Gallego

VII Festival Internacional Peregrinos Musicais 2017. Aberto o prazo de selección de candidatos/as

Descrición

Creada en 2011 da man da pianista rusa afincada en Santiago de Compostela Ilona Timchenko, a asociación Peregrinos Musicais ten como obxectivo a promoción dos novos artistas galegos. Desta forma nace o Festival Internacional Peregrinos Musicais, co fin de realizar actividades conxuntas e de intercambio cos músicos máis importantes e de prestixio internacional, e os cursos de verán. Ademais, realiza actividades de promoción dos/as intérpretes galegos/as e afincados/as en Galicia.

VII edición 2017

Os/as candidatos/as que desexen participar na VII edición do Festival Peregrinos Musicais xa poden inscribirse na probas de preselección, que se celebrarán durante a primeira quincena do próximo mes de maio.

A selección dos/as participantes farase na primeira quincena de maio a través de probas presenciais no Auditorio de Galicia e ante a comisión artística do festival. Os concertos do festival terán lugar na primeira quincena de xullo e pecharanse cun concerto de clausura no que participarán os músicos seleccionados xunto coa Real Filharmonía de Galicia.

Gallego
VII Festival Internacional Peregrinos Musicais 2017. Aberto o prazo de selección de candidatos/as

Sección: 

Disciplinas: 

Pequeclassics 2ª Ed. : Música clásica e ópera na Cidade da Cultura de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia organiza a 2ª edición do Pequeclassics, que terá lugar do 22 de xaneiro ao 10 de xuño de 2012 no Auditorio da Biblioteca de Galicia.
Pequeclassics é un proxecto que trata de achegarlles a nenos e rapaces a paixón pola música clásica e pola ópera a través do xogo e da diversión. O obxectivo principal é que a música chegue a cada espectador sen necesidade de que teña coñecementos previos.

Programa:

  • 22 de xaneiro: "O poliño feo". Para nenos e nenas a partir de 3 anos. Conto popular nun espectáculo de monicreques e luz negra, con música orixinal interpretada en directo.
  • 12 de febreiro: "Ensalada de instrumentos". Para nenos e nenas a partir de 3 anos. Os rapaces poden converterse en músicos e aprender a diferenciar os múltiples instrumentos a través dunha emocionante  viaxe pola súa historia.
  • 4 de marzo: " O son dos metais". Para nenos e nenas a partir de 5 anos. Bach, Mozart e Rossini guiarán aos máis pequenos nun percorrido polos diferentes sons dos instrumentos de vento metal

Todos os días faranse dous pases: ás 12:00 e ás 17:00.

Gallego
Pequeclassics

Sección: 

Disciplinas: 

"Dairas" do IES Manuel García Barros, A Estrada (Pontevedra) 1º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/Bacharelato

Sinopse:

Dairas, unha curtametraxe de animación stop-motion, pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencia das guerras, das disputas dos territorios. Conta a crúa realidade dun campamento de refuxiados, guiados por un personaxe principal, Ahmed.

As ferramentas utilizadas son a fotografia, a modelado de plastilina, a música... pero a mellor ferramenta foi o factor humano, a ilusión e dedicación do alumnado.

A historia céntrase nos conflitos bélicos dos saharauis. Os refuxiados vense reflectidos no personaxe de Ahmed, un rapaz que guía ós seus compañeiros cara a un futuro mellor. O nome vén de Daira, (الدائرة en árabe), son pequenos poboados onde habitan os refuxiados saharauis, os núcleos de varias dairas denomínanse wilayas.

O exército, a guerra, os campamentos, a vida cotiá, a casa, a alimentación, o papel da muller, os libros, a importancia e o dereito á cultura. Todos estos temas transcorren en maior ou menor medida polas imaxes que se amosan en pantalla.

 

Nivel:

ESO e Bacharelato.

