Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Segundo a orde de 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, establécese o seguinte CALENDARIO para dito proceso:

 

- Presentación da solicitude de admisión de alumnado que cambie de centro: do 1 ao 20 de marzo.

 - Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.

 - Reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da publicación.

 - Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

 

As solicitudes de admisión poden presentarse no propio centro ou ben a través da aplicación admisionalumnado, empregando a chave 365 (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

 

Documentación a presentar:

 - Impreso de admisión, Anexo II.

 - Copia do DNI do alumno para o que se solicita praza.

 - Copia do libro de familia.

 - Certificado de convivencia.

 - Certificado de matrícula do curso actual 2023-2024.

 - Certificado de notas de 3ºESO se é a primeira solicitude de admisión para 1º de Bacharelato.

 - En caso de separación dos pais, a solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores e acompañar copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

 

 

AdxuntoTamaño
ED550B-C-20222023.pdf1.4 MB
ED550B-G-20222023.pdf1.39 MB


page | by Dr. Radut