Skip to Content

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril. O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024, aberto para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia cunha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75. Os candidatos/as realizarán unha proba presencial única en toda Galicia e simultánea en distintas sedes. Os tres exercicios versarán sobre:

 -Análise e comentario crítico nos dous idiomas cooficiais (20 puntos).

 -Primeira lingua estranxeira (10 puntos).

 -Unha materia do bloque troncal elixida na solicitude (10 puntos).

 Concederanse un máximo de 20 premios dunha contía de 1.000 € por premio.

 Toda a información pódese atopar en: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

Publicouse no taboleiro interior do centro as listaxes provisionais do alumnado admitido.

Recollida de Títulos

Recollida de títulos da ESO:

Os alumnos/as que finalizaron os estudos de ESO, no curso académico 2021/2022, poden pasar a recoller o seu título na secretaría.

Recollida de títulos do Bacharealto:

Os alumnos/as que finalizaron os estudos de BACHARELATO, no curso académico 2021/2022, poden pasar a recoller o seu título na secretaría.

Importante:

Obrigatorio presentar o DNI para recollelo ou aportar unha autorización asinada polo/a interesado/a e a persoa autorizada coa fotocopia do DNI.

 

Avaliación de diagnóstico.

Os vindeiros días 10 e 11 de abril de 2024 terán lugar as probas de avaliación de diagnóstico do sistema educativo galego. Trátase dunha avaliación de carácter anual que comeza este curso 2023-2024, dirixida a todo o alumnado da comunidade de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.


Non se trata dunha avaliación do alumnado, pois a avaliación será anónima e, polo tanto, non terá ningún efecto académico nin se reflectirá no expediente do alumnado. O obxectivo desta avaliación non é outro que obter información sobre o sistema educativo e o grao de adquisición das competencias en cada centro, tomando como referencia o alumnado de toda Galicia. A partir da información que se obteña, os centros iniciarán un proceso de reflexión sobre a práctica educativa que terá por resultado o deseño de medidas transformadoras, orientadas á mellora dos resultados e integradas no plan de mellora de cada centro educativo.


Todos os datos recompilados son estritamente confidenciais, e non se revelará a identidade de ningunha persoa. O seu tratamento será anonimizado e con fins unicamente estatísticos.

Poden atopar máis información sobre a avaliación de diagnóstico na seguinte ligazón.

Convocatoria de bolsas MEC para o curso 24/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias.

Saíu publicada a convocatoria das bolsas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

Poden acceder a máis información ao respecto na seguinte ligazón ou consultando o documento adxunto.

 

 



PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Segundo a orde de 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, establécese o seguinte CALENDARIO para dito proceso:

 

- Presentación da solicitude de admisión de alumnado que cambie de centro: do 1 ao 20 de marzo.

 - Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.

 - Reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da publicación.

 - Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

 

As solicitudes de admisión poden presentarse no propio centro ou ben a través da aplicación admisionalumnado, empregando a chave 365 (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

 

Documentación a presentar:

 - Impreso de admisión, Anexo II.

 - Copia do DNI do alumno para o que se solicita praza.

 - Copia do libro de familia.

 - Certificado de convivencia.

 - Certificado de matrícula do curso actual 2023-2024.

 - Certificado de notas de 3ºESO se é a primeira solicitude de admisión para 1º de Bacharelato.

 - En caso de separación dos pais, a solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores e acompañar copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/2025

As listaxes do alumnado con praza reservada no IES Vilar Ponte pódense consultar no taboleiro interior do centro. Todas as reservas de praza de alumnado de centros adscritos resultaron admitidas.

Información de interese viaxe a París

Achégase o documento sobre a información relativa a viaxe de París 4º da ESO.

Semana Branca 24: indicacións

Nos seguintes ficheiros poderán acceder a información relativa á viaxe a Formigal.

IES Vilar Ponte- Concurso STARTIDEAS

O grupo de alumnas e alumnos de cuarto da ESO de Formación e Orientación Persoal e Economía e Emprendemento, estiveron esta fin de semana en Ourense na entrega de premios do concurso STARTIDEAS de Futurgal, coa su idea de negocio "Fundación Nuevas Oportunidades", unha idea con moito impacto social coa que pretender axundar a xóvenes e adolescentes.

Información sobre a viaxe a París 4º ESO

Estimadas familias.

Podedes consultar toda a información dispoñible sobre a viaxe a París organizada para os cursos de 4º da ESO. Nos seguintes documentos adxuntos:

* Información sobre a reunión do luns 4/12/23 ás 19:00 horas.

* Itinerario e información da viaxe.

A Dirección

IES Vilar Ponte

Semana Blanca 23-24

No seguinte ficheiro poderán acceder á información relativa á viaxe a Formigal do curso 2023-24. Detectamos un erro na versión anterior, motivo polo que confirmamos os prazos para facer efectivos os pagamentos:

1º prazo: antes do 20 de novembro de 2023.

2º prazo: antes do 20 de decembro de 2023.

3º prazo: antes do 15 de xaneiro de 2024.

Presentacións e comezo das clases do curso 2023-24

11 DE SETEMBRO DE 2023

AS PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO SERÁN NAS AULAS DE REFERENCIA, QUE ESTARÁN PUBLICADAS ESTA SEMANA NO TABOLEIRO DO INSTITUTO.

12:00 h - 1º (A, B, C) e 2º (A, B, C) da ESO

12:30 h - 3º (A, B, PDC) e 4º (A, B, PDC) da ESO

13:00h - 1º (A, B) E 2º (A, B) de Bacharelato

Rematadas as presentacións de cada grupo, non haberá clases pola tarde.

Entrega de Vales de libros e material escolar

A partir do día 1 de setembro estarán dispoñibles os vales de libros e material escolar, que poderán ser recollidos na oficina do IES Vilar Ponte de 10:00h a 14:00 h.

 

Para recollelos deberá vir a persoa solicitante co seu DNI, no caso de que non poida vir o solicitante, a persoa que veña a recoller os vales deberá vir cunha autorización firmada.

Listaxes Definitivas do Fondo Libros

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo libros 2023-2024 no taboleiro do IES Vilar Ponte

Aviso: Libros de texto curso 2023-2024

Non compre mercar libros de texto para as seguintes materias:

  • Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO.
  • Xeografía e Historia de 2º da ESO.

Ambas materias pasarán a estar incluídas dentro do proxecto E-Dixgal para o vindeiro curso 2023-2024.

Listaxes Provisionais Fondo Libros

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo libros 2023-2024 no taboleiro do IES Vilar Ponte

LIBROS DE TEXTO 2023/2024

As listaxes de libros de texto para o curso 2023/2024 están nos arquivos adxuntos.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

3º ESO PDC

4º ESO

4º ESO PDC

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

MATRÍCULA CURSO 2023/2024

As datas de matrícula para o curso 2023/2024 son as seguintes:

 DÍA

CURSO
    29 DE XUÑO  2º BACH.
    30 DE XUÑO 
1º BACH.
    3 DE XULLO 
4º ESO
    4 DE XULLO 
 3º ESO
    5 DE XULLO 
 2º ESO
    6 DE XULLO 
 1º ESO

 

HORARIO: DE 10 A 14 HORAS

A PARTIR DE 3º DE ESO É NECESARIO PAGAR O SEGURO ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E VALES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

Segundo a orde do 10 de maio de 2023, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 As solicitudes poden presentarse presencialmente no centro ou de forma telemática no seguinte enlace.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de xuño de 2023

Información sobre cuantía das axudas.

 

ADMISIÓN 2023-2024

Todas as solicitudes de admisión presentadas para o próximo curso 2023-2024 foron admitidas. As listaxes están publicadas nos taboleiros interiores do centro.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2022/2023

O 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria no seguinte enlace á sede electrónica da Xunta.

 

BOLSAS de estudo para ensinanzas postobligatorias (BACHARELATO, FP E UNIVERSIDADE) CURSO 2023/2024

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP e Universidade).

 

  • Prazo de solicitudes: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
  • O procedemento realizase de forma exclusivamente telemática a través da Sede Electrónica do MEFP.

 

Máis información na páxina web do Ministerio.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023/2024

As listaxes do alumnado con praza reservada neste IES están publicadas no taboleiro interior do centro. Todas as reservas de praza de alumnado de centros adscritos resultaron admitidas.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Segundo a orde de 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, establécese o seguinte CALENDARIO para dito proces:

- Reserva de praza no centro adscrito (a presentar no CEIP correspondente): do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

- Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.

- Presentación da solicitude de admisión de alumnado que cambie de centro: do 1 ao 20 de marzo.

- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.

- Reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da publicación.

- Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

 

As solicitudes de admisión poden presentarse no propio centro ou a través da aplicación admisionalumnado.

Prazas vacantes para o curso 2023/2024

Documentación a presentar:

- Impreso de admisión

- Copia do DNI do alumno para o que se solicita praza.

- Copia do libro de familia.

- Certificado de convivencia.

- Certificado de matrícula do curso actual 2022-2023.

- Certificado de notas de 3ºESO se é a primeira solicitude de admisión para 1º de Bacharelato.

- En caso de separación dos pais, a solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores e acompañar copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut