Título node Learning object

Planetario na Escola
Ven, 21/05/2021 - 10:35
Planetario en la Escuela

Actividade online gratuíta dirixida á comunidade escolar a través da canle de Youtube do Planetario de Madrid. A duración da actividade será de 50 minutos aproximadamente. Nesta actividade farase unha viaxe polo noso Sistema Solar para coñecer os planetas, as súas características principais e algunhas das súas curiosidades. Farase un achegamento tamén aos Planetas ananos e outros corpos menores do Sistema Solar.

Dirixida a alumnos/as de de  3º a 6º de educación primaria, aínda que se poden inscribir todos aqueles que se consideren oportunos.

COMO RESERVAR?

· A reserva farase a través da seguinte ligazón https://www.eventbrite.es/e/registro-explorando-o-sistema-solar-155929849377

Unha vez inscritos enviarase  con tres  días de antelación a ligazón desde onde se poderán conectar á actividade.

  QUE SE NECESITA?

· Para a conexión en streaming é necesario ter acceso a internet.

· Proxector

CANDO? 

Xoves 3 de xuño ás 12.00 h