CCSS Xeografía e Historia
Segundo comentan os nosos enviados especiais a Londres, a viaxe de estudantes de 3º de ESO, acompañados polos profesores Clara Rodríguez e Amancio Liñares á capital inglesa está a ter unha intensa actividade cultural. Podedes facer o seguimento en exclusiva na nosa páxina de Facebook, que contén todo o apoio gráfico.
Coma estes últimos anos, para conmemorar o Dia do Libro o 23 de abril organizaranse diversas actividades no centro.
1. Terá lugar un acto de Colocación de novas placas que darán nome a 7 aulas do centro, recoñecendo a personaxes ilustres de Negreira e comarca ao que asistirán invitados os familiares das persoas homenaxeadas e estará amenizado por unha actuación musical.
2. Nos recreos lúdicos haberá unha CITA A CEGAS cos libros, actividade organizada pola ANPA A Barcalesa.
Tedes todas as fotos do acto no Facebook do instituto.
O alumnado de 3º de ESO traballou durante o segundo trimestre a época do Renacemento nas materias de Xeografía e HIstoria, Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa. Ao longo do trimestre foron elaborando unha serie de pósters, tanto traballando en grupo como de forma individual, recabando información en diferentes páxinas web, compartíndoa a través da Aula VIrtual e utilizando a aplicación Postermywall. Aquí tedes unha pequena mostra do resultado, que en breve poderedes contemplar en forma de exposición nos corredores do centro.
Podedes descargar aquí os pósters en formato PDF
O pasado día 1 presentouse no centro sociocultural de Negreira o libro Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade. A prensa, como non podía ser menos, foi testigo deste emotivo acto. (Ir á noticia)
ACTOS DE PRESENTACIÓN DO LIBRO "XENTE E TERRA DE BARCALA. LETRAS DA MOCIDADE",PUBLICADO POLO IES XULIÁN MAGARIÑOS.
O libro ¨Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade¨ aborda aspectos coma Xeografía, Historia, Arte, Economía, Etnografía, poboación ou personaxes, das 33 parroquias que conforman a comarca de Barcala. Os seus autores son os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Instituto Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia. O proxecto conta ademáis coa colaboración da profesora e escritora Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega, quen foi a encargada do limiar da obra.
Na primeira quincena de decembro vaise facer a presentación pública do libro Xente e Terra de Barcala. Letras da Mocidade, coas seguintes convocatorias:
- En NEGREIRA: Auditorio do Centro Sociocultural. Venres, 1 de decembro ás 20:30 h.
- Na BAÑA: Centro Social e da Terceira Idade. Venres, 15 de decembro ás 20:30 h.
O alumnado de 3º de ESO viaxa á Ría de Vigo para visitar o Museo do Mar, o castro e o Museo Massó.