VISITA DE MARCOS CALVEIRO

O día 21 de febreiro visitounos no Virxe do Mar o escritor galego Marcos Calveiro. Invitado polo Departamento de Galego o autor explicou ao alumnado de 2º da ESO  a xestación da súa obra O pintor do sombreiro de malvas. Logo  houbo unha tertulia, na que lle poideron preguntar moitas cuestións sobre  as dificultades ás que se enfronta un escritor na súa tarefa.

 



 

 

 

PANEL DA PAZ

 

 

 

Arredor da celebración do Día da Paz o Departamento de EPV promoveu a realización dun panel no que o alumnado escribiu a palabra paz en distintos idiomas. Foi feito nos recreos co entusiasmo de moitos. Parabéns polo resultado.

 

 

 

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

 

O día 1 de febreiro a Biblioteca María Mariño invitou ao conta contos Anxo Moure para conmemorar o Día da Paz. Anxo veu desde Chantada a traernos contos cos que nos falou da necesidade da paz, da solidariedade e do amor a natureza. Foron varios os grupos de ESO e de 1º de Bach que asistiron e interactuaron con el. Anxo Moure é membro da ONG Bicis para a Paz que busca recadar fondos para mercar bicis aos profesionais que o necesitan no Terceiro Mundo.

 

 

 

 

 

EXPOSICION PIO COSTA

 

O día 13 de xaneiro o alumnado de Historia da Arte tivo a oportunidade de percorrer a exposición retrospectiva do autor noiés Pio Costa, explicada por el mesmo. Visitaron as obras na Casa da Cultura e no Coliseo Noela. As orixes da súa actividade, a súa formación autodidacta,  as influencias e intencións ou as etapas foron  sendo debulladas polo propio artista. Unha experiencia moi interesante para os que se inician no mundo da arte e da pintura.

 

 

 

PREMIO AO MELLOR ESTUDANTE DE NOIA

 

A Fundación Otilia Millares Vázquez vén de entregar o seu primeiro premio, dotado cun diploma e 3000 euros, ao ex alumno do noso centro, Carlos Maquieira González. Un premio ao mellor expediente académico do curso pasado en Noia. Parabéns para Carlos de parte de toda a Comunidade Educativa do Virxe do Mar

 

 

 

 

XV PREMIO ÁNXEL CASAL

 

Ismael Ramos Castelo foi o gañador do segundo premio no XV PREMIO ÁNXEL CASAL organizado polo Concello de Santiago. O traballo premiado titúlase Capricho (poesía existencial demasiado azucrada.Hai que sinalar que o xurado resaltou a calidade dos traballos presentados nesta ocasión. Parabéns a Ismael e ánimo para continuar dándonos estas alegrías.

 

 
Distribuir contido