Skip to Content

BOLSAS de estudo para ensinanzas postobligatorias (BACHARELATO, FP E UNIVERSIDADE) CURSO 2023/2024

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP e Universidade).

 

  • Prazo de solicitudes: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
  • O procedemento realizase de forma exclusivamente telemática a través da Sede Electrónica do MEFP.

 

Máis información na páxina web do Ministerio.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023/2024

As listaxes do alumnado con praza reservada neste IES están publicadas no taboleiro interior do centro. Todas as reservas de praza de alumnado de centros adscritos resultaron admitidas.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Segundo a orde de 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, establécese o seguinte CALENDARIO para dito proces:

- Reserva de praza no centro adscrito (a presentar no CEIP correspondente): do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

- Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.

- Presentación da solicitude de admisión de alumnado que cambie de centro: do 1 ao 20 de marzo.

- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.

- Reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da publicación.

- Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

 

As solicitudes de admisión poden presentarse no propio centro ou a través da aplicación admisionalumnado.

Prazas vacantes para o curso 2023/2024

Documentación a presentar:

- Impreso de admisión

- Copia do DNI do alumno para o que se solicita praza.

- Copia do libro de familia.

- Certificado de convivencia.

- Certificado de matrícula do curso actual 2022-2023.

- Certificado de notas de 3ºESO se é a primeira solicitude de admisión para 1º de Bacharelato.

- En caso de separación dos pais, a solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores e acompañar copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

 

 

PLAN PROXECTA 2022-2023

No presente curso o IES Vilar Ponte solicitou a participación no Plan Proxecta 2022-2023 sendo admitidas as dúas peticións.

Pode consultarse a información sobre estes dous proxectos nos arquivos adxuntos:

- Proxecto didáctico Antonio Fraguas.

- Proxecto de vida activa e deportiva.

CALENDARIO DE PENDENTES CURSO 2022-2023

No doumento adxunto pode consultarse o calendario de materias pendentes para o curso 2022/2023.

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR SECTOR PAIS E NAIS ANO 2022

No presente proceso electoral corresponde elixir dous pais/nais de un total de tres que debe ter o consello escolar.

As listaxes do censo electoral están expostas no taboleiro interior do edificio Vilar Ponte I.

Aqueles pais/nais que queiran presentar a súa candidatura poden facelo ata as 14:00 horas do día 11 de novembro no centro, onde se lles faciliatará a documentación.

O sorteo dos membros da mesa electoral, entre os pais/nais que non se presenten candidatos, realizarase o día 17 de novembro ás 12:00 horas.

A campaña electoral comprenderá do 17 ao 27 de novembro e as votacións terán lugar o día 28 de novembro de 16:00 a 18:00 horas no salón de actos do centro.

Máis información no documento adxunto.

DÍAS NON LECTIVOS

No consello escolar celebrado o día 21 de outubro de 2022 establecéronse como días non lectivos a escoller polo centro para o curso 2022-2023 o 2 de novembro e o 2 de maio.

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Segundo a resolución de 19 de setembro pola que se establece o calendario para a realización das eleccións de membros dos consellos escolares, o sorteo para elexir aos membros da xunta electoral terá lugar no IES Vilar Ponte I o día 27 de outubro ás 10:00 horas.

Poden acudir todos os membros da comunidade educativa que o desexen.

 

NOVO VALE PARA MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 14 de outubro de 2022 publicouse a ampliación da axuda para adquirir material escolar.

Todos aqueles que fosen beneficiarios do vale de 50 euros, recibirán un vale adicional de 25 euros.

As familias poden recoller o vale a partir de hoxe nas oficinas do centro.

Este vale debe empregarse na librería/establecemento correspondente antes do 1 de decembro de 2022.

LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS E VALES DE MATERIAL CURSO 2022/2023

No taboleiro interior do Edificio Vilar Ponte I atópanse publicadas as listaxes definitivas dos beneficiarios do fondo de libros e os vales para a adquisición de material escolar.

Os vales de material poden pasar a recollerse do 26 ao 29 de xullo en horario de 10 a 13.

Poden consultarse tamén os libros asignados a cada alumno/a, estes repartiranse ao comezo das clases.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO LIBROS E VALES DE MATERIAL Curso 2022-2023

No taboleiro interior do edificio Vilar Ponte I atópanse publicadas as listaxes provisionais dos beneficiarios do fondo de libros e os vales para a adquisición de material escolar.

O listado definitivo publicarase o día 22 de xullo.

NOTA: As solicitudes de préstamo de libros e do vale para material son independentes. Pode ter concedido o préstamo dos libros e non o vale de material. Comprobe o estado da solicitude dos dous apartados.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

LISTAXES DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

1º ESO

2º ESO

3º ESO

3º ESO PDC

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

 

Información sobre a admisión a FPBásica

Os datos das solicitudes de admisión para a FPBásica están publicados no taboleiro interior do centro.

Premios extraordinarios ESO 2021-2022

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios para o alumnado que obtivese unha nota media superior a 9 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria e que rematen dita etapa neste curso 2021-2022.

O alumnado que opte aos premios deberá realizar unha proba o día 6 de setembro nos lugares que estableza a Consellería.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de xuño.

Máis información neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/

 

Probas de anos anteriores

 Orde de convocatoria DOG

Alumnos de 2º de Bacharelato reciben un premio pola súa curtametraxe sobre a doazón de órganos

Os alumnos de 2º de Bacharelato Pablo Alonso Cora, José Manuel Álvarez Basanta e Agustín Sesar Moreiras recibiron o segundo premio no VII concurso de curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e os transplantes de órganos, organizado pola Axencia de Doazón de Óganos e Sangue.

A pasada semana acudiron a Santiago á recepción do premio acompañados polo seu profesor Paco Janeiro e por compañeiros do IES Illa de Sarón, tamén premiados. 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE EXAMES DE PENDENTES

Martes 21 de xuño:

Filosofía: 10:20 - 12:00

Mércores 22 de xuño:

Bioloxía e Xeoloxía: 9:10 - 10:00

Francés: 12:20 - 13:10

 Lugar: Salón de Actos

CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 18 de maio publiouse a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria.

Enlace a aplicación FondoLibros

Anexo I e Anexo II

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.

Resumo da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación.

En base ao establecido na ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se acturaliza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG do 11 de febreiro), achégase resumo elaborado pola dirección do centro.

Resumo da concreción curricular.

Criterios para a obtención da matrícula de honra.

Correción de erros

RECLAMACIÓNS SOBRE A CONVOCATORIA ORDINARIA DE 2º BACHARELATO

O periodo de presentación de reclamacións ante o centro será xoves 19 e venres 20 de maio de 10:00 a 14:00 horas.

Máis información no seguinte arquivo:

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2021/2022

Convócanse os premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2021/2022. (Código do procedemento ED311A)

Poderá beneficiarse o alumnado que obtivese unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de abril de 2022 ao 25 de maio de 2022.

 

Máis información neste enlace.

Enlace a probas de convocatorias anteriores.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023

Todas as solicitudes de admisión presentadas foron admitidas. As listaxes están expostas nos taboleiros interiores do centro.

Becas xerais MEFP para estudos universitarios e non universitarios para o curso 2022/2023

O Ministerio de Educación e Formación profesional publicou a Resolución do 10 de marzo de 2022, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen postobrigatorios (FP, Bacharelato e outros).

 

PRAZO DE SOLICITUDE:

Do 30 de marzo ao 12 de maio do 2022.

Este ano o prazo de solicitude adiántase varios meses. É necesario pedir a beca neste prazo aínda que non esté aberto o periodo de matrícula.

 

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

A solicitude debe presentarse online a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Máis información no seguinte enlace: www.becaseducacion.gob.es

RESERVA DE PLAZA PARA O CURSO 2021-2022

Todas as reservas de praza de alumnado de centros adscritos resultaron admitidas. As listaxes están publicadas no taboleiro interior do centro.

RECOLLIDA DE TÍTULOS DE ESO E BACHARELATO

Os alumnos que titularon no curso 2019/2020 poden pasar a recoller os títulos de ESO e Bacharelato en horario de 10 a 13 horas.

SOLICITUDE e ENTREGA DE MÁSCARAS

Ao alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 seranlles entregadas máscaras sen ter que solicitalas.

Pode solicitar a entrega de máscaras o alumnado que, non sendo beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, cumpra algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 26 de novembro. Máis información na secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut