Encontre a súa información...

Material educativo Hai saída
Lun, 08/05/2017 - 12:51
Logo

Organismo responsable

Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade. Delegación do Goberno para a violencia de xénero.

 

 

Descrición

O material educativo Hai Saída para a prevención da violencia de xénero na adolescencia está destinado a proporcionar aos profesionais da educación material e orientacións para abordar a prevención da violencia contra a muller no ámbito educativo a través dos seguintes materiais (http://www.violenciagenero.msssi.gob.es/profesionalesinvestigacion/educativo/recursos/material/home.htm):

  • 5 curtametraxes cinematográficas elaboradas por CIMA, Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais que poden visualizarse en liña.
  • Guía Didáctica para o uso educativo das curtametraxes na aula en versión PDF e en liña.
  • Folleto informativo para a prevención da violencia de xénero entre a mocidade en versión PDF descargable e en liña.