Autores:

  • Coordinador: Miguel Ángel Carbajal
  • Participantes:

- Xoán Xosé Pérez Viéitez
-Álvaro Pérez Mariño
-Mª José Varela Frade

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • a curtametraxe (duración: 23 minutos).
  • Vídeos de exercicios previos dos alumnos:

• -Abel Carbajal: Gato, Monstruo, El Hospital.
• -Ariadna Silva: A Historia de Luis.
• -Laura Carrillo: Lullabye.
• -Marta Rodríguez: Parchís.
• -Alex Vede: Playmobil War.

  • Vídeos del “Cómo se fixo” (Making Off):

“Dairas e a TVG”. Vídeo realizado o 31/10/2010. Visita da TVG ao Centro. Historia do taller de Creación Artística do MGB. Exposición do proxecto. Argumento de "Dairas". Imaxes cos primeiros traballos: area, croma key, plastilina. Explicación da utilización das novas tecnoloxías en Dairas (Aula Virtual, Blog, Vídeo, etc.).
Vídeo realizado o 19/01/2009. Banco de son. Modelaxe das jaimas.
Vídeo realizado o 20/01/2010. Curso de Jose Miguel (Veru). Os pioneiros nas técnicas do stop-motion. Técnicas. Exemplos. Esqueletes profesionais. Efectos, programas a utilizar. Xasón e os argonautas.
Vídeo realizado o 02/03/2010. Un pouco de cabeza. Modelando a plastilina. Realización da maqueta da escola. Bancos da escola. As camas do hospital. Unha jaima por dentro. Tellados e porta das jaimas. Traballo con plastilina, creación de personaxes. Taller de montaxe de vídeo: efectos (fume a medida).
Vídeo da gravación dos “Dereitos humanos”. Grabación cunha alumna marroquí do Centro da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos en árabe (4/05/2010).

  • Vídeos das colaboracións:

Vídeo co poeta Manuel Pereira. Recitado do poema “Todo morte”.
Vídeo da gravación do tenor Cesáreo Torres. Auditorio municipal de Vila de Cruces, abril de 2010. Cesáreo Torres (tenor) e Fátima Blanco (piano, alumna do centro), interpretan un lied de Shubert.
Vídeo dos ensaios na Aula de Música das voces do MGB. Abril de 2010.
Vídeo da gravación nos estudios Phonos de A Estrada, das voces do MG.

  • Galería de fotografías:

• “Dairas e a TVG”: reportaxe fotográfica da visita da TVG ao centro, que inclúe moitos momentos do “Como se fixo”.
• “Selecta de imaxes da película”: selección das mellores fotografías incluídas na película, cunha pequena animación e banda sonora.
• “Imaxes do blog”: recompilación das imaxes que ilustran as entradas.
“Dairas”, galería de imaxes: selección de imaxes animadas en vídeo que funcionou nun primeiro momento como o avance da mesma.

  • Vídeo do "Avance" da película:

“Trailer” definitivo, cunha duración aproximada dun minuto.


Gallego
Dairas

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: 

Mi música en el cole

Este recurso é un blog creado por Marina C. Tristán e está dedicado a aula de música de primaria. Atoparemos todo tipo de recursos e especialmente destacamos os dedicados á linguaxe musical.

Gallego
Mi música en el cole

Tema: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Ardour

Ardour é un editor de audio.
Un editor de audio permite recoller un son e transformalo no que queiramos, ofrecendo as posibilidades de cortar, modificar, mezclar  e engadir outros sons.

Ardour é unha estación de traballo de audio dixital ou DAW.
Utilizamos Ardour para grabar, editar e mezclar audio multipistas.
Podemos producir os nosos propios CDs, mezclar pistas sonoras de vídeos ou simplemente expermientar coas túas propias ideas sonoras e musicais.
Con ardour  pódese realizar grabación multicanal, edición non destructiva con undo/redo ilimitado, soporte completo para a automatización, ten un potente mezclador, pistas, buses e plugins ilimitados, sincronización con bases de tiempos e control desde outras superficies hardware.
Ardour é un dos editores de audio más recoñecidos e é un bo equivalente de software libre.

Está ferramenta está en inglés.

Gallego
Ardour

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Ardour

Ardour é un editor de audio.
Un editor de audio permite recoller un son e transformalo no que queiramos, ofrecendo as posibilidades de cortar, modificar, mezclar  e engadir outros sons.

Ardour é unha estación de traballo de audio dixital ou DAW.
Utilizamos Ardour para grabar, editar e mezclar audio multipistas.
Podemos producir os nosos propios CDs, mezclar pistas sonoras de vídeos ou simplemente expermientar coas túas propias ideas sonoras e musicais.
Con ardour  pódese realizar grabación multicanal, edición non destructiva con undo/redo ilimitado, soporte completo para a automatización, ten un potente mezclador, pistas, buses e plugins ilimitados, sincronización con bases de tiempos e control desde outras superficies hardware.
Ardour é un dos editores de audio más recoñecidos e é un bo equivalente de software libre.

Está ferramenta está en inglés.

Gallego
Ardour

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

Power Sound Editor

Power Sound Editor é un editor de audio.
Un  editor de audio permite recoller un son e transformalo no que queiramos, ofrecendo as posibilidades de cortar, modificar, mezclar  e engadir outros sons.

 Power Sound Editor Free é unha solución software para a grabación e a edición visual de audio, soportando moitas das máis avanzadas e poderosas operacións cos datos de audio. Podemos usar Power Sound Editor Free para grabar a nosa propia música, voces, e outras mostras de audio. Editalas, mezclalas con outras partes de audio, engadir efectos como reverb, chorus, eco,  grabar o resultado en CD, publicalo en unha páxina web ou envialo por correo electrónico.
Esta ferramenta está en inglés.

Gallego
Power Sound Editor

Colectivo: 

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: 

MuseScore

MuseScore é  un programa libre de notación musical que ofrece unha alternativa eficaz a programas profesionales de pago.
Le permite imprimir hermosas partituras en papel, guardarlas como archivos PDF o MIDI.

Este editor de partituras permitiranos imprimir e gardar partituras en papel, PDF ou MIDI.
Algunhas características son:

WYSIWYG, as notas se inscriben nunha partitura virtual.  
Número ilimitado de pentagramas
Ata catro voces por pentagrama
Inserción de notas fácil e rápida con ratón, teclado ou MIDI
Secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth
Importa e exporta MusicXml e arquivos MIDI Estándar
Dispoñible para Windows, Mac e Linux
Licencia GNU GPL

Gallego
musescore

Sección: 

LOM Aplicación informática: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: 

Solfeo

É unha ferramenta para traballar a educación auditiva, permite o traballo de identificación e entoación de intervalos, ritmo e progresións harmónicas.

 Atoparemos as posibilidades de traballar, espefícamente:
•Recoñecemento de intervalos melódicos e harmónicos.
•Comparar intervalos
•Entoación dos intervalos que nos sinale o programa.
•Identificación de acordes
•Entoación de acordes
•Traballo con escalas
•Dictados
•Traballo con patróns rítimicos

Gallego
solfeo

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

LOM Media: 

LOM Contido didáctico: 

Disciplinas: 

Glogster

Glogster é unha ferramenta para crear murais educativos.

Esta aplicación da web 2.0  permite crear e compartir na rede os proxectos elaborados polo alumnado.
O alumnado de diferentes centros pode traballar nun proxecto común por medio de esta ferramenta.
O seu manexo e moi sinxelo e unha vez feito o "glog" pódese insertar en calquera outro soporte, como pode ser un blog, wiki ou web.  

Ademáis a utilización de Glogster da acceso a incorporar textos ou enlaces a outras web. A grande diferencia con outros programas creadores de carteis é a súa relación co audio e co vídeo, sempre que teñamos micrófono e webcam, respectivamente, poderemos grabar desde glogster.   
Por último, ofrece unha grande variedade de estilos de deseño para crear os nosos carteis interactivos e multimedia.
Esta ferramenta está en inglés, e inclúe titoriais e guías de uso.

Gallego
glogster

Sección: 

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

Disciplinas: