Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

ENQUISA- AO INSTITUTO RODANDO OU CAMIÑANDO

Agradecemos enormemente a gran participación  respondendo á enquisa "Ao centro rodando ou camiñando". Isto permitiranos continuar avanzando para intentar  incrementar as posibilidades para poder facer os traxectos ao centro realizando actividade física. Incorporando hábitos para un estilo de vida activo.

Os resultados da enquisa podedes velos aquí. En breve iremos tomando decisións que se vos comunicarán para intentar que nesta primaveira poidades animarvos a vir ao centro camiñando ou bici.

A CONTINUACIÓN CLICA PARA VER OS RESULTADOS SE ESTÁS INTERESADO/A

https://docs.google.com/forms/d/1DB3MGptZNapO5KLNFH7sYxqiTgDRWcjNdGtt-xD33LE/viewanalytics

SENSIBILIDADE E CREATIVIDADE DO ALUMNADO PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DE RAP

No mes de setembro, antes do inicio das clases, retomouse o obradoiro de RAP que a pandemia truncara en marzo. Recomendamos escoitedes ao alumnado que asistiu a este obradoiro. Parabéns para o alumnado participante . E moitas grazas a Dudi Villanueva polo seu fantástico labor con estes rapaces.

PARABÉNS PARA O ALUMNADO PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DE RAP.

Parabéns ao alumnado que participou no obradoiro de RAP. E moitas grazas a Dudi Villanueva polo seu fantástico labor con estes rapaces. 

MEMORIA DE ACTIVIDADES CONTRATO -PROGRAMA 2019-20

INTERVENCIÓNS REALIZADAS NO CENTRO COA FINANCIACIÓN DO CONTRATO PROGRAMA

Durante o período desta pandemia, estanse a realizar intervencións previstas a conta dos orzamentos recibidos do contrato programa. Esperemos que cando se retome a nova normalidade o centro continúe ofrecendo novas posibilidades de interacción social e mellorando a súa contorna.

Vaise a poñer un novo valado nas pistas, que estaba moi deteriorado. Fíxose unha nova zona de actividade física, o parque de calistenia. E realizouse resembrado de zonas que estaban bastante deterioradas para mellorar a paisaxe.

O CONTRATO PROGRAMA 2019-20 ESTÁ COFINANCIADO CO FONDO SOCIAL EUROPEO

   

Na resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20. O IES Val Miñor foi seleccionado.

A BIBLIOTECA AMPLÍA A SÚA OFERTA COAS PARTIDAS DE XADREZ.

 A biblioteca, como centro creativo das aprendizaxes, amplía a súa oferta coa actividade do xadrez.

Distribuir contido