Plataforma CinEd, cinema europeo gratuíto para centros docentes
Mér, 26/04/2017 - 09:42
Logo

Descrición

CinEd é un proxecto formado por unha selección de 12 películas de cinema europeo que poden ser proxectadas, de forma gratuíta e sen fins comerciais, en centros docentes. Iníciase en 2016 co obxectivo de que un gran número de alumnos e de alumnas poidan acceder á filmografía europea e descubrir a súa diversidade cinematográfica, cultural e lingüística.

Cada unha das películas vai acompañada de material pedagóxico para reflexionar na aula sobre os distintos aspectos e valores tratados.

Organismos responsables

Europa Creativa MEDIA, a Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e Mecenado, o ICAA e o Instituto Cervantes son as entidades que cofinancian a CinEd. En España está impulsado e coordinado pola Bao A Qu.

Máis información

O Blogue CinEd é o espazo para compartir os traballos, textos e creacións elaborados a partir das películas. As películas están dispoñibles en versión orixinal e con subtítulos en castelán.