Máis informacións nos blogue da biblioteca
(ver entrada no blogue do centro)
Máis informacións nos blogue da biblioteca
(ver entrada no blogue do centro)
O Portal Educativo publica hoxe, 22 de maio, a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias en dúas das súas accións: Voluntariado de lectura-A (Primaria) e o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"
2. Selo "Biblioteca Escolar Solidaria": Concédese o Selo ao CRA MESTRA CLARA TORRES, de Tui (Pontevedra).
O Portal Educativo publica a relación de centros adscritos a dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", convocado con data 7 de novembro de 2016 segundo Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
|
Iniciativa |
Finalidade |
Características |
1 |
Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” |
Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. |
|
2 |
Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) |
Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.
Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. |
|
3 |
Voluntariado de lectura – A (Primaria) |
Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
|
O Portal Educativo publicaba o venres 29 de xaneiro a listaxe de centros adscritos a dúas das accións contempladas na convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2015/2016:
O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 10 de decembro de 2015, pola que se convoca o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2015/2016. Este programa, destinado a centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social) e inclúe varias accións:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria bota a andar unha nova iniciativa no ámbito das bibliotecas escolares (Plan LÍA), o denominado "Bibliotecas Escolares Solidarias", que acolle varias accións de voluntariado cultural relacionado coas bibliotecas e a lectura, tendo como referencia o papel da biblioteca como espazo de convivencia e de compensación de desigualdades.
O Portal Educativo publica hoxe, coincidindo co Día Internacional dos Voluntarios, a Resolución de 5 de decembro de 2014, da Dirección Xeal de Centros e Recursos Humanos, pola que se inicia este programa. Trátase dunha colaboración entre esta dirección xeral e a D. X. de Xuventude e Voluntariado (Consellería de TRaballo e Benestar). Os centros poden participar en diferentes iniciativas:
Inclúese neste programa a iniciativa posta en marcha en 2013/2014, Voluntariado de lectura-A. O prazo de presentación de solicitudes para participar, segundo Resolución de convocatoria do 24 de novembro de 2014, remata o vindeiro 15 de decembro.