Gallego

Biblioteca Fundación Eugenio Granell

A Biblioteca da Fundación Eugenio Granell súmase a celebración do "Día Internacional do Libro" coas seguintes actividades:

 

  • LIBRO por LIBRO: Pequena feira de intercambio de libros de arte. 

    O vindeiro 23 de abril, a Biblioteca da Fundación Eugenio Granell organiza a actividade “Libro por Libro”, que consiste en que todas aquelas persoas particulares e institucións que o desexen poderán intercambiar os seus libros por calquera dos que se atopan nos stocks de libros repetidos da Biblioteca da Fundación Eugenio Granell. Asemade a Fundación convida a calquera biblioteca interesada nesta iniciativa a participar. A filosofía da actividade pode resumirse no lema: “Alguén ten un libro que ti queres, alguén quere o libro que ti tes”. Para realizar o intercambio deberán dirixirse á Biblioteca da Fundación o vindeiro venres 23 de abril,  de 11:00 a 14:00h.

  • BOOKCROSSING. 

    O venres 23 de abril, a Biblioteca da Fundación Eugenio Granell, unirase aos outros centros e museos de todo o mundo nunha experiencia virtual de bookcrossing. Por segundo ano consecutivo, compartirase de maneira virtual algunha das publicacións ou coleccións das institucións participantes.

    Museos de arte comparten este venres 23 de abril un vídeo comunitario no que cada un deles  recomendan a lectura dun ou varios libros.

Máis información

Fundación Eugenio Granell

Gallego
Fundación Eugenio Granell

Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil retoma a súa actividade logo de pechar as portas a principios da edición pasada por mor da pandemia.

“Emerxencia Literaria: os libros salvan o planeta” terá lugar do 23 de abril ao 9 de maio de 2021.

 

Máis información

Salón internacional do libro infantil e xuvenil

 

Gallego
Salón internacional do libro infantil e xuvenil

File: 

Concurso "Eu son" polo día internacional do libro infantil

GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) convoca o concurso EU SON...! 

Poderá participar aquel alumnado con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos; e terá que presentar un vídeo de menos de 1 minuto representando ao ou á personaxe preferida da literatura galega. 

O prazo rematará o vindeiro 7 de maio de 2021

Máis información

http://www.galix.org/

Gallego
Gálix

Guía de orientación académica e profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

A Federación de Sindrome de Down Galicia, publica a "Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual" .

Esta guía foi creada co obxectivo de facilitar ás persoas pertencentes a este colectivo a busca dos mellores camiños e alternativas formativas e profesionais posibles, podendo tomar a continuación unha decisión de forma libre, reflexionada e responsable.

Máis información

https://downgalicia.org/es/

Gallego
Down Galicia

File: 

Concurso Portavoz

Este ano o Institut français d'Espagne volve dar  a oportunidade aos alumnos e ás alumnas de francés de participar no concurso de fotografía  PORTAVOZ. 

Poderá participar calquera alumno/a de francés de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato e grao medio de FP, teniendo en cuenta que o concurso galardoará de modo especial á mellor expresión artística que logre plasmar o noso lema: "Un planeta (en) vivo".

As persoas participantes presentarán unha única fotografía, realizada cun teléfono móbil e que non sexa un selfie. Cada alumna e cada alumno enviará a súa fotografía acompañada por un pé de foto en 5 idiomas.

Todos os proxectos estarán dispoñibles en liña e serán accesibles ao público durante todo o concurso. 

Outorgaranse premios ás producións máis logradas e orixinais.

Mäs información:

https://concursoportavoz.org/

 

Gallego
Concurso Portavoz

File: 

Profesorado de seccións bilingües 2021

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo coa Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e da Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril, un máximo de 133 prazas para impartir Lingua e Cultura españolas e outras materias en lingua española nas Seccións bilingües de español de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia, ou calquera outro país co que se poida formalizar un convenio durante a presente convocatoria.

Presentación de solicitudes:

Desde o 12 ao 30 de abril.de 2021 ás 14:00 horas.

Máis información

MEFP

Gallego
MEFP

Inspiraciencia 2021

Nova convocatoria de Inspiraciencia, o certame de relatos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que aúna ciencia e literatura.

Inspiraciencia naceu no ano 2011 co desexo de unir ciencia e literatura para fomentar a creatividade e un achegamento diferente ao pensamento científico.

Poden presentarse ao certame relatos curtos dun máximo de 800 palabras en dúas categorías:

  • Mozo/a (de 12 a 17 anos)
  • Adultos/as (a partir dos 18 anos).

Pódense presentar en castelán, catalán, galego ou eúscaro.

Os escritos poderán presentarse ata o 13 de xuño.

Aquí pódese ver o vídeo resumen do acto do 10º aniversario do concurso, o pasado 2020.

Este ano, como novidade, introdúcese o premio especial "De ciencias e de letras", ao que poderá optar o profesorado que promovese a participación do seu alumnado con polo menos un relato na categoría Nova do concurso. O premio será unha experiencia relacionada co proceso de creación dun dos espectáculos ideados para a gala de Inspiraciencia.

Máis información

https://inspiraciencia.es/é/

 

Gallego
Inspiraciencia

File: 

Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans"

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, uin ano máis lanza a cuarta edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans"

O concurso trata de gravar un vídeo interpretando unha canción en Lingua de Signos Española.

A participación está aberta a todos os centros educativos de Galicia, en todos os niveis de ensinanza.

O obxectivo é dar visibilidade á Lingua de Signos nas aulas dun xeito divertido, a través da música. 

Os vídeos faranse públicos no mes de xuño, con motivo da celebración do Día Nacional das Linguas de Signos (14 de xuño).

Máis información

https://www.faxpg.es/convocamos-concurso-cantamos-manos-2021-es.html

Gallego
faxpg

Enquisa de diagnose da convivencia 2021

 Enquisa de diagnose da convivencia 2021
Enquisa de diagnose da convivencia 2021
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.

Os centros educativos establecerán as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Igualmente posibilitará que o profesorado e o persoal de administración e servizos poida acceder aos mesmos.

En canto ás familias, a dirección do centro facilitaralles as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través da aplicación convivenciaxestion.

Documentos informativos: