Gallego

O Planetario na escola

 

Astrosesiones infantís son un grupo de actividades enfocadas na lúa e o Sol e dirixidas á comunidade escolar con idades comprendidas entre os 4 e 8 anos.

As  actividades realízanse   como sempre de forma gratuíta en streaming e a través da canle en Youtube.

 

COMO RESERVAR?

As inscricións, gratuítas, realizaranse a través da ligazón que se indica  neste apartado.

O inicio de inscrición xa está aberto, finalizando o mesmo día no que terá lugar a actividade.

TEATRO SOL  

 27 de maio ás 10h

 https://www.eventbrite.es/e/registro-astrosesiones-teatro-infantil-ao-sol-que-mais-conta-152507830025

QUE SE NECESITA?

Para a conexión en streaming é necesario ter acceso a internet e para a súa visualización en clase un retroproyector e pantalla.

Gallego
El Planetario en la escuela

Tema: 

Planetario na Escola

Actividade online gratuíta dirixida á comunidade escolar a través da canle de Youtube do Planetario de Madrid. A duración da actividade será de 50 minutos aproximadamente. Nesta actividade farase unha viaxe polo noso Sistema Solar para coñecer os planetas, as súas características principais e algunhas das súas curiosidades. Farase un achegamento tamén aos Planetas ananos e outros corpos menores do Sistema Solar.

Dirixida a alumnos/as de de  3º a 6º de educación primaria, aínda que se poden inscribir todos aqueles que se consideren oportunos.

COMO RESERVAR?

· A reserva farase a través da seguinte ligazón https://www.eventbrite.es/e/registro-explorando-o-sistema-solar-155929849377

Unha vez inscritos enviarase  con tres  días de antelación a ligazón desde onde se poderán conectar á actividade.

  QUE SE NECESITA?

· Para a conexión en streaming é necesario ter acceso a internet.

· Proxector

CANDO? 

Xoves 3 de xuño ás 12.00 h

Gallego
Planetario en la Escuela

Tema: 

II ciclo de conferencias internacionais-Sinerxias positivas sobre altas capacidades e superdotación (COVID-19)

A Asociación ENOL para o estudo de Altas Capacidades e Superdotación  organiza:

II CICLO DE CONFERENCIAS INTERNACIONAIS - SINERXIAS POSITIVAS SOBRE ALTAS CAPACIDADES E SUPERDOTACIÓN-(COVID-19)

A temática será "Consecuencias da non identificación ou, no seu caso, da identificación só como mera etiqueta". 

As sesións serán online, co seguinte tipo de pases:

Pase gratuíto: Acceso ás conferencias online do 16 ao 23 de xuño. Emitiranse dúas conferencias ao día durante as 24 h.

Pase VIP: Acceso ás conferencias online do 16 de xuño ao 31 de decembro

Inscrición:

Ata o día 10 de xuño de 2021, a través da Plataforma:  https://asociacionenol.eventbrite.es/

Máis información 

Gallego
II ciclo de conferencias internacionales-Sinergias positivas sobre altas capacidades y superdotación (COVID-19)

Tema: 

Visitas guiadas á biblioteca e á colección da Fundación Eugenio Granell

O vindeiro venres 7 de maio a Fundación Eugenio Granell dá comezo a un ciclo de visitas guiadas coa finalidade de dar a coñecer o rico patrimonio, tanto artístico como documental, que alberga a institución. 

As visitas realizaranse ás bibliotecas, entre elas á Biblioteca Granell, unha colección de máis de 14000 volumes, que foron compilados ao longo da vida do artista e que levou consigo no seu periplo vital;  e a Área de Conservación e Restauración onde poderán verse os almacéns coas obras das diversas coleccións legadas a Santiago por Eugenio Granell e a súa esposa Amparo Segarra.

Estas visitas gratuítas levaranse a cabo o primeiro e terceiro venres de cada mes, ás 12.00h, cunha duración de 1h. 30 min.

O aforo será limitado seguindo as medidas sanitarias, vixentes no momento, por mor da Covid 19.

A reserva de prazas pódese facer no teléfono 981 57 21 24 ou no correo electrónico: biblioteca@fundacion-granell.org

Gallego
Fundación Eugenio Granell

Mulleres en acción. Unha guía para o emprendemento

Iniciativa liderada desde a Universidade de Vigo polo Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network (Gen), no marco do proxecto europeo Women Entrepreneurs in Action WE'RE IN!.

A banda deseñanda ten por obxectivo fomentar o emprendemento feminino ilustrando a mulleres de calquera idade e formación sobre conceptos básicos que deben ter en conta se queren crear a súa propia empresa.

Máis información

Mulleres en acción. Unha guía para o emprendemento

Gallego
Mulleres en acción

7ª Edición Marker Faire Galicia

Volta a 7ª edición da Maker Faire Galicia que será 100% online e volverá a contar cunha xornada adicada á educación.

Esta xornada celebrarase o 4 de xuño de 2021 nun Museo Gaiás virtual, durante toda a xornada. Nela haberá charlas con profesionais de referencia, obradoiros para todas as idades e exposición online de proxectos.

Aqueles centros de educación primaria, secundaria, FP ou facultade que conten cun proxecto innovador e sorprendente, poderá amosalo nesta xornada, onde compartirá coñecemento coa comunidade educativa. 

Os proxectos seleccionados competirán en tres categorías:

  • Minimaker (ata 12 anos)
  • Maker (de 12 a 18 anos) 
  • Maker pro (a partir de 18 anos)

Para inscribir o proxecto encher este formulario.
Máis información da edición anterior na páxina web da Maker Faire Galicia.

Gallego
Marker Faire Galicia

Xornada Mundial de Hixiene das Mans - 5 de maio

Gallego
Xornada Mundial de Hixiene das Mans

Calendario Científico Escolar 2022

O equipo do Calendario Científico Escolar convida a todos os centros educativos a participar activamente na creación do próximo calendario 2022, a través da procura de aniversarios científicos e tecnolóxicos.

O tema que propoñemos é a vacinación, aproveitando a SEMANA MUNDIAL DA INMUNIZACIÓN que se celebra entre o 24 e 30 de abril e cuxo lema este ano é “As vacinas achégannos”. Esta semana representa unha oportunidade única para desenvolver accións que xeren confianza no valor das vacinas como un ben público que salva vidas, protexe a nosa saúde e permitiranos volver estar preto das nosas familias e amizades.

Se vos gusta a idea, animámosvos a participar! Escollede unha efeméride e enviádea ao correo electrónico (calendario.cientifico@csic.es).

Poden ser aniversarios que conmemoren o descubrimento e desenvolvemento de vacinas ou a erradicación de enfermidades a través da inmunización.

Seguindo a estratexia mundial “ One Health” (Unha soa saúde), gustaríanos lembrar a importancia da vacinación tanto en persoas como en animais, algo clave para garantir a saúde global. Para fomentar a participación, deixaremos aberto un amplo prazo ata o 23 de xuño.

E lembrade que estades a tempo de descargar o calendario científico escolar do ano 2021 con moreas de datos interesantes, actividades de aula e unha guía didáctica.

Ligazóns:
Web do Calendario Científico Escolar, con ligazóns para descarga gratuíta do calendario e guía didáctica 2021 (en 6 linguas, incluíndo o galego): http://www.igm.ule-csic.es/calendario-cientifico

OMS – Semana mundial da inmunización (en inglés): https://www.who.int/campaigns/world-immunization-week/2021
 

Gallego
Calendario

Tema: 

Crece lendo comigo

Con motivo do Día Internacional do Libro, desde o Ministerio de Educación e Formación Profesional, e en colaboración coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez, organizou un acto dirixido a destacar a importancia do fomento da lectura entre nenos, nenas e novas e novos, para que  adquiran, desde idades temperás, unha adecuada comprensión lectora como elemento esencial para o seu futuro desenvolvemento persoal e a súa aprendizaxe.

Ademais, presentarase o Proxecto educativo de animación á lectura Crece lendo comigo, desenvolto polo MEFP co obxectivo de proporcionar recursos destinados á comunidade educativa e ás familias para crear e afianzar o hábito lector na poboación infantil e xuvenil.

Esta iniciativa inclúe materiais orientados a:

  •  Fomentar a lectura e achegar os libros a prelectores e prelectoras, así como iniciar aos primeiros lectores e as primeiras lectoras na súa contorna escolar e familiar.
  •  Crear e fomentar o hábito lector en nenos, nenas e adolescentes.
  •  Educar a nenos, nenas e mozas e mozos a través da lectura, a escritura e outros produtos culturais sobre temas como a sustentabilidade, a saúde física e emocional, a inclusión, a convivencia, a ciencia e os medios de comunicación (incluídas as redes sociais).

O evento terá lugar o vindeiro venres, 23 de abril, ás 12:30 horas, e poderase seguir vía streaming a través da seguinte ligazón:

https://youtu.be/2fQw1PeNDuQ

 

Gallego
Crece leyendo conmigo

Tema: