Gallego

MuseScore

MuseScore é  un programa libre de notación musical que ofrece unha alternativa eficaz a programas profesionales de pago.
Le permite imprimir hermosas partituras en papel, guardarlas como archivos PDF o MIDI.

Este editor de partituras permitiranos imprimir e gardar partituras en papel, PDF ou MIDI.
Algunhas características son:

WYSIWYG, as notas se inscriben nunha partitura virtual.  
Número ilimitado de pentagramas
Ata catro voces por pentagrama
Inserción de notas fácil e rápida con ratón, teclado ou MIDI
Secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth
Importa e exporta MusicXml e arquivos MIDI Estándar
Dispoñible para Windows, Mac e Linux
Licencia GNU GPL

Gallego
musescore

Sección: 

LOM Aplicación informática: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: 

A Consellería de Educación abre o prazo para que se sumen ao Proxecto Abalar os centros que o desexen

A estratexia de integración das TIC no sistema educativo de Galicia beneficiará o vindeiro curso a 31.500 alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO

Está previsto que o proxecto implique no 2011/2012 a arredor de 1.500 aulas de 340 centros educativos

Gallego
Abalar
Abalar

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abrirá nos vindeiros días o prazo para que os centros educativos sostidos con fondos públicos soliciten a súa participación no Proxecto ABALAR para o próximo curso 2011/2012. Así, está previsto que sexan arredor de 40 centros os que se sumen o vindeiro curso ao proxecto, xa que cómpre destacar que os centros que xa están a participar no ABALAR neste curso non precisan solicitalo de novo, senón que continúan dentro do proxecto.

O obxectivo é que no novo curso o ABALAR beneficie a máis de 31.500 alumnas e alumnos, ao ampliarse dos actuais cursos de 5º de primaria e 1º da ESO a 6º de Primaria e 2º da ESO. Deste xeito está previsto que a estratexia de integracións das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) chegue a arredor de 1.500 aulas duns 340 centros educativos.

Requisitos

Os colexios e institutos poderán solicitar entrar no proxecto a partir da publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). Para que un centro poda participar neste proceso de selección é necesario que presente un proxecto no que resuma as experiencias de formación TIC levadas a cabo no centro nos últimos anos, así como as características do mesmo respecto da conectividade, instalacións eléctricas, entre outros aspectos. Ademais deberá propoñer a un docente como coordinador do proxecto Abalar no centro. A Consellería de Educación analizará todas as solicitudes e seleccionará os centros de acordo a estes requisitos.

Unha vez sexan seleccionados os colexios e institutos comprométense a desenvolver o proxecto e impulsar a súa continuidade, tomar parte nas actividades de formación que estableza a Consellería de Educación, e a que o seu profesorado faga uso das funcionalidades e recursos dispoñibles no “espazo Abalar” e promovan o seu coñecemento e utilización entre as familias.

Os novos centros ABALAR implantarán o proxecto no curso 2011/2012 en 5º de Primaria e 1º de ESO para o que recibirán un ordenador ultraportátil para cada un dos alumnos, un carriño de carga, un encerado dixital e un proxector para cada aula e un ordenador para o posto do profesor.

A Consellería de Educación continúa así a apoiar o salto cualitativo e cuantitativo no sistema de ensino de Galicia que supón o paso do centro educativo tradicional ao centro educativo dixital.

Ademais o ABALAR leva parello un avance sen precedentes na intercomunicación entre os membros da comunidade escolar, a través do espazoAbalar, a plataforma creada para fomentar a participación e a comunicación en rede de toda a comunidade educativa, e que lles permite ás familias facer un seguimento continuado da vida académica dos seus fillos, así como ter unha comunicación directa cos docentes.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Minituner

Agora xa podemos afinar o noso instrumento estando ao lado do noso PC. Só é preciso un micrófono ou unha toma directa á tarxeta de son.

Cando o Minutuner recibe o sinal de son a mesma ferramenta reproducirá a nota a que corresponde a frecuencia recibida e canto hai que afinar para poder chegar á nota desexada.
correponde y cuánto se desvía de la nota deseada.
Presenta unha interface principal e unhas opcións àra abror çareas que axudan a modificar a configuración de audio, a calibrar o programa ou afinar o propio Minituner.
Esta ferramenta é moi sinxela

Gallego
minituner

Sección: 

LOM Media: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: 

Solfeo

É unha ferramenta para traballar a educación auditiva, permite o traballo de identificación e entoación de intervalos, ritmo e progresións harmónicas.

 Atoparemos as posibilidades de traballar, espefícamente:
•Recoñecemento de intervalos melódicos e harmónicos.
•Comparar intervalos
•Entoación dos intervalos que nos sinale o programa.
•Identificación de acordes
•Entoación de acordes
•Traballo con escalas
•Dictados
•Traballo con patróns rítimicos

Gallego
solfeo

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: 

Glogster

Glogster é unha ferramenta para crear murais educativos.

Esta aplicación da web 2.0  permite crear e compartir na rede os proxectos elaborados polo alumnado.
O alumnado de diferentes centros pode traballar nun proxecto común por medio de esta ferramenta.
O seu manexo e moi sinxelo e unha vez feito o "glog" pódese insertar en calquera outro soporte, como pode ser un blog, wiki ou web.  

Ademáis a utilización de Glogster da acceso a incorporar textos ou enlaces a outras web. A grande diferencia con outros programas creadores de carteis é a súa relación co audio e co vídeo, sempre que teñamos micrófono e webcam, respectivamente, poderemos grabar desde glogster.   
Por último, ofrece unha grande variedade de estilos de deseño para crear os nosos carteis interactivos e multimedia.
Esta ferramenta está en inglés, e inclúe titoriais e guías de uso.

Gallego
glogster

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Music Theory

Esta páxina web, realizada por Ricci Adams, contén exposicións teóricas, actividades e ferramentas interactivas para traballar distintos apartados de teoría musical.

As exposicións teóricas están divididas en temáticas básicas dentro da teoría musical: ritmo, escalas, intervalos, acordes.
A opción exercicios permite crear os nosos propios exercicios segundo a temática escollida.
Esta páxina está en inglés.

Gallego
Music Theory

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Musikawa

Musikawa é unha web colaborativa dedicada a distintos temas referidos á educación musical. Está creada e mantida por Zoraida Pérez, Joaquín Revuelta e Antonio J. Calvillo pero todos podemos participar.

Este portal está composto de experiencias, titoriais, recursos, noticias e outra información referida as actividades musicais habituais.
Por outra banda, ofrece a posibilidade a todo aquel que quera  colaborar e compartir as súas experiencias e ou recursos coa comunidade educativa.

Gallego
musikawa

Tema: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Música Meruelo Weblog

Este blog presenta unha das mellores compilacións de recursos que existen actualmente en España e está creado por María Jesús Camino Rentería

Na páxina atoparemos o traballo das diferentes clases de música na ESO do IES Meruelo, composto por actividades a través de distintos media, titoriais, partituras, teoría musical, musicogramas, mapas conceptuais e todo o necesario para a aula de música.
Este blog recibiu o 2º premio no IV Premio Espiral Edublogs 2010

Gallego
musica meruelo

Tema: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Buscador de recursos musicais de autores galegos

Este buscador de acceso á fichas de autores galegos. A súa finalidade prioridade é permitir o acceso aos materiais musicais referenciados.

No buscador atoparemos máis de 2000 fichas de obras de autores galegos,a meirande parte en activo actualmente. Trátase dun arquivo divulgativo e non científico.
Atoparemos sempre os campos obrigatorios "procedemento de adquisición" e "contacto". Os campos restantes ofrecen información relevante para a súa interpretación: duración, dificultade e cadro de intérpretes.

Gallego
Buscador recursos

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: 

Lolokarolo

Ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes.

Dende o editor de Lolokarolo pódense facer frases de estilo karaoke de maneira moi sinxela. Na biblioteca atópanse mp3 clasificados para utilizar directamente na súa aula.

Gallego
Lolokarolo

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Aplicación informática: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: