Con data 4 de novembro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos vén de publicar a Convocatoria pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que acollan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial. A data final para a presentación de solicitudes é o 23 de novembro.
Fomento da lectura
Convocatoria de clubs de lectura en centros de ensino secundario
Biblioteca escolar, espazo de lecturas
"Lectura de todo tipo de texto, en todo tipo de soporte, con todo tipo de finalidades", velaí de que falamos cando falamos de lectura nestes momentos. A biblioteca escolar, espazo de lecturas: de lecturas literarias, de lecturas poéticas, dramátizadas, en compañía, en silencio, en voz alta; lecturas de imaxe, lecturas de gráficos, mapas, cadros, ilustracións, lectura da banda deseñada, o cine; lecturas informativas: o xornal, a revista divulgativa, a enciclopedia, a monografía que amplía e profundiza, o diccionario; lecturas para contrastar, para ampliar... lectura en pantalla, lectura en papel... lecturaS.
Celebramos o mes da biblioteca escolar, o día da biblioteca, en compañía de Miguelanxo Prado. Edítase así un novo cartel para a visibilización da biblioteca escolar e para lembrar as súas potencialidades á hora de integrar saberes, soportes e actividades destinadas á mellora das competencias básicas do alumnado.
Itinerarios lectores no IES de Catabois (Ferrol)
O profesorado responsable das bibliotecas escolares descansa daquela maneira... Chéganos noticia desde o IES de Catabois, en Ferrol, sobre o seu Proxecto Lector de Centro. O blogue da biblioteca enlaza a outros blogues dos diferentes departamentos, nos que se recollen pautas para o tratamento da lectura e o desenvolvemento do Proxecto Lector na área correspondente, así como os itinerarios lectores, ou libros especialmente recomendados por cada un destes departamentos.
Emisións en diferido Xornada Clubs lectura 2009
Da. Mireia Manresa Potrony
Universidade Autónoma de Barcelona
Ver video. 1ª parte (54 min)
Rosa Aneiros.
Escritora. Consello da Cultura Galega
Ver video (81 minutos)
Mesa de experiencias:
Da. Mercedes Sánchez Solano. (IES A Sardiñeira. A Coruña)
Da. Gracia Santorum. (Trafegando Ronseis. IES Pintor Colmeiro. Lalín)
D. Jesús Ángel García Cortázar. (IES de Foz)
Da. Almudena Platero López de Turiso. (As catro esquinas. IES Ferro Couselo. Ourense)
Ver videos: 1ª parte (24 mintos) - 2ª parte (48 minutos)
Da. Mercedes Caballud
Da. Carmen Carramiñana
“Leer juntos”. Ballobar (Huesca)
Ver video: 1ª parte (18 minutos) - 2ª parte (40 minutos) - 3ª parte (15 minutos)
Xornada dos clubs de lectura-2009
Celebrouse como estaba previsto o pasado día 5, en Santiago de Compostela, a XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA - 2009, coa participación das profesoras e profesores que coordinan os clubs de lectura que están a funcionar nos centros de ensino secundario de Galicia. Esta actividade puídose seguir en directo a través desta páxina. Estarán dispoñibles os distintos relatorios no enlace seguinte (en canto se resolvan algúns contratempos de carácter técnico que se nos presentaron):
Clubs de lectura 08/09. Xustificación de gastos e memoria de actividades
Lémbrase aos centros que recibiron asignacións específicas para o funcionamento de clubs de lectura durante o curso 2008/2009, en función da Orde de Resolución de 30 de decembro de 2008, que o prazo límite para a presentación da xustificación de gastos e a memoria de actividades desenvolvidas durante o curso, remata o 10 de xullo de 2009.
Xornada dos Clubs de Lectura - 2009
O vindeiro 5 de xuño está prevista a realización da Xornada dos Clubs de Lectura, en Santiago de Compostela. Asistirá o profesorado que coordina clubs de lectura en institutos e outros centros de réxime especial e que foron seleccionados na convocatoria de clubs de lectura para o curso 2008/2009, da (daquela) Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Máis información, en Ler en man común, blogue dos clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia.
Día das Matemáticas e lecturas
O 12 de maio celébrase o Día das Matemáticas. Desde a Biblioteca do IES Auga la Laxe, achégannos unha interesante selección de títulos relacionados con esta materia.
A páxina da FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas) inclúe, entre outros recursos, varias actividades específicas para este día, que son todos os do ano; entre elas, unha conferencia sobre a cidade e as matemáticas do profesor Jose María Sorando.
Libros sobre libros
A responsable da biblioteca escolar do IES de Ames informa dunha exposición realizada no centro co gallo da celebración do Día do Libro. Acompaña a esta exposición unha guía de lectura: Libros sobre libros.
Por outra parte, no blogue do IES Fernando Esquío, de Neda, hai acceso a unha interesante exposición sobre a Historia do Libro, que tamén se pode visitar nestes días. Aquí, unhas fotografías da exposición que, con absoluta xenerosidade, a biblioteca oferta en préstamo a outros centros a través do seu blogue.
Noraboa aos equipos de ámbolos dous centros polas súas iniciativas.
@s rapaces como mediadores de lectura: as mochilas viaxeiras
Seguen as mochilas viaxeiras a súa andaina, da escola á casa, da casa á escola.... levando libros, revistas, vídeos ou discos para disfrute da familia, co fin de propiciar momentos de lectura compartida. Os resultados están a ser excelentes, segundo conta o profesorado que as pon en marcha. Pódese apreciar tamén nas caras dos rapaces e rapazas... e para exemplo, dúas entradas nos seus respectivos blogues:
Lémbrase que os centros que o desexen poden solicitar máis mochilas no enderezo electrónico da Asesoría de bibliotecas escolares, xustificando a súa petición brevemente.
Día Mundial do Libro - 2009
Andan xa a ferver as bibliotecas escolares con actividades arredor do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, data apoiada pola UNESCO e que serve para dar visibilidade aos libros e á lectura.
Gloria Sánchez, poeta e ensinante, fíxonos un agasallo-poema para as Bibliotecas Escolares de Galicia, coa fin de conmemorar este día. Aproveitamos para lembrar tamén ao poeta Ramiro Fonte, a través duns versos seus sobre o libro. Reunimos a estes dous poetas galegos neste Versos a moreas... que sempre é tempo para a lírica, e ás veces, resulta imprescindible.
Premios Irmandade do Libro 2009
A Federación de Libreiros de Galicia fixo entrega, na noite do sábado 28 de marzo, dos premios Irmandade do Libro 2009, destinados a poñer en valor o libro galego e recoñecer a persoas e institucións que traballan pola difusión do libro e a lectura. Resultaron galardonados, no apartado de centros de ensino, tres centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares. Recibiu o primeiro premio o IES Eduardo Blanco Amor, de Ourense, e resultaron finalistas o CEIP San Martiño , de Pontevedra, e o CEIP Quintela, de Moaña. Noraboa aos tres centros e ás súas comunidades educativas, moi especialmente ao profesorado que traballa incansablemente por facer da biblioteca escolar un espazo de convivencia e aprendizaxe, un espazo educativo e cidadán de primeiro orde.
2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil
Un ano máis chéganos o cartel conmemorativo do Día Internacional do Libro Infantil que, por encargo do IBBY, vai percorrendo o panorama da ilustración dos diversos países nos que está presente esta organización, a través das súas seccións. OEPLI, a nivel estatal e GALIX a nivel de Galicia, difunden a MENSAXE e a IMAXE para este día, imaxe e texto que nesta ocasión veñen de Exipto, da man do ilustrador Hani D. El-Masri.
Como xa é coñecido, a elección do día 2 de abril pretende lembrar a figura de Hans Christian Andersen coincidindo coa efeméride do seu nacemento, e difundir a mellor literatura infantil e xuvenil que se pode poñer ao alcance dos novos lectores.
Itinerarios lectores no IES de Fene
Coa colaboración do equipo docente, a Biblioteca escolar do IES de Fene, no contexto do desenvolvemento do proxecto lector de centro e do seu amplo programa de actuacións, está a publicar uns "itinerarios lectores", seleccións de títulos por materias, de coidada factura e gran interese. Están dispoñibles na Rede, a través do blog desta biblioteca escolar, O Segrel do Penedo, na sección "documentos a compartir".
Sobre avaliación da lectura
Achéganse uns apuntamentos sobre a avaliación da lectura no contexto educativo: qué se pode avaliar, que instrumentos se poden empregar, que prácticas poden axudar a coñecer o alcance das lecturas feitas polo alumnado...
Repertorio de lecturas para o Proxecto Lector
Unha proposta dos posibles tipos de documentos a ter en conta á hora de deseñar proxectos lectores e recursos para o seu desenvolvemento. Serían os documentos necesarios para garantir que nunha sección de aula, ou nunha biblioteca de aula, ou para un grupo de nivel, houbese suficiente variedade de recursos.
Resolución da convocatoria de Clubs de Lectura 08/09
O 30 de decembro de 2008 foi publicada no Portal Educativo a orde de resolución da convocatoria de CLUBS DE LECTURA en centros de ensino secundario públicos galegos, para o curso 2008/2009. En total, reciben asignación 148 clubs de lectura.
Pódese acceder aos blogues dalgúns destes clubs, así como ao "banco" de libros, ou espazo para o intercambio de lotes entre os diferentes centros, nos seguintes enderezos:
Lecturas recomendadas para o Nadal
Chega decembro e nas bibliotecas escolares continúan a ser fonte na que beber para quen ten gana de ler e sede de coñecemento. Estannos a chegar as novas recomendacións de lectura para este tempo de inverno, guías para unha lectura de calidade. Agradecemos o traballo dos equipos das bibliotecas que poñen as súas estudadas seleccións ao servizo de tod@s, e felicitamos por este traballo que favorece a formación do alumnado como lectores e lectoras e, ao tempo, facilita a implicación das familias no labor de difusión do hábito da lectura. Velaquí algúns exemplos:
Clubs de lectura no telediario da Primeira....
Seica o fenómeno dos clubs de lectura nos institutos galegos está a chamar a atención en Madrid. O luns 8 de outubro, no telediario da primeira, falouse de libros, de rapaces que len, de clubs de lectura, de bibliotecas escolares... púxoselle imaxe e voz a un feito incontestable: a existencia de mozas e mozos que disfrutan lendo, de profesionais que non escatiman esforzos porque cren no que fan, de pais e nais que se reunen para falar de libros na biblioteca escolar na que tamén disfrutan os seus fillos e fillas.
O club de lectura Balbordo representaba, nesta ocasión, a todos os clubs de lectura que nestes momentos están a funcionar nos institutos galegos. Parabéns a todos e todas!!
Materiais dos II Encontros de bibliotecas escolares de Galicia
No mes de outubro de 2008 tiveron lugar en Santiago de Compostela os II Encontros de bibliotecas escolares de Galicia, baixo o lema BIBLIOTECAS PARA LER E APRENDER. O groso do programa estaba adicado á presentación de experiencias de centros educativos arredor de tres temas fundamentais: os proxectos lectores de centro, a educación documental e a integración dos recursos da biblioteca no desenvolvemento do currículo. Nos seguintes enderezos pódese ter acceso aos materiais presentados nas diversas comunicacións, así como outras informacións de interese relacionadas co contido dos encontros.
Nova convocatoria en apoio a clubs de lectura
O venres 31 de outubro vén de ser publicada no Portal Educativo a convocatoria pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros que matriculan alumnado de ensino secundario, formación profesional ou ensinanzas de réxiime especial, para o curso 2008/2009.
O prazo de presentación de proxectos remata o 18 de novembro.
Guías de lectura - Verán 2008
Comezan a chegarnos as guías de lectura elaboradas polos centros para recmendar lecturas de cara ao verán.
- CEIP Quintela de Moaña. Lecturas Infantil-2008
- CEIP Quintela de Moaña. Lecturas Primaria-2008
- CEIP Mestres Goldar. Vigo: Lecturas frescas
- CEIP Os Casais. Fene. Recomendacións para o verán
- CEIP Wenceslao Fernández Flórez. A Coruña: Guía lecturas Infantil
- CEIP Wenceslao Fernández Flórez. A Coruña: Guía lecturas Primaria
- CEIP Milladoiro, de Malpica: Lectura para o verán 2008
- IES Fernando Blanco. Cee: Guía de lecturas-Bacharelato
- IES Fernando Blanco. Cee: guía de lecturas-ESO
- IES Pedra da Aguia, Ponte do Port-Camariñas:Verán 2008
Xornada dos Clubs de Lectura
O vindeiro 25 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela unha Xornada de Clubs de Lectura, destinada ao profesorado coordinador dos clubs de lectura creados en centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, durante o curso 2007/2008, e que foran seleccionados segundo a convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para incentivar este tipo de actividades. En total, neste curso, recibiron apoio da consellería un total de 104 clubs de lectura, nalgúns casos con varios grupos en funcionamento, mesmo con participación, tamén nalgúns casos, dos distintos sectores da comunidade educativa. Nesta xornada poderanse coñecer varias destas experiencias, ademais de contar coa presenza de dúas persoas de referencia no ámbito dos clubs de lectura: a directora da Biblioteca Pública de Guadalajara, Blanca Calvo, e o escritor e narrador Pep Bruno.
Literatura na rúa!!
![]() |
![]() |
Para celebrar o Día do Libro o alumnado de Literatura Galega do século XX (2º BAC) deixou a aula e saíu ás rúas de Pontevedra agora con pouco tránstito e acolledoras. Cada alumno/a foi lendo un texto de homenaxe a autores que contan cunha estatua, busto ou placa nas rúas pontevedresas. Castelao, Bóveda, Valle Inclán, Paz Andrade... deixáronse acompañar uns momentos polos mozos e mozas do IES Sánchez Cantón. (Charo Sánchez-Gabriel, responsable da biblioteca) |
As bibliotecas escolares son lugares abertos, espazos de liberdade.... derruban fronteiras e bótanse á rúa, porque a lectura é vida. Velái aos rapaces e rapazas do IES Sánchez Cantón, no Día Internacional do Libro, levando a literatura polas rúas e prazas de Pontevedra, "animando" até as estatuas... |
E uns días antes, mozos e mozas do IES Alexandre Bóveda de Vigo fixeron a ruta literaria de Rosalía de Castro, tal e como contan no seu blogue: http://biblioboveda.blogspot.com/2008/04/ruta-literaria-de-rosala.html
- APIs de Blogue
Día Internacional do Libro nas bibliotecas escolares
Moitas son as actividades que ao longo deste mes se veñen celebrando, coma no resto do ano, nas bibliotecas escolares galegas. Algunhas destas propostas son as seguintes: