Saltar navegación.
Inicio

Orientación

CHARLA FORMATIVA: TEMPO DE SAÚDE para o alumnado de 1º de ESO

A doutura Olga Villar impartiu hoxe 3 de outubro unha charla aos alumnos e alumnas de 1º de ESO sobre "Nutrición e saúde" dentro dun programa promovido pola Deputación de Pontevedra e o colexio oficial de médicos da provincia de Pontevedra.

O VENRES DÍA 25 DE MAIO RECIBIMOS AOS NOSOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO

Este venres 25 de maio recibimos aos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP Humberto Juanes e do CEIP da Cruz. Eles e elas serán os futuros 1º de ESO do curso 2018/19. Agardamos que lles gustara o centro onde van continuar os seus estudos. Grazas por visitarnos.

EDUCACIÓN VIAL PARA O ALUMNADO DE 1º DE ESO- curso 2017-18

Un novo curso realizamos a formación en educación vial. Grazas a policía local de Nigrán.

CHARLAS DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º DA ESO

José Ramón González e Fe Framil impartiron de xeito desinteresado unhas charlas de educación afectivo-sexual aos alumnos e alumnas de 3º da ESO. Grazas pola súa colaboración.

A GARDA CIVIL FALALLE AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º E 2º DA ESO DOS RISCOS ASOCIADOS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

María e Fontela, gardas civís do posto de Baiona-Nigrán faláronlles ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais.

QUÉROTE + IMPARTE UNHA INTERESANTE CHARLA SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Sonia Morán do centro Quérote + de Vigo informoulles ao alumnado de 4º da ESO  de todo o que estes centros informan, forman, das probas que realizan... en definitiva de todo o que poden consultar en relación á sexualidade e afectividade, uso das tic, convivencia, imaxe corporal e autoestima, drogas...

Presentación do Centro Superior de HOSTALERÍA DE GALICIA

Tivemos a visita do profesor de Markéting do Centro Superior de Hostalería de Galicia. Centro que ofrece unha formación encamiñada ao sector turístico: Dirección Hoteleira e Dirección de Cociña.

ACCESO AO PROGRAMA ORIENTA CURSO 2019/20

CLICKEAR NESTE ENLACE E TERÁS UNHA CHEA DE DATOS SOBRE TODOS OS ESTUDOS QUE PODES REALIZAR EN ESPAÑA. É MOI CONVENIENTE QUE FAGAS O CUESTIONARIO.

http://www.orientaline.es/?yafxb=41161

Distribuir contido