Educación Física
PROGRAMACIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA. CURSO 2023-24.
PROGRAMACIÓNS DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA
27 MAIO. AO INSTITUTO RODANDO- PLAN VÍA BICI. MARCHA CICLOTURISTA PARA ALUMNADO DE 3º ESO A 1º BACH
CLICA para coñecer a ruta que faremos.
FINAL DO TORNEO DE TENIS DE MESA
Queremos manifestar o noso agradecemento á AD Vincios Tenis de mesa, que permitiu realizar un adestramento aos finalistas e gañadores do torneo do recreo.
SOMOS CENTRO CARDIOPROTEXIDO
Cantos máis mellor,
The more the merrier,
Plus on est, plus de vies sauvées
O centro vólcase un ano máis na formación do alumnado e persoal do centro en técnicas de RCP, manexo do desfibrilador e intervencións de primeiros auxilios. Desde o curso pasado contamos cun desfibrilador, grazas a aportación do concello, situado na planta baixa do edificio e que está geolocalizado e dado de alta, para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.
TORNEOS DE DEPORTES NOS RECREOS. RE-CREO O RECREO
Deron comezo, despois desta tempada de diluvios, os torneos de distintos deportes nos recreos. Nestes momentos estase a xogar unha liga de fútbol e un torneo de tenis de mesa.
Como en anos anteriores, e continuando coa adhesión ao contrato programa innova, na súa liña EduSaúde realízase esta actividade que forma parte dun compendio de propostas, dirixidas a favorecer o incremento do tempo de actividade física do alumnado, que terá repercusións directas na súa saúde, entre outros beneficios.