Skip to Content

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril. O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024, aberto para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia cunha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75. Os candidatos/as realizarán unha proba presencial única en toda Galicia e simultánea en distintas sedes. Os tres exercicios versarán sobre:

 -Análise e comentario crítico nos dous idiomas cooficiais (20 puntos).

 -Primeira lingua estranxeira (10 puntos).

 -Unha materia do bloque troncal elixida na solicitude (10 puntos).

 Concederanse un máximo de 20 premios dunha contía de 1.000 € por premio.

 Toda a información pódese atopar en: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu

 



page | by Dr. Radut