Gallego

Déixame en paz! Un conto sobre o acoso escolar

Descrición

Conto descargable Déixame en paz!, escrito por Carmen Gil e ilustrado por Gabriel da Riva.

 

 

 

Obxectivo

Previr o acoso escolar nos centros docentes de educación primaria.

Guía didáctica

Con obxecto de que sexa útil para o alumnado dos tres ciclos de primaria, desenvolveuse unha guía didáctica para que os/as docentes poidan adaptar o material aos distintos niveis. Contén actividades lúdicas, atractivas e suxestivas, que responden os seus intereses. Están destinadas a acrecentar a autoestima, desenvolver a empatía, mellorar a convivencia, axudar a afrontar os medos e inseguridades, animar a buscar axuda... de maneira positiva.

Considerando a especial importancia que música e dramatización teñen nestas etapas, contén dúas cancións coas súas respectivas partituras e unha obra de teatro para vinte e tres actores e actrices.

Organismo responsable

Save the Children.

Descarga do conto

https://www.savethechildren.es/sites/default/files/imce/cuento-dejame-en-paz_carmen-gil.pdf

 

Gallego
Logo

Material educativo Hai saída

Organismo responsable

Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade. Delegación do Goberno para a violencia de xénero.

 

 

Descrición

O material educativo Hai Saída para a prevención da violencia de xénero na adolescencia está destinado a proporcionar aos profesionais da educación material e orientacións para abordar a prevención da violencia contra a muller no ámbito educativo a través dos seguintes materiais http://www.violenciagenero.igualdad.mpr.gob.es/home.htm

  • 5 curtametraxes cinematográficas elaboradas por CIMA, Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais que poden visualizarse en liña.
  • Guía Didáctica para o uso educativo das curtametraxes na aula en versión PDF e en liña.
  • Folleto informativo para a prevención da violencia de xénero entre a mocidade en versión PDF descargable e en liña.
Gallego
Logo

A Aventura de Aprender

Que é

A Aventura de Aprender é un espazo de encontro e intercambio ao redor das aprendizaxes para descubrir que prácticas, atmosferas, espazos e axentes fan funcionar as comunidades educativas.

 

 

Guías didácticas

As guías didácticas incluídas teñen por obxectivo favorecer a posta en marcha de proxectos colaborativos que conecten a actividade das aulas co que ocorre fóra do recinto escolar (http://laaventuradeaprender.educalab.es/guias):

  • Como facer unha radio
  • Como facer un horto urbano
  • Como facer un espazo maker
  • Como facer un paseo de Jane
  • Como facer un crowdfounding
  • Como facer un festival
  • Como facer un banco de sementes
  • Como facer un prototipo
  • Como facer unha asemblea
  • Como facer un mapeo colectivo
  • Como documentar un proxecto
  • Como intervir un patio escolar

Outros proxectos de EducaLab

http://educalab.es/proyectos

Gallego
Logo

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 33 novos recursos educativos dixitais

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 33 novos recursos educativos dixitais
Gallego

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 33 novos contidos educativos en formato dixital.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.972 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

Uso da “app” Moodle Mobile coa aula virtual do proxecto Webs Dinámicas

Actualmente para toda a comunidade educativa que usa as Aulas Virtuais (Moodle versión 2.x) do proxecto Webs Dinámicas, está dispoñible a app “Moodle Mobile” que os usuarios poden instalar nos seus smarthphones e/ou tablets para acceder e traballar nos cursos das aulas virtuais dos seus centros educativos comodamente, desde o seu dispositivo móbil.

Moodle Mobile é a app oficial móbil de Moodle para Android, iOS e Windows Phone. Está dispoñible na tenda de apps de Android (Google Play), na tenda de apps de Apple (App Store) e nas tendas de apps de Windows.

Esta app representa un salto de nivel no uso das aulas virtuais (Moodle) do proxecto Webs Dinámicas, xa que por un lado permite maior flexibilidade e proximidade na interacción cos usuarios e por outro lado, posibilita a introdución nos centros educativos da nova metodoloxía “M-Learning” (Mobile Learning) de ensinanza-aprendizaxe con dispositivos móbiles.

Gallego
Uso da “app” Moodle Mobile coa aula virtual do proxecto Webs Dinámicas

Camiños de lecturas

Este proxecto xorde da necesidade de contar con actividades dixitais para traballar a comprensión lectora a partir de libros de literatura galega. Facendo uso das novas tecnoloxías e aproveitando os recursos que nos ofrece aula Abalar na que traballamos, deseñamos una serie de actividades encamiñadas a formar lectores competentes. Estes materiais foron elaborados durante unha licenza por estudos.

Os materiais que presentamos están destinados á materia de Lingua e Literatura Galega do terceiro ciclo de EP, pero tamén poderán ser empregados como material interdisciplinar para traballar a lectura. Partindo da lectura dun libro, deseñamos unha serie de actividades, para o que utilizamos a ferramenta de autor EdiLim, encamiñadas á adquisición dunha boa competencia lectora.

Gallego
Camiños de lecturas

Plataforma CinEd, cinema europeo gratuíto para centros docentes

Descrición

CinEd é un proxecto formado por unha selección de 12 películas de cinema europeo que poden ser proxectadas, de forma gratuíta e sen fins comerciais, en centros docentes. Iníciase en 2016 co obxectivo de que un gran número de alumnos e de alumnas poidan acceder á filmografía europea e descubrir a súa diversidade cinematográfica, cultural e lingüística.

Cada unha das películas vai acompañada de material pedagóxico para reflexionar na aula sobre os distintos aspectos e valores tratados.

Organismos responsables

Europa Creativa MEDIA, a Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e Mecenado, o ICAA e o Instituto Cervantes son as entidades que cofinancian a CinEd. En España está impulsado e coordinado pola Bao A Qu.

Máis información

O Blogue CinEd é o espazo para compartir os traballos, textos e creacións elaborados a partir das películas. As películas están dispoñibles en versión orixinal e con subtítulos en castelán.

Gallego
Logo

Sección: 

Programar con Scratch no CPI Plurilingüe Virxe da Cela

O emprego da plataforma Scratch, supuxo contar cun gran abanico de ferramentas gráficas sinxelas e visualmente atractivas para o alumnado que permitiu o traballo compartido e a difusión dos proxectos deseñados.

Escollemos unha metodoloxía centrada na Aprendizaxe Baseada en Problemas (Bas, 2011), onde as diferentes áreas se entrelazan con elementos transversais de primeira orde (alfabetización dixital, coeducación, espírito emprendedor, esforzo compartido, entre outros). Ditas liñas de traballo, acompañadas da formación especifica do profesorado permitiu establecer procesos educativos. Estamos ante unha proposta metodolóxica activa, participativa, consensuada e cooperativa cun produto final relevante (xogos serios con repercusión no medio), asentada na reflexión colectiva do alumnado sobre o que queremos e que imos facer para acadalo.

Partimos do debate grupal consensuado e do traballo individual e por parellas para introducirnos na temática (características da linguaxe, estruturación do pensamento e establecemento das secuencias e iniciación básica na programación) ampliando a grupos de oito en función da proposta de traballo. 

Os compoñentes de cada grupo (de carácter rotatorio) contan cun rol predefinido (analista, deseñador ou programador) con competencias seguindo a estrutura básica da edición en programación (equipos de traballo sumativos en liña). 

Dos produtos finais  acadados, destacaremos dous xogos (un pilla pilla  e un xogo de preguntas) que teñan a base da súa temática no Camiño de Santiago, que pode varias producións que afrontan situacións problemáticas do contexto (xestión dos recursos de lecer, despoboamento da contorna, convivencia, entre outros). 

Gallego
Programar con  Scratch no CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Un paseo pola música de Galicia

Hoxe en día son moitos e moi variados os recursos dixitais que temos á nosa disposición en Internet. Independentemente da etapa educativa ou da materia da que se trate, a rede poderá fornecernos case con total seguridade calquera material que precisemos nun momento dado. Así, no caso da educación musical na educación secundaria obrigatoria, atopamos actividades de todo tipo: sobre o oído e a voz humana, familias instrumentais, linguaxe musical, historia etc. Con todo, considero que o número das relacionadas coa música da nosa comunidade é case insignificante se o comparamos con outras do tipo das anteriormente citadas, especialmente se buscamos algunha que nos permita obter unha visión xeral da música feita en Galicia.

É neste contexto no que xorde a idea de Un paseo pola música de Galicia. Nace coa finalidade de reunir nun único ODE (obxecto dixital educativo) unha serie de contidos e actividades sobre a nosa música, de xeito que tanto o profesorado como o alumnado poida acceder dun modo rápido e sinxelo a unha gran cantidade de material didáctico sobre o tema, tratado aquí no seu conxunto.

Gallego
Un paseo pola música de Galicia

Concurso de fotografía "Entendendo as nubes"

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio convoca o concurso de fotografía 'ENTENDENDO AS NUBES' .

O prazo para a presentación de candidaturas remata o vindeiro 23 maio.

A recepción das fotografías realizarase a través da dirección de correo electrónico:  administracion.meteogalicia@xunta.gal.

Importante!! Aceptaranse unicamenta os envíos realizados desde contas de correo electrónico oficiais.

As bases deste concurso atópanse no seguinte ligazón: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170323/AnuncioG0422-200317-0004_gl.pdf

Gallego
Logos de Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Meteogalicia

Sección: