Gallego

Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA)

A Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) (https://celiacosgalicia.es/es/) ofrece charlas gratuítas dirixidas ao alumnado de educación infantil e educación primaria co obxectivo de orientar e axudar aos pequenos/as celíacos/as e ás súas familias, así como sensibilizar ao resto da comunidade educativa. En concreto, ofrecen:

  • Contacontos escolares.

  • Exposición infantil “Outra vaca no millo”

  • Charlas informativas de apoio ao profesorado e persoal de comedor.

Poden poñerse en contacto con ela na seguinte dirección de correo-e: info@celiacosgalicia.es

Gallego
ACEGA

Tema: 

Concurso de traballos escolares "Es de libro"

 O Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) convocou a XVI edición do concurso de traballos escolares É de libro, un programa educativo dirixido a alumnos de ESO e Bacharelato de toda España.

Trátase dun proxecto de creación colaborativa, baseado na investigación e o traballo en equipo, no rigor e a creatividade dos estudantes, co obxectivo de axudarlles a desenvolver as súas competencias dixitais, aprendendo a buscar e tratar a información dunha forma crítica, a crear contido e a respectar os principios éticos do uso da tecnoloxía, en liña coas competencias en alfabetización mediática e informacional marcadas pola UNESCO. Ata o momento, participaron máis de 39.000 alumnos e profesores de todo o país.

Máis información: www.esdelibro.es

 

Gallego
Concurso de trabajos escolares "Es de libro"

Exposición itinerante “As mulleres que nos levaron á Lúa”

A Universidade de Vigo vén organizando nos últimos anos xornadas de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11 de Febreiro). Poñense tamén diferentes recursos educativos a disposición dos centros de ensino a través da páxina web https://exxperimentaenfeminino.uvigo.gal

Neste curso 2021/2022, tralo éxito da exposición itinerante “Mulleres na Ciencia” que está a percorrer centros educativos de toda Galicia, presentan a nova exposición itinerante titulada “As mulleres que nos levaron á Lúa”. Con esta exposición que consta de 12 roll ups (de 2mx1m) preténdese achegar ao alumnado o traballo das mulleres que permitiron que o ser humano viaxase ao espazo. Trátase de sacar á luz o traballo daquelas mulleres que, aínda que quizais non dunha forma tan visible como o astronauta Neil Armstrong, si foron claves no éxito da misión do Apolo XI e do resto de misións espaciais. Así coñeceremos a enxeñeiras, físicas, fisiólogas, astronautas, enxeñeiras informáticas...

A exposición presentouse o 28 de outubro no centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e conta coa financiación da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense

https://www.uvigo.gal/es/universidad/comunicacion/duvi/exposicion-visibiliza-mulleres-que-levaron-lua
 
A exposición poderáse solicitar dende a páxina web https://exxperimentaenfeminino.uvigo.gal na sección exposición itinerantes ou ven a través do correo exxperimentaenfeminino@uvigo.gal
 

Gallego
 Exposición itinerante “As mulleres que nos levaron á Lúa”

Tema: 

Próxima convocatoria 2022-2023 de Profesorado Visitante (Acción Educativa Exterior)

aee
Gallego

Gravación da sesión informativa celebrada o 17 de novembro de 2021 con profesorado visitante e persoal da Unidade de Acción Educativa Exterior do Ministerio de Educación y Formación Profesional : https://www.youtube.com/watch?v=eVEfav054m0

Para máis información:

Departamento: 

Colectivo: 

Guía escolar "Enfermidade celiaca, alerxias alimentarias e intolerancia á lactosa en centros educativos"

As entidades de pacientes FACE (Federación de Asociacións de Celia­cos de España), ATX-Elkartea (Asocia­ción Multialergia, Dermatitis Atópica e Asma), AEPNAA (Asociación Española de Persoas con Alerxias a Alimentos e Látex) e ADILAC (Asociación de Intole­rantes á Lactosa de España) editaron ?Enfermidade celiaca, alerxias alimentarias e intolerancia á lactosa en centros educativos?, unha guía que recolle toda a información sobre estas patoloxías incluíndo todo o necesario sobre como realizar a dieta e o seguimento da mesma, a administración de tratamentos, almacenamento de materiais, como actuar no comedor ou en excursións, etc. A guía é gratuíta, en formato pdf e pode descargarse nas páxinas web das entidades que a editaron.

Gallego
Federación de asociaciones de celíacos de España

File: 

Maratón de lectura da Fundación Eugenio Granell

A Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura, que terá lugar o mércores 1 de decembro, coincidindo coa semana de celebración dos aniversarios de Eugenio Granell e Amparo Segarra. Nesta ocasión a Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura a Francisco García Lorca, irmá menor de Federico e, como el, integrante da Xeración do 27.

Como todos os anos poderedes achegarvos ao Museo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado. Para facer máis doada a organización do acto, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.

Gallego
Maratón de lectura da Fundación Eugenio Granell

Tema: 

Centro de Estudos de Seguridade (CESEG)

O Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) inicia unha enquisa ao alumnado de Bacharelato das catro provincias galegas,coa que concluír o seu grao de coñecemento e actitudes ante as fakenews. Esta enquisa ten a súa razón de ser no marco do proxecto Coñecemento e actitudes ante as fakenews da mocidade galega 

O CESEG é un centro mixto formado pola propia Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) e constitúe un foro de estudo, investigación, formación e divulgación académica, que busca líñas de investigación dinámicas e multidisciplinares, primando o estudo da seguridade e a intelixencia. Deste xeito, fomenta a participación do estudantado, especialmente o universitario, no proceso de análise, contribuíndo así á difusión e mellora da cultura da seguridade e da paz. 

A enquisa está accesible na seguinte ligazón (https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHeygkpXCquI5AlXkOMq-3y_ZUNk8xNzAwQTA4N05URUQ5SzBaVVhQNUVYMC4u)

Gallego
Centro de Estudos de Seguridade (CESEG)

Curso "As dificultades dos nenos e das nenas adoptados/as na escola

A federeación interautonómica de ecais organiza para o próximo 27 de novembro de 2021, unha acción formativa online, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Esta acción formativa pretender dar resposta ás numerosas familias que reclaman unha maior sensibilidade no proceso de adaptación dos e as menores adoptados/as.

Os contidos que se tratarán serán: o déficit de estimulación nos primeiros anos de vida, Hiperestimulación Vs TDAH, o proceso de socialización e comprensión de normas, a vinculación a outras figuras de referencia, estratexias para o traballo na aula, manexo das expectativas, bullying e adopción...

Número máximo de asistentes: 25 profesores/as e/ou educadores/as.

Atenderanse as inscricións por rigoroso orden de entrada.

Expídese certificado de asistencia á finalización do mesmo.

 

Gallego
ECAIS

Tema: 

Concurso “A tarifa da luz”

A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia adscrito á Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten previsto poñer en marcha unha campaña dirixida ao alumnado de 4º da ESO e Formación Profesional Básica. A campaña ten como obxectivos: 

  • Formar consumidoras e consumidores responsables, informados, conscientes, críticos e solidarios.
  • Ofrecerlle ao alumnado un primeiro achegamento aos conceptos básicos e hábitos de consumo responsable en relación coa tarifa e factura eléctrica, así como unha aproximación inicial aos seus dereitos como persoas consumidoras.
  • Entender a factura da luz e os conceptos que a compoñen, para aprender a ler e interpretar esta nos seus fogares.

Para poder levar a efecto a dita campaña, convídase a todos os centros sostidos con fondos públicos que actualmente imparten 4º da ESO e Formación Profesional Básica a participar e colaborar no desenvolvemento da mesma.

De estar interesados en participar, podedes consultar as bases e o anexo que se adxuntan.

Para calquera dúbida, contactar a través do correo electrónico igc.escuela@xunta.es e/ou do teléfono 881999091.

 

Gallego
IGCC

VIII Concurso de guións contra a violencia de xénero

A Deputación da Coruña convoca a 8ª edición do "Concurso de guións contra a violencia de xénero" co obxecto de elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia vicaria como forma de control e dominación.

Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente de entre 12 a 18 anos, creen debate, mobilización, e fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a violencia exercida sobre as fillas/os da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de causarlle o maior sufrimento psicolóxico e na súa saúde, por parte de quen sexa ou fora o seu cónxuxe ou quen mantivo unha relación análoga de afectividade aínda que sen convivencia. Procurase a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.

Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.

Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.
 

Centros destinatarios: centros educativos da provincia da Coruña (a solicitude será formalizada polo centro)
Alumnado destinatario: 12-18 anos
Prazo: ata o 30 de novembro de 2021

Pódense consultar as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña

Gallego
cartel do concurso