Gallego

Día Internacional da muller e a nena na ciencia no MUNCYT

O MUNCYT súmase á conmemoración do Día da Muller e da Nena na Ciencia cunha programación especial en liña para os centros de Educación Secundaria e Bacharelato.

Docentes e escolares poderán ver en directo unha charla inspiradora sobre o papel da muller na ciencia liderada por Raquel González Soa -Airbus DS Operations Industrial Strategy Senior Manager-, Elena María Moya Sanz -Airbus DS Structural Design Engineer-, Patricia Pineda Espinosa -Airbus Structure Fatigue & Damage Tolerance Engineer-.

O Museo proponche participar a través das "Cuestións para reflexionar"; os centros escolares poderán xerar debate na aula previamente ao día da actividade co fin de sacar conclusións.

Admitiranse preguntas ou reflexións ata o 9 de febreiro vía reservasmad@muncyt.es e as enxeñeiras de Airbus responderán ao final da súa charla.

Máis información 

MUNCYT

Gallego
A nena na ciencia

Tema: 

Xornadas Desfacendo a Raia V

O vindeiro luns 8 de febreiro de 16h a 20h terán lugar as Xornadas Desfacendo a Raia V - Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego, que se levarán a cabo online a través da canle de Youtube de GÁLIX .
 
Están destinadas especialmente a profesionais do mundo da LIXG e analizarase a situación do libro infantil e xuvenil galego desde diferentes perspectivas.
Gallego
Xornadas Desfacendo a Raia V

Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia convocan o V Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos no Día Europeo da Protección de Datos, que se celebra o 28 de xaneiro. Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnos e alumnos de 1º a 4º de ESO. 

O obxecto é que os estudantes tomen conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos

Os estudantes poderán presentar ao certame diversos xéneros literarios como o artigo xornalístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto, todos obras inéditas escritas en lingua galega. Estes traballos deberán responder a preguntas como “Que é para ti a protección de datos, como afecta no teu día a día?, como podo protexer os meus datos?”. Os textos de referencia serán o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Os traballos deberán presentarse en formato dixital en PDF, cunha extensión de entre 1.000 e 2.000 palabras para as categorías de 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO, e de entre 800 e 1.000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe. O prazo para presentalos estará aberto ata as 15:00 horas do 28 de febreiro.

Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tableta para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización. 

O fallo do xurado, composto por membros nomeados polas entidades convocantes, daranse a coñecer no mes de marzo. Pódense consultar as bases da convocatoria nas páxinas web das institucións convocantes (http://www.cpeig.gal e http://www.edu.xunta.gal/portal/).

Gallego
Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

Premios Exército 2021

Convócanse os Premios Exército 2021 nas seguintes disciplinas: pintura, debuxo, miniaturas militares, fotografía, vídeo e investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.

Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.
A disciplina de Ensino Escolar está dirixida a centros docentes públicos e privados (concertados e non concertados), de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional situados en territorio nacional.

A inscrición farase a través da  Sede electrónica Central do Ministerio de Defensa, na seguinte dirección: http://sede.defensa.gob.es.

Os traballos poderán ser composicións ou textos escritos, e han de ser un reflexo das impresións dos alumnos sobre as actividades do Exército de Terra, adquiridas por calquera medio. No caso dos textos, deberán ser en castelán e encadernados, en formato A4, por unha cara, ou o equivalente noutros países. O seu contido non poderá superar as cincuenta (50) páxinas incluído o texto escrito, anexos, fotos, etc. A data de presentación dos traballos, será do 1 e o 26 de marzo de 2021 (a.i.) na seguinte dirección. 

Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra

Oficina de Comunicación Pública

Praza da Constitución nº 5

15001 A Coruña

Os colexios gañadores proporcionarán, antes da entrega dos premios, unha copia dixital do traballo, para a súa posible presentación na páxina web do Exército de Terra.

Período de inscrición: do 19/01/2021 ao 01/03/2021.

Convoca: Xefatura do Estado Maior do Exército. Ministerio de Defensa.

Gallego
Premios Ejército 2021

Obradoiros e visitas virtuais do MUNCYT

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía con sede na Coruña conta cun programa para centros educativos que este curso ofrece a modalidade virtual.

A oferta de actividades consiste en obradoiros e visitas virtuais para dar a coñecer o patrimonio científico e tecnolóxico, así como divulgar a ciencia máis recente.

Máis información 

Gallego
MUNCYT

Tema: 

Ponte nas ondas!: Día mundial da radio 2021

 

Ponte...nas ondas! convida ás escolas a participar no Día Mundial da Radio a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS ( www.escolasnasondas.com ).

Emitiranse os programas e podcasts que se reciban do alumnado galego e portugués. 

 

Proponse ao alumnado as seguintes actividades: 

  • Realización de  programas de radio de diversos formatos e xéneros
  • Realización de podcasts con referencias ao mundo da radio
  • Audios de alumnado imitando formatos radiofónicos
  • Programas de radio desde algunhas das materias do currículo
  • Radio-visual ( a radio con imaxes desde a casa, desde a escola, desde a rúa…)
  • A radio no contexto da pandemia do COVID19

Ademais, as radios escolares están emprazadas a presentarse publicamente describindo a súa actividade, os seus recursos e as súas realizacións. 

Os traballos deben enviarse a : web@escolasnasondas.com 

Información: www.pontenasondas.org

Xerardo Feijoo: Tf. 635 49 99 00

Gallego
Ponte nas ondas!

File: 

Fundación Granell: visitas guiadas á exposición " MATRIA" de Reina D’Hoore

Fundación Eugenio Granell ofrece este mes de xaneiro unha serie de visitas guiadas realizadas pola artista Reina D’Hoore a súa exposición MATRIA que se mostra nas salas 4 e 5 da primeira planta do Museo desde o 10 de decembro e, permanecerá aberta ao público, ata o 7 de marzo.

As visitas comezarán o vindeiro venres 22 de xaneiro ás 17.00h e ás 18.00h e volverán a realizarse o sábado 23 e 30, ás 12.00h, o mércores 27 e o venres 29, ás 17.00h e ás 18.00h.

O aforo será limitado seguindo o protocolo COVID 19.

Reserva a túa praza no teléfono da Fundación 981 572 124 ou no correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org

As visitas repetiranse no mes de febreiro os mércores, venres e sábado no horario sinalado.

A artista Reina D’Hoore impartirá obradoiros os días 10 e 11 de febreiro, e 3 e 4 de marzo. 

Máis información

https://www.fundacion-granell.gal/2020/10/25/matria-reina-dhoore/

 

Gallego
Matria-Reina D´Hoore

VIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística

A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a VIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística.

Esta xornada está dirixida ao profesorado da ESO e Bacharelato e impartirase nunha única edición Online.
Lugar e data
Lugar: Online mediante ZOOM na seguinte ligazón
Data: sábado 6 de febreiro de 2021
 

Inscrición
Período de inscrición aberto ata o 2 de febreiro de 2021
O curso é gratuíto pero cómpre inscribirse neste formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeUmxKIfnw5Ec9nWPetrlyylYG5l6WBWQZFs0bdl7_h45ewXg/viewform

Máis información na web da SGAPEIO

https://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3447-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2020

Gallego
SGAPEIO

Tema: 

Todo sobre o DELF

día 26 de xaneiro de 17:00 a 18:30, o Servizo de cooperación educativa da Embaixada de Francia propón o webinario TODO SOBRE O DELF, acerca dos diplomas oficiais de francés DELF outorgados polo Ministerio de Educación Nacional de Francia.

Este webinario totalmente gratuíto, será impartido en castelán polo Centro Nacional de Exames da Embaixada de Francia.

Vai dirixido a toda persoa do ámbito do ensino do francés que queira  coñecer en que consisten as probas, os seus criterios de avaliación e as vantaxes que presenta ser titular dun diploma internacional. 

Para privilexiar a interactividade coas persoas participantes, finalizará cun tempo de rogos e preguntas.

 Para inscribirse faga clic na ligazón seguinte: 

https://zoom.us/webinar/register/WN__02viOoFSEGs9IyayBfEug

 

Gallego
DELF

Programa “Charlas de Lúa Chea”

Afecta a lúa ao noso cerebro?

Si, porque en torno aos primeiros 4 plenilunios de 2021 o MUNCYT de A Coruña ofrecerá un ciclo de charlas-demostracións para amosar aos escolares como a ciencia mais recente está a cambiar as nosas vidas.

Son charlas-demostración de 50 minutos para o alumnado de 4º da ESO a 2º de Bacharelato.

As charlas serán impartidas polo divulgador científico Manuel Vicente, a través do programa educativo do MUNCYT da Coruña para o curso 2020-2021 no marco da súa participación no programa “Divulga na Escola” da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DIVULGACCIÓN).

Calendario:

Charla 1:Cerebro 100% en forma, 28 ou 29 de xaneiro de 2020

Charla 2: Comprende o cambio climático, cambia o futuro, 25 ou 26 de febreiro de 2020

Charla 3: Os dous achados españois que van cambiar o mundo: CRISPR e ángulo máxico do grafeno, 25 ou 26 de marzo de 2020

Charla 4: As matemáticas da natureza, 29 ou 30 de abril de 2020

Máis información

MUNCYT

Gallego
muncyt

Tema: