Convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidaria" para o curso 2016/2017

Mar, 08/11/2016 - 12:21
Convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidaria" para o curso 2016/2017

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Resolución de 7 de novembro de 2016, publica a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2016/2017, no que poderán participar os centros públicos de nivel non universitario de titularidade desta consellería.

Esta iniciativa conta coa colaboración da D. X. de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Inclúense tres accións: Selo "Biblioteca Escolar Solidaria", Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) e Voluntariado de Lectura-A (Primaria) que se resumen no seguinte cadro:

 

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1

Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”

Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado culturalentre os integrantes da comunidade escolar. 

  •   Convocatoria anual.
  • Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2017.
  • Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar)

2

Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial.

  • As bibliotecas escolares deberánadherirse ao programa, no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 20/12/2016).
  • Remitir datos alumnado  (data límite:31/05/2017)

3

Voluntariado de lectura – A

(Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.

  • Inscrición con data límite 20/12/2016
  • Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite25/04/2017).
  • Seleccionaranse  un mínimo de 4 experiencias. Concreción en convocatoria complementaria (febreiro-marzo de 2017).