Skip to Content

Bolsas de estudo

Bolsas de estudo para ensino postobrigatorio

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E VALES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

Segundo a orde do 10 de maio de 2023, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 As solicitudes poden presentarse presencialmente no centro ou de forma telemática no seguinte enlace.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de xuño de 2023

Información sobre cuantía das axudas.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2022/2023

O 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria no seguinte enlace á sede electrónica da Xunta.

 

BOLSAS de estudo para ensinanzas postobligatorias (BACHARELATO, FP E UNIVERSIDADE) CURSO 2023/2024

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP e Universidade).

 

  • Prazo de solicitudes: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
  • O procedemento realizase de forma exclusivamente telemática a través da Sede Electrónica do MEFP.

 

Máis información na páxina web do Ministerio.

NOVO VALE PARA MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 14 de outubro de 2022 publicouse a ampliación da axuda para adquirir material escolar.

Todos aqueles que fosen beneficiarios do vale de 50 euros, recibirán un vale adicional de 25 euros.

As familias poden recoller o vale a partir de hoxe nas oficinas do centro.

Este vale debe empregarse na librería/establecemento correspondente antes do 1 de decembro de 2022.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2021/2022

Convócanse os premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2021/2022. (Código do procedemento ED311A)

Poderá beneficiarse o alumnado que obtivese unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de abril de 2022 ao 25 de maio de 2022.

 

Máis información neste enlace.

Enlace a probas de convocatorias anteriores.

Distribuir contido


by Dr. Radut