estivemos todo o curso recibindo visitas de antigxs alumnxs e mestrxs.

Neste caso, visitáronnos unhas rapazas que estiveron na clase das profes Rosa e Marta algúns anos atrás, acompañadas do seu profe, para ensinarnos un montón de cousas sobre CIENCIA, xa que elas ahora están a formarse para ser grandes CIENTÍFICAS.

Primeiro coñecemos quen foi a primeira muller en viaxar á lúa: VALENTINA TERESHKOVA, e xa que estábamos a falar de foguetes, saímos ao patio para facer despegar os nosos foguetes caseiros.

 

ALUMNADO DE INFANTIL CO OSO ATRAPABOLBORETAS!

Remata o curso e chegan algún cambios… O alumnado de 5 anos de infantil faise maior, e o ano que ven xa estará no cole dos maiores. Por este motivo, levamos a cabo unha actividade para que coñeceran a escola e ás súas futuras mestras.

 

Para isto, contaron coa axuda dos seus “padriños e madriñas”, que foron os nenos e nenas de 2º. Primeiro fixéronlles un agasallo: un debuxo recomendAndo o seu libro favorito, e despois ensináronlles o traballo que fixemos durante o terceiro trimestre… a curtametraxe de stop motion OSO ATRAPABOLBORETAS!

 

 

A continuación podedes ver o vídeo da curta e tamén o resumo de como fixemos este traballo entre os tres grupos de 2º. Agardamos que vos guste!

                                              

HISTORIA DAS ESCOLAS DE BUEU

O día 8 de xuño visitounos o profe Arturo, un mestre que coñece moi ben a nosa escola pois nela ensinou a moitas xeracións de rapaces e rapazas de Bueu, para contarnos moitas cosas da escolas que había en Bueu antes de que fixeran o noso cole.

Reunímonos os tres grupos de 2º na aula polivalente e durante unha hora escoitamos con atención as historias, curiosidades e anécdotas que o Profe Arturo compartiu con todos nós, acompañando o seu relato con imaxes e fotos.

Contounos que había moitas escoliñas pequenas repartidas por Beluso, Cela e Bueu, que non tiñan cuarto de baño, nin calefacción, nin sequera libros, nin cousiñas para xogar... Había escolas de nenos e de nenas, mesmo aprendían cousas diferentes e o peor era que moitos nenos e nenas non podían ir a escola porque tiñan que traballar, pois os seus pais non eran ricos.

Tamén nos ensinou algún libro (enciclopedia Álvarez) e materiais como a pizarra e o pizarrín, a pluma e a tinta... Todo moi interesante!

Outra cousa que dixo Arturo foi que a sorte dos nenos e nenas de Bueu empezou a cambiar fai 50 anos condo se construíu e empezou a funcionar o colexio A Pedra pois todos os nenos e nenas de Bueu podían aprender,xogar e medrar xuntos.

Para terminar, invitounos a que gozaramos desta escola chea de recursos e espazos de saberes como o BIBLIOCASTELO

 

GRAZAS PROFE ARTURO, VEN A TÚA ESCOLA 

SEMPRE QUE QUEIRAS!

 

OBRADOIROS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN VIAL

Nestas últimas semanas de curso levamos a cabo moitas actividades... Entre elas, dous obradoiros de IGUALDADE e EDUCACIÓN VIAL.

Comezamos a mañá aprendendo A CIENCIA DO TRABALLO DOMÉSTICO. Primeiro falamos sobre que todos e todas temos que colaborar nas tarefas do fogar, e despois vimos que calquer persoa pode ser científico/a: cando estamos cociñando, limpando... a ciencia está por todas partes!

   

Por último, puxemos en práctica o que aprendimos facendo algúns experimentos coma os que podedes ver nas fotografías.

  

Por outra banda, percorrimos un circuito de EDUCACIÓN VIAL. Despois de estar todo o trimestre traballando as normas e sinais de tráfico, fomos quen realizalo cos nosos patíns.

 

Así de cansos acabamos!

 

14 de xuño: DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS

xe na escola conmemoramos o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS.

A intérprete de signos Rosa Louro, coordinou a gravación dun vídeo no que participa todo o colexio A Pedra: Primaria e Infantil.

Se queredes ver o vídeo, premede nesta imaxe.

Encántanos a lingua de signos!

Neste día, en representación de todo o colexio, o alumnado de 2º A acompañados das profes asistimos a entrega de premios "Xogando coas manciñas" en Pontevedra. O mellor foi que conseguimos o 1º premio na categoria de centros co vídeo da canción signada "50 aniversario" 

 

DÍAS DE CLASE

Durante este curso no que estamos de aniversario no colexio, aproveitamos para ler un libro de Daniel Nesquens escrito en lingua castelá chamado DÍAS DE CLASE. Neste libro, o alumnado dunha aula de primaria conta anécdotas, historias divertidas á vez que realiza descrición de cada un deles. 

Ao alumnado da nosa escola gustoulle este libro que lle fixo sorprenderse, rir, e pasar ratos divertidos á vez que aprenderon a narrar as súas anécdotas e descricións.

Para rematar debuxaron as portadas dos libros ao seu xeito. Quedáronlle moi chulas!

Despois de ler o libro, recibimos a visita dos exmestres e mestras: Elena, Mabel e Ginés. Podedes atopar máis información premendo neste ENLACE.

Distribuir contido