Gallego

Recursos, Ferramentas e Proxectos

Nesta sección ofrécese unha selección de Recursos, Ferramentas e Proxectos de Innovación Educativa dirixidos a todos os membros da comunidade educativa.

 

En Recursos atópanse medios útiles para levar a cabo accións innovadoras.


As Ferramentas son instrumentos axeitados para unha labor transformadora nas aulas.


En Proxectos pódense atopar traballos colaborativos relevantes para a súa aplicación na clase.

Gallego
Recursos, Ferramentas e Proxectos

Peso: 

-4

Convocatoria de auxiliares de Conversa 2011/2012

Gallego

Impulsar a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe das linguas estranxeira é un dos compromisos da política educativa na Comunidade Autónoma de Galicia.

A participación nos devanditos procesos dunha persoa auxiliar de conversa considérase moi necesaria como punto de referencia para o desenvolvemento dunha lingua viva. Ademais de constituír unha práctica internacionalmente recoñecida para mellorar a competencia comunicativa do alumnado en linguas estranxeiras, as persoas auxiliares de conversa contribúen a un achegamento máis natural aos aspectos xeográficos, sociais, culturais, económicos e de actualidade dos países de referencia, o cal supón un incremento da motivación para a aprendizaxe da lingua obxecto de estudo.

Nesta liña e co obxecto de dar a maior difusión do Programa de Auxiliares de Conversa, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública a convocatoria de selección de centros públicos plurilingües con carácter prioritario e, de ser o caso, centros públicos con seccións bilingües e escolas oficiais de idiomas para a dotación de AUXILIARES DE CONVERSA.

Os centros solicitantes deben estar a participar en programas de fomento da aprendizaxe das linguas estranxeiras. Así mesmo, todos os centros educativos que contén cun/cunha auxiliar de conversa no presente curso deben cumprimentar a súa solicitude igualmente.

Os centros interesados en participar nesta convocatoria deberán cubrir en rede a solicitude que poden atopar na web http://www.edu.xunta.es/auxconversa .Calquera membro do equipo directivo co seu nome de usurario/a e contrasinal terá acceso á aplicación.

O prazo de solicitude remata o día 27 de abril de 2011.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

O conselleiro de Educación asiste ao peche da xornada de presentación “As TIC no CPI dos Dices”, que se celebra no colexio de Rois

Xesús Vázquez Abad recordou que o centro integra a rede Abalar desde o presente ano escolar

O proxecto beneficiará o vindeiro curso a 31.500 estudantes de toda Galicia

Gallego
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visit
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CPI dos Dices, en Rois

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CPI dos Dices, en Rois. Aproveitando a súa visita reuniuse coa comunidade educativa coa que estivo a falar do Proxecto Abalar do que xa se benefician estudantes de 5º de primaria e 1º da ESO do centro desde o actual curso académico. No encontro estiveron presentes os pais e a nais dos alumnos do centro, así como o persoal docente do mesmo.

Durante a súa intervención o conselleiro destacou que “o Proxecto Abalar persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación en todos os ámbitos educativos“, ao que engadiu que “o Centro Educativo Dixital supera o concepto de Centro Educativo Tradicional. Pon ao servizo do sistema os recursos humanos e pedagóxicos necesarios. Deste xeito dota ao ensino galego de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte da comunidade educativa, tanto na actividade docente como nos ámbitos da aprendizaxe e administrativos”.

Dirixíndose aos asistentes Xesús Vázquez Abad recordou que “estamos a dar os primeiros pasos e queremos, que as familias e o profesorado galego -sen dúbida un dos mellor preparados de Europa- nos acompañen nesta esforzada e apaixonante tarefa histórica”.

Antes da intervención do conselleiro realizáronse relatorios en torno aos antecedentes das TIC no centro e a formación do profesorado. Asemade falouse da experiencia Abalar no colexio, e os blogs de 5º de primaria e de infantil.

Os beneficiados polo Abalar

Durante a súa visita o conselleiro percorreu as instalacións do CPI dos Dices, que é un dos setecentos centros educativos que integran a rede Abalar no seu primeiro ano, un proxecto do que neste curso se que benefician máis de 14.500 alumnas e alumnos de 5º de Primaria e 1º da ESO, número que o vindeiro ano aumentará ata os 31.500 estudantes.

Cómpre destacar que a instalación dos netbooks así como o equipamento preciso nas aulas de 5º de primaria e 1º da ESO levou consigo un investimento de case 26.000 euros neste colexio.

O centro plurilingüe, no que estudan 249 nenas e nenos de infantil, primaria e ESO, conta ademais con seis seccións bilingües en inglés que benefician a 84 dos estudantes. Así mesmo o colexio de Rois recibiu nos últimos anos máis de 18.000 euros destinados á mellora do espazo da biblioteca escolar, ben dentro do plan de mellora destes espazos, ou cos clubes de lectura.

Sección: 

II Edición do Plan Navega con Rumbo

Gallego

Arranca a segunda edición do "Plan Navega con Rumbo”, unha iniciativa promovida desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dentro do Proxecto Abalar da Xunta de Galicia, dirixida a todos os centros públicos de Galicia que neste curso 2010/2011 sexan centros da Rede Abalar e que non participaron na primeira edición.

Os centros públicos abalar interesados nunha destas charlas informativas, deberán remitir un correo electrónico á dirección abalar.navegaconrumbo@edu.xunta.es antes do venres 8 de abril indicando o seu interese en participar neste Plan. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) porase en contacto co seu centro para ultimar os detalles de ditas charlas.

Máis información:

Tema: 

Sección: 

Ferramenta Toolkit de busca de centros socios na UE

Toolkit, a ferramenta europea de busca de socios xa está operativa. Creada como axuda para o contacto entre entidades para o desenvolvemento de proxectos conxuntos e para a constitución de redes. Pódese entrar directamente na web www.transnational-toolkit.eu .

Gallego
Toolkit Web

Colectivo: