Skip to Content

Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Equipo Directivo

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR SECTOR PAIS E NAIS ANO 2022

No presente proceso electoral corresponde elixir dous pais/nais de un total de tres que debe ter o consello escolar.

As listaxes do censo electoral están expostas no taboleiro interior do edificio Vilar Ponte I.

Aqueles pais/nais que queiran presentar a súa candidatura poden facelo ata as 14:00 horas do día 11 de novembro no centro, onde se lles faciliatará a documentación.

O sorteo dos membros da mesa electoral, entre os pais/nais que non se presenten candidatos, realizarase o día 17 de novembro ás 12:00 horas.

A campaña electoral comprenderá do 17 ao 27 de novembro e as votacións terán lugar o día 28 de novembro de 16:00 a 18:00 horas no salón de actos do centro.

Máis información no documento adxunto.

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Segundo a resolución de 19 de setembro pola que se establece o calendario para a realización das eleccións de membros dos consellos escolares, o sorteo para elexir aos membros da xunta electoral terá lugar no IES Vilar Ponte I o día 27 de outubro ás 10:00 horas.

Poden acudir todos os membros da comunidade educativa que o desexen.

 

CANDIDATURAS ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos poden consultarse as candidaturas presentadas para cada un dos sectores que se renovan este ano.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Este ano celebraranse eleccións para renovar varios membros do Consello Escolar, feito que quedou aplazado o ano pasado pola situación COVID.

Adxúntanse os arquivos nos que se pode consultar tanto o calendario electoral como as convocatorias dos diferentes sectores que requiren renovación.

O prazo de presentación de candidaturas é do 5 ao 12 de novembro.

MEMBROS CONSELLO ESCOLAR

Membros do consello escolar  no curso 2019-2020

DIRECTOR ALBERTO PERNAS PENA
XEFA DE ESTUDOS    NOELIA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ
SECRETARIA MARÍA PORBÉN RIVEIRA
PROFESORADO   V.JAVIER ILLÁN ÁLVAREZ
VERÓNICA LÓPEZ PRIETO
PAULA SENTANDREU ROGET
ALUMNADO    
ANTÍA LÓPEZ EIJO
CARLOS TIMIRAOS LÓPEZ
AMPA ---
FAMILIAS ---
CONCELLO VICTORIA BAAMONDE GÓMEZ
PEROSAL  A.S ANA MARÍA GARCÍA VIJANDE

MEMBROS CONSELLO ESCOLAR

Membros do Consello Escolar curso 2018/19

 

 DIRECTORA BEATRIZ GONZÁLEZ-MORO GALÁN
 XEFA DE ESTUDOS CAROLINA MARIÑO GARCIA
 SECRETARIA TERESA MANEIROS SANTALLA
 PROFESORADO Mª JESÚS BALSEIRO VISPO
V.JAVIER ILLÁN ÁLVAREZ
VERÓNICA LÓPEZ PRIETO
PAULA SENTANDREU ROGET
 ALUMNADO ODELYN BATISTA PÉREZ
ALEJANDRA LEAL DABLANCA
ANTÍA LÓPEZ EIJO
CARLOS TIMIRAOS LÓPEZ
 ANPA  ---
 FAMILIAS  ---
 CONCELLO MARÍA DEL CARMEN FRANCO DÍAZ
 PERSOAL A.S. ANA GARCÍA VIJANDE

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 18

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08/10), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, integrada por:

    - O director ou directora do centro.
    - Un profesor ou profesora.
    - Un pai ou nai ou titor legal.
    - Un alumno ou alumna.
    - Un representante do persoal de administración e servizos
       
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo 30 de outubro, ás 12:00 horas, na secretaría do centro.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Normas xerais que regulan o proceso electoral do Consello Escolar

 

CENSO

A xunta electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais.

Os censos electorais pódense consultar no centro

 

CANDIDATURAS

Aquelas persoas que desexen presentarse como candidatos ao Consello Escolar polos distintos sectores (alumnos, responsables, profesores ou persoal non docente) poden descargar e cubrir o modelo de candidatura e entregar na secretaría do centro antes das 13:30 do 14 de novembro de 2018

Candidatura alumnos

Candidatura responsables

Candidatura profesores

Candidatura persoal non docente

O impreso tamén está dispoñible nas conserxerías do centro

 

CALENDARIO

 

5-14 novembro

Presentación candidaturas ata as 13:30 horas

19 novembro

- Admisión, proclamación e publicación das candidaturas

- Aprobación dos censos electorais

- Aprobación papeletas

- Sorteo público membros das mesas electorias

20 novembro

- Claustro ordinario para informar eleccións ao Consello Escolar

26 novembro

Eleccións Consello Escolar:

- PAS: 9:30h
- Responsables: 15:00 a 19:30

27 novembro

Eleccións Consello Escolar:

- Claustro extraordinario: 14:00h
- Alumnos: 8:30 a 12:30

28 novembro

 3ª Reunión Xunta electoral

29 novembro

Constitución Consello Escolar en sesión extraordinaria

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

Publicada a resolución pola que se establece o calendario de eleccións do Consello Escolar para o curso 2018-2019

O noso centro este ano ten que renovar os seguintes membros:

 

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR CURSO 18/19

PROFESORES

7

ALUMNOS

2

PAIS/NAIS

3

PERSOAL NON DOCENTE

1

 

 

 

EQUIPO DIRECTIVO

A Dirección do IES VILAR PONTE está formada polos seguintes membros:

 

DIRECTOR PÉREZ VIQUEIRA VÍCTOR
XEFA DE ESTUDOS BREA BAHAMONDE SARA
SECRETARIO PICHEL VILLAR JAVIER
VICEDIRECTORA OTERO RODRÍGUEZ MARÍA DOLORES

RELACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR

Publicación das candidaturas dos distintos sectores ás eleccións de membros do Consello Escolar do centro.

A presidenta da Xunta Electoral

 

PRESENTACIÓN CANDIDATURAS

Todos aqueles membros da comunidade educativa que queiran presentarse como CANDIDATOS ás eleccións ao Consello Escolar deberán entregar a súa candidatura na Secretaría do centro segundo o modelo que se adxunta no arquivo. Este tamén estará dispoñible nas oficinas do centro.

Prazo de presentación: ata as 12:00h do día 11 de novembro.

 

CONVOCATORIAS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

O día 4 de novembro a Xunta Electoral do centro aprobou :

  1. O calendario de eleccións dos distintos sectores da comunidade educativa (Arquivo adxunto).
  2. Convocatoria de eleccións dos distintos sectores da comunidade educativa: familias, alumnos, profesores e PAS (Arquivo adxunto)
  3. Publicar o censo electoral. Pode consultarse no centro.

A presidenta da Xunta Electoral

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

Publicada no DOG o calendario de eleccións do consello escolar

  1. As eleccións  realizaránse entre os días 23 e 29 de novembro de 2016
  2. A Xuntal electoral constituiráse entre os días 2 e 8 novembro de 2016
  3. É competencia da xunta electoral concretar o calendario electoral.

A Xunta electoral estará composta por:

  1. O Director do centro
  2. Un profesor ou profesora
  3. Un pai/nai ou titor legal de alumno/a
  4. Un representante do alumnado
  5. Un representante do persoal de administración e servicios

             (designados os catro últimos por sorteo público)

Data do sorteo:

2 de novembro ás 10:30h no salón de actos do centro.

Data da constitución da xunta electoral:

2 de novembro ás 10:30h no salón de actos do centro

Documentos eleccións Consello Escolar

Impresos descargables para presentar as candidaturas ás eleccións ao Consello Escolar.Tamés están á disposición de toda a comunidade educativa nas conserxerías do centro.

Haberá que cubrilos e logo presentar na secretaría do centro.

Data límite: 11 de novembro de 2016 ata as 12:00

Impresos:

Candidatura alumnos

Candidatura pais

Candidatura profesorado

Candidatura PAS

Distribuir contido


by Dr. Radut