Skip to Content

CANDIDATURAS ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos poden consultarse as candidaturas presentadas para cada un dos sectores que se renovan este ano.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Este ano celebraranse eleccións para renovar varios membros do Consello Escolar, feito que quedou aplazado o ano pasado pola situación COVID.

Adxúntanse os arquivos nos que se pode consultar tanto o calendario electoral como as convocatorias dos diferentes sectores que requiren renovación.

O prazo de presentación de candidaturas é do 5 ao 12 de novembro.

DÍAS NON LECTIVOS Curso 2021/2022

Os días non lectivos escollidos polo centro para o curso 2021/2022 son: o martes 7 de decembro e o luns 16 de maio.

PERÍODO DE MATRÍCULA EXTRAORDINARIO

O período de matrícula extraordinaria terá lugar os días 6, 7 e 8 de setembro en horario de 09:00 a 13:00.

ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS SETEMBRO

DATA

ACTUACIÓNS

VENRES 03/09/2021

Publicaranse as notas a través de AbalarMóbil a partir das 17:00h.

LUNS 06/09/2021

Ás 10:00h entrega de boletíns de notas e consellos orientadores nas aulas de referencia

LUNS 06/09/2021

MARTES 07/09/2021

De 10:00h a 14:00h poderase reclamar ante a Dirección do Centro.

MÉRCORES 08/09/2021

Ás 14:00h farase a comunicación das resolucións dos departamentos ás/os interesadas/os

XOVES 09/09/2021

De 10:00h a 14:00h poderase reclamar ante a Xefatura Territorial

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL

No taboleiro interior do edificio Vilar Ponte I atópanse publicadas as listaxes provisionais dos beneficiarios do fondo de libros e os vales para a adquisición de material escolar. 

O IES VILAR PONTE ENTRE OS 20 MELLORES CENTROS NAS PROBAS ABAU

Parabéns aos alumnos e alumnas, familias e equipo docente polos bos resultados .

Aos parabéns do centro educativo  engadir a felicitación do Conselleiro de Educación da Xunta a todos os alumnos e alumnas presentados.

 

 

 

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21

Enlace á información

O prazo de solicitudes será dun mes: comezará o día 7 de xuño de 2021 e rematará  o día 6 de xullo de 2021

 

CONVOCATORIA RESIDENCIAS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Informamos de que acaba de saír a convocatoria para prazas en residencias na Universidade de Santiago de Compostela. Estará aberto ata o día 28 de Xuño. Achegamos as bases para solicitar praza.

Información para alumnado con L.Francesa Pendente

Información:

Data do Exame: 25 de maio

Hora e lugar:  ás 8:20  na aula de 1º ESO A  ( 2º piso Ed. Pastor Díaz)

Contidos:   

                1º ESO e 2º ESO , Promenade 1/2

               3º ESO:  4 Primeiros temas  _ Facile3

 

 

Recollida de Titulos

Todos aqueles alumnos e alumnas que promocionaron no curso 2019/2020 poden pasar a recoller o Título pola Secretaría do centro.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición da convocatoria 2021

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Máis información.

FESTIVO 19 DE MARZO

Recordamos á comunidade educativa que o día 19 de marzo é festivo en Galicia.

Admisión de alumnado CURSO 2021-2022

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Publicouse no taboleiro de anuncios do coentro a listaxe provisional do alumnado admitido.

Todas as solicitudes recibidas foron admitidas.

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021

Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Enlace á información

 

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: Comezo do período de inscrición da convocatoria 2021   

Máis información

Inicio do procedemento de admisión e reserva para centros educativos sostidos con fondos públicos para o curso 2021-2022

Para acceder á información  prema neste enlace

 

DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS ALUMNADO

Informamos de que no DOG de hoxe se publica unha orde sobre a distribución de mascarillas entre o alumnado. Teñen dereito a elas os alumnos que tamén teñen dereito ao cheque de material. O enlace aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut