Skip to Content

Prensa

O IES VILAR PONTE ENTRE OS 20 MELLORES CENTROS NAS PROBAS ABAU

Parabéns aos alumnos e alumnas, familias e equipo docente polos bos resultados .

Aos parabéns do centro educativo  engadir a felicitación do Conselleiro de Educación da Xunta a todos os alumnos e alumnas presentados.

 

 

 

PROGRAMA XESTOS QUE SALVAN VIDAS

Este luns 13 de maio terá lugar a 1ª sesión de "Xestos que salvan que vidas" no IES Vilar Ponte en colaboración co Hospital da Mariña e así o recolleu a Voz de Galicia na súa edición dixital

Enlace

 

 

CURSO USC VERÁN

Onte foi inaugurado o Curso de verán da USC no IES Vilar Ponte de Viveiro.

Enlace á Voz de Galicia

50 ANOS IES VILAR PONTE

Vídeo do Progreso do acto conmemorativo dos 50 anos

Álbum 50 anos en La Voz de Galicia

La Voz de Galicia (20/06/18)

 

LOGO 50 ANOS

O polifacético artista David Catá (Viveiro,1988) é o artífice do logotipo co que o IES Vilar Ponte de Viveiro está a piques de empezar a celebrar o seu quincuaxésimo aniversario, como destaca a súa directora, Beatriz González-Moro, que é profesora de Lingua e Literatura Galega no centro desde hai unha década.

"O logo de David Catá, co que contactamos porque ademais dun gran artista é antigo alumno, resume á perfección o espírito do Vilar Ponte: 50 anos de ensino e formación", subliña.

 

 

Enlace La voz de Galicia

50 ANIVERSARIO IES VILAR PONTE

Noticia do centro publicada na Voz de Galicia

Enlace

50 ANIVERSARIO IES VILAR PONTE

Noticia publicada na Voz de Galicia

Enlace

 

Enlace

GLOBO DE BETANZOS NO IES VILAR PONTE

No IES Vilar Ponte soltaremos un globo de Betanzos grazas á colaboración de José Ares, profesor de Historia no noso centro e neto do artífice do globo de Betanzos de quen aprendeu o oficio.

Enlace á noticia de prensa

Premios Concurso de Debuxo de Begonte 2018

Felicidades ás nosas alumnas, Emma Rego e María Janeiro, premiadas no concurso de debuxo de Begonte

 

Enlace

 

O alumno Daniel Bermúdez volve ao IES Vilar Ponte tras asistir ao aniversario de Felipe VI

O alumno Daniel Bermúdez volve ao IES Vilar Ponte tras asistir ao aniversario de Felipe VI

«Encantoume coñecer á princesa de Asturias, pero o luns xa teño exame»

 

La voz de Galicia

 

Premio da USC na Voz

 

La voz de Galicia

18/10/2017

A USC premia o esforzo e talento de catro alumnos do IES Vilar Ponte de Viveiro

O seu proxecto de fotogrametría en 3D foi recoñecido como o mellor da provincia de Lugo nun certame con concursantes de nove países do mundo

.

 

CURSO ACOSO ESCOLAR

Presentación das primeiras xornadas "O acoso escolar, unha realidade oculta"

A actividade terá lugar no salón de actos do centro.  As ponencias con catro doctores da USC. Miguel Ánxo Santos Rego abordará a cooperación entre a familia e a escola como factor da calidade educativa. Xosé Antón Gómez Fraguela falará da prevención do acoso na escola; Antonio Rial Boubeta, que explicará as claves para entender e previr o acoso a través da rede, e Mar Lorenzo Moledo, que abordará o papel da familia na educación

Además da directora do Vilar Ponte, participaron na presentación da actividade a profesora Ángeles Murias e a orientadora do centro, Marta Domínguez, acompañadas pola alcaldesa, María Loureiro, e o  edil de educación, Jesús Fernández.

Enlace

A ALUMNA MARTA PÉREZ CONSIGUE UNHA BECA FAO

Marta Pérez Vázquez, alumna de cuarto de ESO do IES Vilar Ponte de Viveiro, estudará en Canadá o próximo curso ao conseguir unha das bolsas de Fundación Amancio Ortega.

 

Enlace

Enlace

VISITA PARLAMENTO DE GALICIA 2015

Estudantes e profesores do instituto Vilar Ponte de Viveiro visitaron onte pola mañá o Parlamento de Galicia

 

Enlace á Voz de Galicia

ÁNGEL CARRACEDO NO IES VILAR PONTE

Ángel Carracedo imparte este martes dará unha charla no Instituto Vilar Ponte de Viveiro. 

 

Enlace

GRUPO DE TEATRO VILAR PONTE

O grupo de teatro do IES Vilar Ponte de Viveiro, formado por 13 alumnos da ESO e dirixido pola profesora do centro María Lozano, poñerá en escea a obra Aventuras e desventuras no Camiño de Santiago da princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos , baseada na obra para títeres A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos , de Miguel Vázquez Freire e Gloria Sánchez. É unha adaptación libre do texto e ampliada de María Lozano.

Enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut